- A cualificación final da asignatura acadarase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os puntos obtidos na proba obxectiva de final de semestre.
1º Avaliación continua (60%):
O profesorado avaliará o traballo realizado polos estudantes ao longo do semestre, dentro e fora da aula, cun máximo de seis puntos. Con este fin, os estudantes deberán asistir á clase e deberán realizar as actividades encarregadas polo profesorado nos prazos e nas condicións que se dispongan. Para recibir os puntos de avaliación contínua exixirase unha asistencia ao 80% das clases, excepto no caso de estudantes a tempo parcial que teñan obtido dispensa académica*.
2º) Proba obxectiva (40%):
Ao final do semestre, os estudantes deberán realizar unha proba obxectiva, tipo test, sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a asignatura será imprescindible ter aprobado esta proba.
* Observacións:
Os estudantes a tempo parcial con dispensa académica serán cualificados de acordo cos mesmos criterios de avaliación coas seguintes peculiaridades:
A asistencia mínima esixida para recibir os puntos de avaliación continua será do 40%.
O profesorado encargará actividades de avaliación continua complementarias, equivalentes en tempo de realización ao 40% da asistencia dispensada”.
Criterios de
avaliación do estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa de asistencia ás aulas.
A proba obxectiva (40%) realizarase nas mesmas condicións que as do resto do
estudantado.
A avaliación do estudo de casos consistirá na entrega de
comentarios escritos nunha data non posterior á fixada para o exame (proba obxectiva).
- Plaxio ou fraude académica.
O comportamento fraudulento nas probas de avaliación, e singularmente o plaxio no estudo de casos, ou a utilización oculta de instrumentos de intelixencia artificial para levar a cabo as tarefas, terá como consecuencia a cualificación de "0 (Suspenso)" na oportunidade correspondente.