Avaliación:
A cualificación final da materia obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os obtidos na proba obxectiva ao final do cuadrimestre.
1º) Avaliación continua (60%):
O profesorado valorará o traballo realizado polo alumnado ao longo do cuadrimestre, dentro e fóra da aula, cun máximo de 6 puntos. Para iso, o alumnado deberá asistir a clase e realizar as actividades que encargue o profesorado nos prazos e nas condicións que se establezan. Para a obtención de puntos de avaliación continua será necesaria a asistencia ao 80% das clases, agás nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan a exención académica*.
2º) Proba obxectiva (40%):
Ao final do cuadrimestre, o alumnado deberá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos explicados na aula e as lecturas impartidas polo profesorado. Para aprobar a materia é imprescindible superar esta proba.
*Observacións:
O alumnado a tempo parcial con exención académica cualificarase segundo os mesmos criterios de avaliación, coas seguintes características:
A asistencia mínima requirida para recibir puntos de avaliación continua será do 40%.
O profesorado ordenará actividades complementarias de avaliación continua, equivalentes en tempo de realización ao 40% da axuda prestada”.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.