1. Asistencia
e participación na clase. Para poder superar a materia pedirase un mínimo de
asistencia ao 80% das sesións: o menos 7 das 9 sesións programadas. O
incumprimento desta esixencia presupón que o alumnado opta por non
presentarse a materia. Tendo presente ademais que a materia é presencial,
establécese que aquelas/es que non acaden o mínimo do 80 % de
asistencia ao longo do curso non poderán presentarse a segunda oportunidade de xullo.
2. Portafolio
do alumnado cos comentarios de tódalas películas proxectadas no
curso. Valoraranse de 0 a
10 puntos e se terá en conta entre outros aspectos, a presentación, a
expresión, o razoamento crítico e a capacidade de persuasión. O alumnado deberá ter unha nota media entre os comentarios e actividades feitas de 5
puntos para superar a materia.
No caso de que un
alumno/a asista a unha sesión e non entregue o preceptivo
traballo ou o entregue fora de prazo, entenderase que a súa nota é de 0 a
efectos de calcular a media. Desta forma, a asistencia computará a efectos das
esixencias mínimas de presencialidade de cara ao cálculo da nota media e para
precisar a posibilidade de acceder á segunda oportunidade de xullo.
O alumno/a que non
asista a unha sesión, sen motivo xustificado, pero entregue o traballo terá
a nota de Non Presentado a sesión e o traballo non se lle puntuará. Desta
forma, a ausencia do alumno/a a esa sesión tense en conta a hora de calcular a
asistencia mínima para superar a esixencia da presencialidade mínima dun 80%.
Contrariamente,
no caso de que exista unha causa xustificada para a ausencia en algunha das sesións, o
alumno/a poderá facer igualmente o traballo da sesión á que non puido asistir.
Para elo precisa xustificar documentalmente a ausencia e entregar o traballo no
prazo establecido para todos os alumnos, esto é, na sesión seguinte. Esa nota
computará a tódolos efectos na media. No caso de que se xustifique a falta e
non se entregue traballo procederase de xeito ordinario, esto é, entenderase
que a súa nota é de 0 a
efectos de calcular a media. Desta forma, a ausencia xustificada computará a
efectos das esixencias mínimas de presencialidade de cara ao cálculo da nota
media e para precisar a posibilidade de acceder as convocatorias de setembro e
decembro.
Os alumnos que,
cumprido o requisito de asistencia mínima, non superen o 5 poderán presentarse na segunda oportunidade de xullo. Para superar a materia os alumnos han de presentar os traballos que lle falten ou
que estean suspensos, coas mesmas condicións de contido impostas durante o
curso. Esa nota será sumada a obtida ao longo do curso e así obterase unha nova
media.
Actividades
voluntarias. As actividades voluntarias, individuais ou de
grupo, serán tomadas en consideración para subir a nota do alumno. Estas
actividades ofreceranse polo docente de cada sesión cando este o considere
procedente.