Actividades iniciais |
Selección de destinos entre a oferta dos mesmos que se realiza cada comezo de curso. Cada estudante recibe un formulario no que debe prelacionar en orde descendente os destinos da súa elección dentro dos que se ofertan cada curso. A prelación combínase, de cara á asignación definitiva dunha praza a un/unha estudante, co expediente do/a estudante nos módulos anteriores do MUDDIA (excluído TFM) e cos requirimentos que, nalgúns casos, especifican as entidades que ofertan prazas de práticas externas. Entre estes pode estar a realización dalgún tipo de proba, a selección a partir dos currícula, entrevista, etc. |