Os alumnos que teñan dispensa de asistencia ás aulas, en virtude das causas xustificadas legalmente e acreditadas, examinaranse dunha
proba final obxectiva que comprenderá entre o 60 e o 80% da cualificación. Dita
proba versará sobre os contidos recollidos nesta guía docente e se
poderá preparar, entre outros, polos manuais aconsellados no punto 8
da mesma (Fontes de información). Deberá presentarse, asimesmo, un traballo segundo as indicacións do profesor do grupo correspondente.
O examen poderá ser tipo test, de desenvolvemento de temas da asignatura ou de preguntas e respostas curtas.
Os profesores dos distintos grupos explicarán na sesión inicial as metodoloxías e sistemas de avaliación (dentro dos previstos nesta guía) que seguirán no seu grupo.
Os criterios de avaliación da segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira, salvo a posibilidade de avaliación continua.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC