Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Traballo Fin de Máster Código 614473111
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 15
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Amor Lopez, Margarita
Andión Fernández, José Manuel
Andrade Canosa, Diego
Darriba López, Diego
Enes Álvarez, Jonatan
González Domínguez, Jorge
López Taboada, Guillermo
Martin Santamaria, Maria Jose
Padron Gonzalez, Emilio Jose
Rey Expósito, Roberto
Rodriguez Osorio, Roberto
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
margarita.amor@udc.es
jose.manuel.andion@udc.es
diego.andrade@udc.es
diego.darriba@udc.es
jonatan.enes@udc.es
jorge.gonzalezd@udc.es
guillermo.lopez.taboada@udc.es
maria.martin.santamaria@udc.es
emilio.padron@udc.es
roberto.rey.exposito@udc.es
roberto.osorio@udc.es
jose.sanjurjo@udc.es
Web http://aula.cesga.es
Descrición xeral O TFM ten como obxectivo principal a análise, deseño, implementación e validación
dun proxecto, realizado de forma individual, relacionado coa Computación de Altas Prestacións e no que se salienten algunhas das competencias adquiridas. Poderase desenvolver nunha empresa ou entidade con acreditada experiencia en proxectos de I+D+i, sendo cotutelado por un profesional do ámbito. O proxecto debe integrar en calquera caso compoñentes de innovación que vaian máis aló da mera paralelización dunha aplicación. O TFM debe promover a achega de valor engadido por parte do estudante en proxectos innovadores, e a súa relación directa co mercado de traballo ou con algún aspecto de investigación.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Integrar os coñecementos adquiridos para aplicalos a un traballo de investigación ou de desenvolvemento concreto. AP8
AP9
BP1
BP2
BP3
CP1
CP3
Presentar e defender os resultados do traballo ante un público especializado. BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
CP4
CP5

Contidos
Temas Subtemas
Análise, deseño, implementación e validación dun proxecto relacionado coa Computación de Altas Prestacións.

O traballo consistirá no estudo dun tema de investigación e/ou desenvolvemento no campo da HPC con obxectivos concretos alcanzables nun curto espazo de tempo.
Para o seu desenvolvemento existirán dúas opcións:
a) A realización vinculada a unha práctica desenvolvida no período de prácticas profesionais en institucións ou empresas.
b) A realización independente de ditas prácticas, que tipicamente permitirá ao alumno introducirse de modo práctico nun traballo de investigación nalgunha das liñas nas que traballan os grupos aos que pertence o equipo docente.

En calquera caso, ao finalizar o traballo o alumno ten que presentar unha memoria final e defender o traballo ante unha comisión especializada.
.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C5 0 300 300
 
Atención personalizada 75 0 75
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballo persoal do alumno: consulta de bibliografía, estudo autónomo, desenvolvemento de actividades programadas, preparación de presentacións e traballos

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición

Tutorías de seguimento cos titores do proxecto para a toma de contacto co TFM, planificación, asesoramento, traballo práctico tutelado no laboratorio, revisado de documentación, memoria e presentación

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C5 Seguimento continuado por parte dos titores que dirixen o traballo e visto e prace na
memoria do proxecto realizado.
Avaliación do traballo por unha comisión integrada por profesores especialistas da área.

O sistema de cualificación será o sinalado con carácter xeral para o máster no regulamento do Traballo Fin de Máster e acorde ao regulamento da universidade.
100
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC


Fontes de información
Bibliografía básica

Dadas as peculiaridades desta materia, resulta imposible especificar unha bibliografía xeral válida para todos os TFM que se van a desenvolver. A bibliografía específica de cada proxecto estará especificada en cada un das diferentes propostas de proxectos aprobadas pola Comisión Académica do máster.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

 

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

 

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías