Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecemento das principais institucións xurídicas. |
A2 |
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. |
A3 |
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. |
A4 |
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos. |
A5 |
Coñecemento dos principios e valores constitucionais. |
A6 |
Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. |
A7 |
Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional. |
A8 |
Coñecementos básicos de argumentación xurídica. |
A9 |
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). |
A10 |
Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. |
A11 |
Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. |
A12 |
Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público). |
A14 |
Capacidade de elaboración de normas. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Aprender a aprender. |
B8 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. |
B9 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. |
B10 |
Traballar de forma colaborativa. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B12 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o papel do Dereito penal como medio formal de control social integrado nun ordeamento xurídico complexo |
A1 A2 A3 A4 A5 A6
|
B8 B11 B3
|
C3 C4 C6 C7
|
Coñecer a norma penal na sua estrutura interna, a sua interpretación e a sua aplicación espacio-temporal |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A14
|
|
|
Coñecer a infracción penal nos seus elementos constitutivos, especialmente aqueles particularmente diferenciadores das distintas especies delictivas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7
|
|
|
Analizar uns feitos concretos e argumentar a existencia ou non de responsabilidade penal |
A8 A9 A10 A11 A12
|
B6 B9 B10 B12 B2 B5
|
C1 C2
|
Coñecer as disposicións penais en materia de igualdade de xénero e de prevención e erradicación das violencias sexuais |
A1 A2
|
B3
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
LECCIÓN 1. DELITOS CONTRA A VIDA |
HOMICIDIO. ASESINATO. ABORTO |
LECCIÓN 2. LESIÓNS |
LESIÓNS |
LECCIÓN 3. DELITOS CONTRA A LIBERTADE |
DETENCIONES ILEGAIS. SECUESTROS. AMEAZAS. COACCIÓNS |
LECCIÓN 4. DELITOS CONTRA A INTEGRIDADE MORAL |
DELITOS CONTRA A INTEGRIDAD MORAL. TORTURAS. VIOLENCIA HABITUAL NO ÁMBITO FAMILIAR. TRATA DE SERES HUMANOS |
LECCIÓN 5. DELITOS CONTRA A LIBERTADE E A INDEMNIDADE SEXUAIS |
AGRESIÓNS SEXUAIS. ABUSOS SEXUAIS. ACOSO SEXUAL. EXHIBICIONISMO E PROVOCACIÓN SEXUAL. PROSTITUCIÓN E CORRUPCIÓN DE MENORES |
LECCIÓN 6. OUTROS DELITOS CONTRA OS VALORES DA PERSONALIDADE |
OUTROS DELITOS CONTRA OS VALORES DA PERSONALIDADE |
LECCIÓN 7. HURTO E ROUBO |
HURTO. ROUBO. HURTO E ROBO DE VEHÍCULOS A MOTOR |
LECCIÓN 8. DEFRAUDACIÓNS |
ESTAFAS. APROPIACIÓN INDEBIDA |
LECCIÓN 9. OUTROS DELITOS CONTRA O PATRIMONIO E A ORDE SOCIOECONÓMICA |
OTROS DELITOS CONTRA O PATRIMONIO E A ORDE SOCIOECONÓMICA |
LECCIÓN 10. DELITOS CONTRA A SAÚDE PÚBLICA |
DELITOS RELACIONADOS COAS DROGAS TÓXICAS E OS ESTUPEFACIENTES |
LECCIÓN 11. DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIAL |
DELITOS CONTRA A SEGURIDAD VIAL |
LECCIÓN 12. FALSEDADES |
FALSIFICACIÓN DE MOEDA. FALSEDADES DOCUMENTAIS |
LECCIÓN 13. DELITOS CONTRA A ADMINISTRACIÓN PÚBLICA |
PREVARICACIÓN. COHECHO. MALVERSACIÓN |
LECCIÓN 14. DELITOS CONTRA A ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA |
PREVARICACIÓN. ENCUBRIMENTO. ACUSACIÓN E DENUNCIA FALSAS. SIMULACIÓN DE DELITO. FALSO TESTIMONIO. QUEBRANTAMENTO DE CONDEA |
LECCIÓN 15. DELITOS CONTRA A ORDE PÚBLICA |
ATENTADO E RESISTENCIA Á AUTORIDADE. ORGANIZACIÓNS E GRUPOS CRIMINAIS. TERRORISMO |
LECCIÓN 16. OUTROS DELITOS CONTRA A COMUNIDAD |
OUTROS DELITOS CONTRA A COMUNIDADE |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 B3 C3 |
0 |
5 |
5 |
Aprendizaxe colaborativa |
A8 A10 A14 B11 B12 B2 B5 C4 C7 |
10 |
0 |
10 |
Discusión dirixida |
B10 C2 C6 |
18 |
0 |
18 |
Actividades iniciais |
A5 |
14 |
24 |
38 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A6 |
10 |
0 |
10 |
Lecturas |
B9 C1 |
0 |
15 |
15 |
Proba obxectiva |
A11 A12 B6 |
4 |
10 |
14 |
Saídas de campo |
A9 B8 |
5 |
0 |
5 |
Sesión maxistral |
A7 |
30 |
0 |
30 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
O estudantado, co asesoramiento das docentes, aprenderá a manexar bases de datos de xurisprudencia penal e a realizar unha análise crítica das diversas decisións xudiciais sobre a materia. |
Aprendizaxe colaborativa |
O estudantado traballará en grupo diversos temas, debendo amosarse activo e colaborador cos compañeiros do seu grupo. |
Discusión dirixida |
Nas clases prácticas, as docentes organizarán discusións sobre os temas esenciais da materia, nas que o estudantado deberá adoptar unha postura crítica e argumentada. |
Actividades iniciais |
Nas clases prácticas, as docentes organizarán xuicios simulados, utilizando para elo a sala de vistas coa que conta a Facultade de Dereito. Nesos xuicios simulados, o estudantado deberá adoptar o rol de parte acusadora ou de parte defensora nunha simulación de proceso penal. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Ao longo do curso, organizaranse diversas xornadas, conferencias, etc., sobre temas de interese para o estudantado, complementándose así a sua formación. |
Lecturas |
As obras en cuestión serán seleccionadas cuidadosamente polas docentes e o estudantado terá a posibilidade de elexir entre o elenco que se lle propoña. |
Proba obxectiva |
Plantexamento de preguntas acerca dos temas do programa da materia. As preguntas poderán ser tanto teóricas como prácticas. |
Saídas de campo |
Organizaranse visitas aos xulgados e tribunais da cidade, a fin de que o estudantado poda ver in situ o desenvolvemento da praxis xudicial. |
Sesión maxistral |
Mediante o sistema de lección maxistral, as docentes introducirán ao estudantado nos aspectos básicos de cada tema. Como soporte ás explicacións, as docentes poderán proporcionar materiais (sentencias, extractos de obras doutrinais...), ou un esquema-guía cos puntos clave do desenvolvemento da súa explicación. En todo caso, a explicación das docentes deberá ser complementada polo estudantado tanto cos materiais proporcionados ao efecto, como pola consulta dos manuais que aparecen na bibliografía. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
Actividades iniciais |
|
Descrición |
A atención personalizada ao estudantado non estará vencellada a só unha metodoloxía, senon que será constante. Neste senso, tanto o contido das clases teóricas como o estudo persoal do estudanto ou calquera das actividades que integran o curso contarán coa posibilidade dunha tutorización por parte das docentes, ao fin de que o estudantado poda plantexar as suas dúbidas ou dificultades e as docentes podan axustar as metodoloxías ás especificidades da persoa. A estes efectos, o estudantado poderá contar con atención persoalizada (sempre, lóxicamente, dun modo organizado) tanto nas horas lectivas como nos horarios de tutorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Discusión dirixida |
B10 C2 C6 |
Intervención activa en debates na clase |
3 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A6 |
Participación activa en eventos científicos organizados. |
3 |
Actividades iniciais |
A5 |
Participación en xuizos simulados. |
3 |
Aprendizaxe colaborativa |
A8 A10 A14 B11 B12 B2 B5 C4 C7 |
Realización de traballos en equipo |
3 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 B3 C3 |
Análise de xurisprudencia. |
15 |
Lecturas |
B9 C1 |
Presentación de trabajo sobre alguna de las obras propuests como lectura. |
3 |
Proba obxectiva |
A11 A12 B6 |
Esame teórico ou teórico-práctico |
70 |
|
Observacións avaliación |
Ao longo de curso avaliaranse os coñecementos prácticos e teóricos do alumno. Para iso establécese o seguinte sistema de avaliación. As probas oficiais de maio e xullo terán un valor máximo de 7 puntos sobre 10 en ambos os dous casos. As probas oficiais realizaranse na data estipulada no calendario de exames aprobado por Xunta de Facultade. Poderán realizarse examéns parciais ao longo do curso, cuxa nota se ponderará coa dos exames finais de maio e xuño. As distintas actividades que se realicen ao longo do curso, antes das probas de maio e xullo, terán un valor de ata 3 puntos, que non serán recuperable. O alumno superará a materia en 1ª oportunidade cando sumadas as notas sobre 3 (das actividades realizadas ao longo do curso) e a obtida na proba de maio se alcance o mínimo de 5 puntos sobre 10 sempre que se alcanzase polo menos 3,5 puntos sobre 7 no exame oficial. De non superar a materia en 1ª oportunidade, a nota alcanzada nas actividades realizadas ao longo do curso resérvanse para a súa suma á nota que se obteña na proba de mes de xullo. O alumno superará, polo tanto, a materia en 2ª oportunidade cando sumadas as notas sobre 3 (das actividades realizadas ao longo do curso) e a obtida na proba de xullo se alcance o mínimo de 5 puntos sobre 10, sempre que se alcanzase polo menos 3,5 puntos sobre 7 no exame oficial. As notas alcanzadas coas actividades que se realicen ao longo do curso só serán tidas en conta se o alumno se presenta ás probas oficiais de maio ou xullo. Só así procederase á súa suma para os efectos de cualificación. Tanto as probas de maio e xullo coma as actividades que se realicen ao longo do curso poderán adoptar formas diversas, isto é, actividades tipo test, pregunta curta, pregunta longa, etc. Advírtese que a calificación atribuida ás distintas metodoloxías nas outras actividades realizadas durante o cuatrimestre distintas da proba obxectiva debe entenderse en sentido meramente orientativo, de forma que se durante o curso non se utiliza unha delas, a puntuación correspondente acrecerá ás que si se usaron. Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Porén, entanto non vaia en contra da devandita normativa, nesta materia non se acepta a posibilidade de dispensa académica.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Dereito Penal. Parte xeral/612G01010 | Dereito Sancionador/612G01020 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Dereito Procesual Penal/612G01028 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|