Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. |
A3 |
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. |
A4 |
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos. |
A5 |
Coñecemento dos principios e valores constitucionais. |
A8 |
Coñecementos básicos de argumentación xurídica. |
A9 |
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). |
A10 |
Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. |
A15 |
Capacidade de negociación e mediación. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B7 |
Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B8 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. |
B10 |
Traballar de forma colaborativa. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir coñecementos e habilidades para identificar, comprender e avaliar a dimensión xurídica da biomedicina e das profesións sanitarias |
A3 A4 A5 A8 A9
|
B8 B11 B3 B5
|
C1 C4 C6 C7 C8
|
Adquirir coñecementos e habilidades para interpretar e resolver os problemas xurídicos que prantexan a biomedicina e as profesións sanitarias |
A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 A15
|
B7 B8 B11 B2 B3 B5
|
C1 C4 C6 C7 C8
|
Adquirir habilidades argumentativas para intervir nos procesos de toma de decisións no ámbito biomédico e asesorar aos profesionais sanitarios |
A4 A5 A8 A9 A10 A15
|
B7 B8 B10 B11 B2 B3 B5
|
C1 C4 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Sección I. Saúde e xustiza |
1. O concepto de saúde
2. O dereito á saúde
3. Sistemas de protección da saúde
4. Xustiza e saúde |
Sección II. Toma de decisións biomédicas e autonomía do paciente |
1. Modelos de relación clínica
2. As autonomías do paciente. Concepto e límites
3. Autonomía decisoria
4. Autonomía informativa
5. Autonomía funcional |
Sección III. O comezo da vida |
1. O estatuto do embrión humano
2. A interrupción voluntaria do embarazo (IVE)
3. Reprodución humana asistida
4. Maternidade subrogada
5. Existe un dereito a non ter nacido? |
Sección IV. O final da vida |
1. O final da vida. Conceptos. Escenarios
2. Eutanasia e suicidio asistido
3. O significado xurídico da morte. Existe un dereito a morrer?
4. A extracción e o transplante de órganos e tecidos |
Sección V. Investigación biomédica |
1. Investigación con seres humanos, as súas mostras biolóxicas e os seus datos persoais
2. Investigación con animais
3. Investigación con axentes biolóxicos e organismos modificados xeneticamente (OMX) |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 A15 B8 B10 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C6 |
6 |
12 |
18 |
Proba de resposta múltiple |
A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 B7 B8 B3 C1 |
1.5 |
6 |
7.5 |
Sesión maxistral |
A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 B8 C6 C8 |
12 |
24 |
36 |
Obradoiro |
A3 A4 A5 A8 A9 A10 A15 B7 B8 B10 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C6 C7 C8 |
4 |
12 |
16 |
Análise de fontes documentais |
A3 A4 A5 A8 A9 A10 B7 B8 B10 B3 B5 C1 C6 C8 |
10 |
20 |
30 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
Análise de supostos paradigmáticos que presentan as relacións entre o Dereito e a biomedicina, e que en ocasións prantexan problemas e/ou solucións diferentes ás tradicionais.
O estudante debe aprender a identificar e analizar as cuestións xurídicas implicadas, deliberar sobre elas e chegar a unha conclusión empregando argumentos xurídicos.
O estudo de casos permite desenvolver as habilidades argumentativas e aplicar os coñecementos a situacións concretas.
Se prestará especial atención aos casos analizados nas sentenzas biomédicas/ bioéticas/ bioxurídicas do Tribunal Constitucional español e o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, completándoo con resolucións do Tribunal Supremo español e doutros órganos xurisdicionais internacionais |
Proba de resposta múltiple |
É o método empregado para avaliar a aprendizaxe dos coñecementos teóricos doutrinais (fontes bibliográficas) e normativos (fontes lexislativas e xurisprudenciais) |
Sesión maxistral |
Mediante a exposición oral o profesor procura transmitir a singularidade da linguaxe, os conceptos e o significado das normas xurídicas biomédicas, outorgando preferencia a un enfoque baseado nos dereitos humanos/fundamentais.
Así mesmo, comenta os aspectos máis sobranceiros do temario e das fontes documentais manexadas. |
Obradoiro |
Este método, baixo a tutela do profesor, permite o estudo de temas monográficos con maior profundidade e detalle, combinando varias metodoloxías (análise de fontes documentais, especialmente lexislativas e xurisprudenciais; estudo de casos,...).
O estudante participa dun xeito máis activo, poñendo en práctica os seus coñecementos e as súas habilidades argumentativas, orais e escritas. |
Análise de fontes documentais |
Parte importante da resposta xurídica á biomedicina está contida na lexislación (internacional, comunitaria europea, estatal e autonómica) e xurisprudencia (en especial do Tribunal Constitucional español e o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos).
A leitura, comprensión e avaliación crítica destes textos normativos é unha vía importante para o desenvolvemento da materia e para a comprensión histórica e sistemática das relacións entre biomedicina e Dereito.
O carácter básico da análise das fontes documentais, bibliográficas e normativas, se manifesta na súa presenza e influencia no desenvolvemento das restantes metodoloxías. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Obradoiro |
|
Descrición |
Guía e asesoramento na selección e análise das fontes bibliográficas e normativas
Guía e asesoramento na selección dos temas dos obradoiros e nos procesos argumentativos e deliberativos sobre os textos normativos e os casos.
Estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia ás aulas. Seguemento a través das titorías do profesorado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A3 A4 A5 A8 A9 A10 B7 B8 B10 B3 B5 C1 C6 C8 |
Avaliación da capacidade de selección, interpretación, exposición e análise, escrita e oral, das fontes documentais (bibliográficas e, especialmente, normativas -lexislativas e xurisprudenciais-)
|
20 |
Proba de resposta múltiple |
A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 B7 B8 B3 C1 |
Examen tipo test. Avaliación dos coñecementos impartidos nas sesións maxistrais e os extraídos da análise das fontes documentais.
|
50 |
Obradoiro |
A3 A4 A5 A8 A9 A10 A15 B7 B8 B10 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C6 C7 C8 |
Avaliación da capacidade de selección, interpretación, exposición e análise dos temas da materia e das fontes bibliográficas e normativas (lexislativas e xurisprudenciais).
Avalición das habilidades argumentativas, especialmente orais, e da participación nas deliberacións nas sesións presenciais. |
30 |
|
Observacións avaliación |
1. Avaliación da segunda oportunidade O/a estudiante poderá conservar a cualificación obtida nos obradoiros, a análise de fontes documentais e a proba de resposta múltiple se é igual o superior ao aprobado en cada unha desas partes. No caso de suspenso dos obradoiros, poderá acollerse á modalidade prevista para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia ás aulas. 2. Plaxio ou fraude académica O plaxio nun traballo ou a copia terán as consecuencias previstas pola normativa xeral da Universidade. 3. Criterios de avaliación do estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia ás aulas. A proba de resposta múltiple (40%) realizarase nas mesmas condicións que as do resto do estudantado. A avaliación dos obradoiros e da análise de fontes documentais consistirá na entrega de comentarios escritos das fontes normativas ou bibliográficas e un breve comentario oral perante o profesor antes da data fixada para o exame (proba de resposta múltiple). En xeral, todos os asuntos relacionados coa dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse pola normativa académica vixente da Universidade da Coruña (https://www.udc.es/gl/normativa/academica/).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Andrés Ollero (2006). Bioderecho: entre la vida y la muerte. Cizur Menor (Navarra): Thomson-Aranzadi
Roberto Andorno (2012). Bioética y dignidad de la persona. Madrid: Alianza
Javier Sánchez-Caro, Fernando Abellán (2003). Derechos y deberes de los pacientes (Ley 41/2002, de 14 de noviembre). Granada: Comares
Carlos María Romeo Casabona (dir.) (2011). Enciclopedia de Bioderecho y Bioética. Granada: Comares; Deusto: Cátedra Interuniversitaria Fundación BBVA-Diputación Foral de Bizkaia de D
Gostin, Lawrence O. (2014). Global health law. Harvard University Press
Jonathan Herring (2010). Medical law and ethics. Oxford: OUP
Andelka M Phillips et al. (ed.) (2019). Philosophical Foundations of Medical Law. Oxford: OUP
Roberto Andorno (2013). Principles of international biolaw. Bruxelles: Bruylant |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Teoría e práctica da argumentación xurídica/612G01041 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|