A
avaliación de Dereito penitenciario realizarase do seguinte xeito:
-O 30% da
nota final virá determinado por:
· Unha proba práctica que terá como base as actividades realizadas durante o curso nas
clases prácticas (debates, resolución de supostos prácticos, etc.); a proba será realizada ao final do cuatrimestre, fixándose a data con suficiente antelación.
· Unha actividade escrita realizada en grupo, con carácter xeral, que será entregada a través do Campus virtual. As instrucións para a realización e a entrega da actividade serán explicadas en clase e anunciadas no Campus virtual.
A calificación destas actividades manterase para a segunda oportunidade de exame (no mes de xullo), non sendo posible a súa repetición.
-O 70%
restante virá determinado pola realización dunha proba obxetiva sobre a materia
do programa, o día da convocatoria oficial do exame (primeira ou segunda oportunidade). As súas características serán anunciadas a través do Campus virtual, e consistirá nunha proba tipo test.
No caso do
programa en inglés (Prison Law), tal porcentaxe será 40%-60%, e realizarase do seguinte xeito:
-O 40% da nota final virá determinado por:
· Unha exposición oral dun tema que será previamente fixado nas clases.
· Unha actividade escrita que será entregada a través do Campus virtual ou grupo de Microsoft Teams. As instrucións para a realización e entrega da actividade serán explicadas en clase e anunciadas a través do Campus virtual ou grupo de Microsoft Teams.
A calificación destas actividades manterase para a segunda oportunidade de exame (no mes de xullo), non sendo posible a súa repetición.
-O 70% restante virá determinado pola realización dunha proba obxetiva sobre a materia do programa, o día da convocatoria oficial do exame (primeira ou segunda oportunidade). As súas características serán anunciadas a través do Campus virtual ou grupo de Microsoft Teams, e consistirá preferentemente nunha serie de preguntas de extensión corta / media.
No
caso de estudantes que teñan solicitado e
obtido a dispensa prevista no artigo 7.5 da Normativa sobre o réxime de
dedicación ao estudo da UDC, tal dispensa exime da asistencia a clase, tal e como indica o artigo citado, mais seguirán o sistema de avaliación xeral da materia indicado na guía docente.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.