Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Dereito Tributario Código 612G01029
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Calderon Carrero, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.calderon@udc.es
Profesorado
Alvarez Barbeito, Pilar
Caamaño Anido, Miguel angel
Calderon Carrero, Jose Manuel
Quintas Seara, Alberto
Correo electrónico
pilar.alvarez@udc.es
m.caamano@udc.es
jose.calderon@udc.es
alberto.quintas@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura céntrase no exposición completa e sistemática dos diferentes impostos que integran o Sistema Tributario español. Estudiaranse fundamentalmente o IRPF, Imposto sobre Sociedades, IVA e Imposto sobre transmisións patrimoniais y actos xurídicos documentados.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Coñecemento das principais institucións xurídicas.
A3 Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico.
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A10 Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B6 Aprender a aprender.
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B10 Traballar de forma colaborativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Definir os modelos e instrumentos necesarios para afrontar as labores propias do asesoramento fiscal e tributario. A1
A3
A4
A8
A10
B6
Saber afrontar un procedemento de asesoramento fronta á Administración Tributaria Estatal, Autonómia e Local. A8
A11
B7
B8
B10
Obter as competencias necesarias para poder cooperar nun equipo e definir as estratexias necesarias para afrontar un proceso de asesoramento fiscal a particulares e empresas. A15
B10
B2
B3
B4
C1
C2
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
SISTEMA TRIBUTARIO ESTATAL COMUN

A) IMPOSTOS DIRECTOS.

a) Impostos persoais sobre a renda.

LECCION 1

O imposto sobre a renda das persoas físicas.- Antecedentes. Natureza e ámbito de aplicación.- O feito impoñible.- O suxeito pasivo. Consideracións básicas sobre a tributación dos suxeitos non residentes. A unidade familiar.

LECCION 2

O imposto sobre a renda das persoas físicas (continuación).- A base impoñible.- Rendementos do traballo.- Rendementos do capital mobiliario e inmobiliario. Especial consideración dos activos financeiros.- Rendementos de actividades económicas.- Ganancias e perdas patrimoniais. %ou2013O mínimo persoal e familiar.- Gastos deducibles.- Compensación de perdas.- Réximes de determinación da base impoñible. A estimación directa simplificada. A estimación obxectiva singular. Base impoñible xeneral e do aforro.

LECCION 3

O imposto sobre a renda das persoas físicas (conclusión).- Período impositivo e deveño.- As rendas irregulares.- Aplicación das tarifas estatal e autonómica.- Deducións da cota.- A xestión do imposto. Declaración. Retención a conta e fraccionamiento do pago. A devolución de ingresos.- Referencia aos réximes especiais de imputación de rendas no imposto sobre a renda das persoas físicas: a imputación de rendas inmobiliarias, a atribución de rendas, a transparencia fiscal internacional, a imputación de rendas pola cesión de dereitos de imaxe, e a imputación de rendas procedentes de institucións de investimento colectivo.

LECCION 4

O imposto sobre sociedades.- Antecedentes.- Natureza e ámbito de aplicación.- Feito impoñible.- Suxeitos pasivos. Residencia. Domicilio. Referencia á imposición sobre a renda das entidades non residentes.

LECCION 5

O imposto sobre as sociedades (continuación).- Base impoñible. Ingresos computables e gastos deducibles. Incrementos e diminucións de patrimonio. A determinación da base impoñible.- A compensación de perdas.

LECCION 6

O imposto sobre as sociedades (conclusión).- Período impositivo e deveño.- O tipo de gravame e a cota.- Deducións e bonificacións da cota.- A xestión do imposto. Retencións na fonte e pagos anticipados.-Algunhas consideracións sobre os réximes especiais do imposto sobre sociedades. Especial atención ao réxime aplicable ás Cooperativas, as Fundacións, as Institucións de Investimento Colectivo, as Entidades parcialmente exentas, os grupos de Sociedades, as fusións, escisións, achegas e trocos de activos, e a transparencia fiscal internacional.

b) Impostos sobre Sucesións e Doazóns e sobre o Patrimonio

LECCION 7

Imposto sobre a Renda de Non Residentes: Feito impoñible, suxeitos pasivos, modalidades de sujeción, base impoñible con/sen establecemento permanente, tipos de gravame, deducións e réximes especiais.

LECCION 8

Imposto sobre sucesións e doazóns.- Introdución. Caracteres do imposto.- Modalidades.- Aplicación territorial.- Feito impoñible.- Suxeitos pasivos. Referencia á tributación do non residentes.- Base impoñible. Determinación. Valoración.- Base liquidable.- Débeda tributaria.- Xestión.

B) IMPOSTOS INDIRECTOS.

a) Impostos sobre o tráfico patrimonial e a súa documentación.

LECCION 9

O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.- Antecedentes.- Transmisións patrimoniais onerosas.- Operacións societarias.- Actos xurídicos documentados.- Disposicións comúns.

b) Impostos sobre as vendas e consumos xenéricos.

LECCION 10

O imposto sobre o valor engadido.- Concepto. Modalidades. O imposto sobre o valor engadido no sistema de imposición indirecta.- O feito impoñible. Operacións interiores. Adquisicións intracomunitarias. Importacións. Operacións non suxeitas. Exencións.- Deveño.- Suxeitos pasivos e responsables.- A repercusión do imposto.

LECCION 11

O imposto sobre o valor engadido (conclusión).- Base impoñible.- Tipos de gravame e débeda tributaria.- Deducións.- Devolucións.- Réximes especiais.- Xestión.- Infraccións e sancións.




Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A4 A8 30 0 30
Análise de fontes documentais A1 A4 12 12 24
Estudo de casos A11 A15 B6 B7 B8 B10 B2 B3 B4 C4 C6 12 12 24
Proba obxectiva A1 A3 A10 B3 B4 C1 C2 C6 4 8 12
 
Atención personalizada 60 0 60
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba obxectiva Proba na que se combinan preguntas curtas, de resposta múltiple e supostos prácticos, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espíritu crítico. Permite medir as habilidades como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración y de orixinalidade do estudante, polo que implica un estudo ampllio e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e das súas relacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Descrición
O módulo de atención personalizada está pensado para:

-Atender persoalmente as dúbidas que poidan suscitarse ao fío das leccións maxistrais.
-Resolver cuestións expostas ao fío dos supostos prácticos entregados aos alumnos
-Axudar a atopar o material que os alumnos precisan para realizar os traballos que se lles asignen

As medidas anteriormente sinaladas resultarán especialmente importantes en relación co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Asimesmo, para os estudantes que se atopen nesta situación establecerase ao inicio do curso académico un plan personalizado de entrega de traballos (preferentemente a través de medios electrónicos), tutorización, e seguimento do aprendizaxe que permita garantir a adquisición dos coñecementos e competencias propias da asignatura.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A11 A15 B6 B7 B8 B10 B2 B3 B4 C4 C6 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
A puntuación correspondente aos apartados "Análise de fontes documentais" e "Estudo de casos", computará conxuntamente con un máximo, para os dous apartados, do 20% da puntuación global da asignatura.
Esta puntuación únicamente poderá obterse mediante a participación activa nas sesións prácticas e a entrega escrita dos supostos requeridos deste feito polo profesor.
A puntuación obtida nestos apartados en primeira oportunidade, gardarase tamén para a segunda oportunidade.
10
Análise de fontes documentais A1 A4 Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. 10
Proba obxectiva A1 A3 A10 B3 B4 C1 C2 C6 Proba que poderá consistir en preguntas de desarrollo, ou curtas, ou de resposta múltiple, ou supostos prácticos, ou unha combinación das mesmas, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir habilidades como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.

A proba obxectiva terá un peso dun 80% na calificación da asignatura
80
 
Observacións avaliación

Respecto ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica de asistencia a clase, manterase a mesma podenderación enriba descrita respecto aos instrumentos de avaliación. Desa maneira:

-A entrega dos traballos correspontes aos apartados "Análise de fontes documentais" e "Estudo de casos", que se fará a través dos medios acordados cos profesores ao inicio do curso, terán un peso do 20% na cualifación final da asignatura. 

En segunda oportunidade gardaránse as cualificacións obtidas en primeira oportunidade neste apartado.

-Respecto ao sinalado no apartado de "Proba obxectiva", manterase tamén a porcentaxe do 80% na cualificación final da asignatura, tanto en primeira como en segunda oportunidade.

A realizacion fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificacion de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

Fontes de información
Bibliografía básica
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
  • Derecho Tributario. Parte Especial, Isaac Merino Jara (dir.), Manuel Lucas Durán (coord.), 10ª Edición, Tecnos, 2021 (ou edición posterior, de publicarse) 
  • Curso de Derecho Tributario. Parte Especial, Fernando Pérez Royo (dir.), 15ª Edición, Tecnos, 2021. (ou edición posterior, de publicarse)  
  • Curso de Derecho Financiero y Tributario, Juan Martín Queralt, Carmelo Lozano Serrano, José Manuel Tejerizo López, Gabriel Casado Ollero, Germán Orón Moratal, 32ª Edición, Tecnos, 2021.  (ou edición posterior, de publicarse) 


Bibliografía complementaria
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

  • Guía del Impuesto sobre Sociedades, Mellado Benavente et alter, Ciss, 2016. 
  • Comentarios al Impuesto sobre Sociedades, Malvarez/Zamora, CEF, 2018. 
  • Reforma del IS 2015, López Santacruz, F.Lefevbre, 2016. 

RECURSOS WEB:

-Página oficial del Ministerio de Hacienda conteniendo: a) Legislación tributaria actualizada; b) proyectos normativos; c) doctrina administrativa Dirección General de Tributos y TEAC: www.meh.es

-Página oficial de la Agencia Estatal de administración tributaria conteniendo: a) Legislación tributaria actualizada; b) guias para la liquidación de impuestos; c) consultas más frecuentes; y d) links o enlances con otras Administraciones tributarias y entes dotados de poder tributario: www.aeat.es

-Página oficial de la OCDE donde se recogen: a) importantes materiales que son fuente indirecta de Derecho tributario; y b) enlaces con otras administraciones tributarias: www.oecd.org

-Página oficial de la Comisión de la UE donde se recogen: a) novedades sobre normativa y jurisprudencia comunitaria en materia tributaria; b) enlaces referidos a páginas oficiales de la UE donde se recoge la legislación comunitaria-tributaria y financiera; c) informes, códigos de conducta, recomendaciones, y decisiones de instituciones comunitarias en materia financiera y tributaria: http://europa.eu.int/comm/taxation_customs/taxation/index_en.htm

-Página web UDC: WestLaw, Westlaw International

Códigos de leyes financieras y tributarias recomendados

Tanto los manuales como los códigos de leyes serán manejados, siempre, en su última edición publicada.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías