Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender o funcionamento real da economía na sociedade contemporánea e mais as interrelacións dos ámbitos empresarial, laboral, financeiro, social e político para acadar unha percepción xeral dos problemas microeconómicos en entornos internacionais e globalizados. |
A4 A7 A9 A15
|
B7 B5
|
C4 C7
|
Capacidade de síntese e de aplicación práctica dos conceptos teóricos para o tratamento e resolución de problemas económicos de forma reflexiva, crítica e autónoma. Capacidade de expresión oral e escrita. Capacidade de traballo en equipo. |
A4 A7 A9 A15
|
B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B1 B5
|
C3 C4 C5 C7
|
Sensibilización na obriga de todo cidadán de contribuír cos seus coñecementos a tratar de resolver as necesidades humanas individuais e colectivas cunha mellor comprensión da natureza e problemática destas últimas. Desenvolvemento do alumnado na toma de decisións económicas ao longo da súa vida tendo presente o enfoque da economía sostible (vínculos económico-social-ambiental) como fonte de xeración de benestar a longo prazo |
A4 A7
|
B6 B10 B12 B13 B3 B4 B5
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO I. INTRODUCIÓN |
Tema 1. Principios económicos básicos
|
MÓDULO II. MICROECONOMÍA |
Tema 2. O axente económico
Tema 3. Externbalidades e outras interaccions sociais
Tema 4. Consumidores
Tema 5. Vendedores
Tema 6. Demanda, oferta e competición de mercado |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A7 A9 A15 B6 B7 B8 B13 B1 B5 |
45 |
63 |
108 |
Solución de problemas |
A15 B9 B10 B11 B12 B3 B4 C3 C4 |
6 |
24 |
30 |
Proba obxectiva |
B7 B8 B1 B5 C5 C6 C7 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
9 |
0 |
9 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesorado explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas relacións. A exposición oral do profesorado poderá ser complementada co uso de medios audiovisuais e coa formulación de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e facilitar a participación. |
Solución de problemas |
Os/as alumnos/as realizarán diferentes traballos sobre temas específicos e supostos prácticos recomendados polo profesor/a. Destes traballos valorarase a capacidade de recompilar e sintetizar, e a achega que cada alumno/a poda facer en canto ao estilo, enfoque e procedemento segundo orientación do profesor/a. Adicional ou alternativamente, practicaranse probas de resposta múltiple. |
Proba obxectiva |
Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse con un só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluír tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas.
En determinadas circunstancias, poderase realizar online a través de la plataforma online, ou de forma presencial. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Solución de problemas |
|
Descrición |
A equipa docente estará dispoñible para á atención personalizada aos estudiantes, sempre que eles o requiran, para aqueles temas que estimen oportuno, en relación co temario da asignatura. Particularmente para a resolución problemas, lecturas, etc.
Podemos ter sesións de titoría ao final das aulas prácticas, no despacho ou de xeito online, a través de Teams. Prégase que se solicite unha cita antes por e-mail, indicando a dispoñibilidade horaria, despois de considerar os horarios de titoría do profesor. Por favor, non use os chats de Teams ou do Campus Virtual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
B7 B8 B1 B5 C5 C6 C7 |
Valoraranse os coñecementos adquiridos ao longo do curso. A proba poderá consistir en cuestións teóricas ou prácticas.
|
80 |
Solución de problemas |
A15 B9 B10 B11 B12 B3 B4 C3 C4 |
Valorarase a entrega dos traballos ou exercicios, e os seus posibles contidos, de acordo ás indicacións do profesorado. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao estudo, “permanencia” e “fraude académica” rexiranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC: https://www.udc.es/es/normativa/academica/
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Acemoglu D., Laibson D., List J.A. (2017). Economía. Antoni Bosh
Acemoglu D., Laibson D., List J.A. (2020). Economics. Pearson
Krugman, P. Wells, R. & Graddy, K. (2022). Fundamentos de Economía (5ª edición). Reverté |
|
Bibliografía complementaria
|
Bustos Gisbert, A. (2017). Introducción a la Economía. Civitas
Pindyck, R.S. & Rubinfeld, D.L. (2018). Introducción a la Economía: Microeconomía. Pearson. Prentice Hall |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase seguir con asiduidade as indicacións e novidades da plataforma online, xa que esta plataforma, xunto coas clases presenciais, constitúe un sistema esencial de comunicación entre a equipa docente e o estudantado. Ademais, fanse as seguintes observacións e recomendacións, con carácter xeral: 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
b. Realizarase a través da plataforma online, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Recordatorio de aplicación da normativa de igualdade:
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
|