Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento das principais institucións xurídicas.
Coñecemento sobre a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito.
Capacidade de elaboración de normas.
Capacidade de negociación e mediación.
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
Traballar de forma colaborativa.
Traballar de forma autónoma na resolución de casos.
Presentar, tanto por escrito como oralmente, as conclusións da materia explicada, así como dos casos resoltos.
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15
|
B6 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B2 B3 B5
|
C1 C3 C4 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Constitución e Poder Xudicial |
1.- O Dereito procesual
2.- A xurisdición. Concepto e careacteres
3.- Extensión e límites da xurisdición
4.- O xuíz ordinario predeterminado pola lei
5.- Órganos xudiciais do Estado
6.- Xulgados e Tribunais non integrados no Poder Xudicial
7.- O goberno do poder xudicial
8.- Persoal xurisdiccional e persoal ao servizo da administración de xustiza
9.- Acción e tutela xudicial efectiva
10.- Dereito á asistencia xurídica gratuíta
11.- O proceso. Os principios do proceso
12.- Actos procesuais |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A5 A7 A8 A12 B6 B11 B12 B3 B5 C4 C6 C7 |
40 |
40 |
80 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A5 A7 A9 A10 B6 B8 B9 B2 C1 |
2 |
0 |
2 |
Traballos tutelados |
A9 A10 A11 A13 A14 A15 B6 B9 B10 B13 C1 C3 |
15 |
45 |
60 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
As clases presenciais desenrólanse a partir dunhas sesións teóricas baseadas na lección maxistral. Despois utilízanse outras técnicas como as discusións dirixidas ou as presentacións orais |
Proba obxectiva |
Ao final do curso realizarase unha proba de carácter obxectivo para avaliar o nivel de comprensión e asunción dos contidos e competencias adquiridos polo estuantado. |
Traballos tutelados |
Coa preparación dos traballos por parte do alumnado preténdese que este se inicie na técnica da investigación e que desenvolva habilidades para a aprendizaxe autónoma. Estes traballos serán propostos polo profesorado para a súa resolución polo alumnado, traballándose posteriormente de forma conxunta nas clases interactivas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
As titorías son importantes para facer un axeitado seguimento da materia, resolvendo as dúbidas sobre os contidos explicados polo profesorado ao longo do curso.
Para a preparación da presentación oral dos traballos de investigación e para a resolución dos casos é aconsellable a participación do profesorado para a supervisión e a resolución de dúbidas.
Así mesmo en vista á preparación da proba obxectiva é moi conveniente a consulta e a solicitude de asesoramento ao profesorado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A9 A10 A11 A13 A14 A15 B6 B9 B10 B13 C1 C3 |
Durante o curso iranse avaliando os traballos encomendados e que o estudantado debe presentar nas datas que se indicarán. A valoración dos traballos tutelados dependerá da calidade, interese, rigor e corrección dos mesmos, así como da participación activa nas clases.
No caso de detección de plaxio nos traballos entregados a cualificación dos mesmos será de 0 puntos. |
35 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A5 A7 A9 A10 B6 B8 B9 B2 C1 |
A proba obxectiva consisitrá nun exame tipo test, de resposta múltiple, onde se avaliarán os contidos expostos durante o curso. Esta proba poderá completarse con algunha pregunta de resposta curta se o profesor/a o considera. |
65 |
|
Observacións avaliación |
Para a superación da materia será requisito imprescindible aprobar a proba obxectiva. A nota resultante servirá para facer a media co resto das puntuacións. De non superarse a proba obxectiva, a nota final que figurará no expediente será a obtida nesta. Para a segunda oportunidade, conservaranse as cualificacións dos traballos tutelados entregados durante o curso, que computarán para a cualificación xunto coa proba obxectiva, que terá as mesmas características que na primeira oportunidade. A nota do alumnado a tempo parcial con dispensa académica de asistencia recoñecida calcularase únicamente sobre a puntuación da proba obxectiva, así como os traballos que especificamente se lles poida encomendar a este alumnado. No caso de detección de plaxio ou realización dos traballos utilizando ferramentas de intelixencia artificial, suspenderase a materia na convocatoria ordinaria, cunha cualificación de suspenso (nota numérica 0).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bibliografía básica: | - ORTELLS RAMOS, Manuel (Dir.). Introducción al Derecho Procesal. última edición. - PÉREZ-CRUZ MARTÍN, Agustín-Jesús. Constitución y Poder Judicial, 2ª edición, Ed. Atelier, 2015. - Lei Orgánica 6/1985 do Poder Xudicial e leis complementarias. Dispoñíbel en varias editoriais: Tecnos, Civitas, Aranzadi, etc. | |
Bibliografía complementaria
|
|
Bibliografía complementaria: | - SANCHÍS CRESPO, Carolina. Derecho procesal I. Jurisdicción, acción y proceso. Ed. Aranzadi. 2021 - GIMENO SENDRA, Vicente. Introducción al Derecho Procesal, Tirant Lo Blanch, 2020. - NIEVA FENOLL, Jordi. Derecho procesal I. Introducción, 2ª edición, Ed. Tirant Lo Blanch, 2019. - ASENCIO MELLADO, J.M., Introducción al Derecho Procesal, Tirant Lo Blanch, Valencia, 2019. - PÉREZ-CRUZ MARTÍN, Agustín-Jesús. Constitución y Poder Judicial, 2ª edición, Ed. Atelier, 2015.
| Recursos web: | BIBLIOTECA UDC: http://www.udc.es/biblioteca/ BOE: http://www.boe.es/ DOGA: http://www.xunta.es/dog/ BASE DE DATOS ARANZADI: http://www.westlaw.es/westlaw/ (só pode consultarse a través da UDC) | |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
No desenvolvemento desta materia débese incentivar un uso sostible dos recursos, orientado a previr impactos negativos no medio
natural, procurando que a entrega dos traballos sexa por medios
virtuais ou, cando deban de ser impresos, que se fagan en papel reciclado e a dobre cara. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto implica que se usará linguaxe non sexista tanto nos traballos entregados polo alumnado como nos materiais preparados polo profesorado, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, ...). Así mesmo, traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|