Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Informática como servizo Código 614502004
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Enxeñaría de Computadores
Matemáticas
Coordinación
Rey Expósito, Roberto
Correo electrónico
roberto.rey.exposito@udc.es
Profesorado
Carneiro Diaz, Victor Manuel
Ferreiro Ferreiro, Ana María
Puente Castro, Alejandro
Rey Expósito, Roberto
Correo electrónico
victor.carneiro@udc.es
ana.fferreiro@udc.es
a.puentec@udc.es
roberto.rey.exposito@udc.es
Web http://udconline.udc.gal
Descrición xeral O obxectivo principal desta materia é darlle a coñecer ao alumnado o paradigma de computación distribuída "Cloud Computing" (Computación na Nube), e proporcionarlle unha visión das súas posibilidades de utilización no ámbito empresarial. Os sistemas de Cloud Computing permiten externalizar os recursos de computación dunha organización a un terceiro provedor, permitindo un aprovisionamento e liberación rápidos, transparentes, seguros e baratos dos devanditos recursos a través de Internet. Esta flexibilidade na xestión da computación, unida ao modelo de pago por uso dispoñible nos clouds públicos, permiten que as empresas poidan implantar rapidamente aplicacións informáticas sobre sistemas que adaptan os seus recursos eficientemente en función do ciclo de vida natural do negocio, cos consecuentes aforros de custos e melloras na produtividade. Con todo, o seu uso tamén supón un importante reto para as empresas, que deben coñecer as vantaxes e inconvintes desta tecnoloxía antes de decidir decantarse cara á súa adopción, xa que isto implica cambios significativos que afectan ao seu modelo de negocio.
Doutra banda, as tecnoloxías baseadas na virtualización que se utilizan nos clouds públicos tamén poden aplicarse nos centros de cálculo privados das empresas para conseguir unha xestión máis eficiente, engadíndolle moitas das características que proporcionan os clouds públicos ao tempo que a información sensible permanece baixo o control da organización.
Mediante as actividades previstas nesta materia o alumno coñecerá os conceptos básicos e problematicas asociadas co Cloud Computing desde o punto de vista empresarial, proporcionaráselle información sobre casos de éxito no seu uso en contornas empresariais e, para coñecer de primeira man a tecnoloxía, realizará prácticas sobre Clouds públicos, implantando e usando infraestructuras e plataformas virtualizadas e executando aplicacións distribuídas desenvolvidas aplicando un novo modelo de programación: o modelo Map/Reduce, modelo que é soportado polos principais proveedores de servizos Cloud.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e utilizar os servizos que ofrecen clouds públicos como Amazon EC2, Google Apps ou Microsoft Azure para a configuración de infraestructuras virtuais e o implantamento de aplicacións. AP5
BP1
BP10
BM1
BM2
CP6
Coñecer os casos de uso mais habituais na integración de tecnoloxías Cloud en contornas empresariais. AP5
AP9
BP1
BP9
BP14
BP16
BP17
CP6
Coñecer as tecnoloxías, aspectos legais e problematicas relacionados coa xestión da seguridade e a privacidade no uso de clouds públicos. AP5
AP9
BP18
BP19
BM3
Coñecer e utilizar o modelo de programación Map/Reduce para desenvolver aplicacións distribuidas e desplegalas sobre infraestructuras de cloud públicas. AP9
AP10
BP1
BP13
BM1
Habilidade para a procura, selección e manexo de recursos (bibliografía, software, etc.) relacionados coa computación Cloud. BP5
BM5
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución Conceptos xerais
Tecnoloxías de virtualización
Modelos de servizo: SaaS, PaaS, IaaS
Modelos de implantación
Casos de estudo
Retos e oportunidades
Tema 2. Modelos de servizo Infraestructura como Servizo (IaaS)
Caso de uso: Amazon Web Services
Plataforma como Servizo (PaaS)
Caso de uso: Microsoft Azure
Tema 3. Desenvolvimento de aplicacións Modelo de programación Map/Reduce
Tema 4. Cloud na contorna empresarial Privacidade e protección de datos
Aspectos legais
Tema 5. Plataformas Cloud abertas Introducción ás plataformas de cloud abertas
Estudio compartativo
Caso de uso: OpenNebula

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A9 A10 B10 B14 B18 B19 C6 C7 C8 21 0 21
Prácticas a través de TIC A5 A10 B1 B13 B16 B17 B22 24 72 96
Traballos tutelados B5 B9 B21 B22 B23 B25 C6 0 30 30
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. As sesións maxistrais complementaranse coa realización de conferencias nas que se traerá algún experto externo para tratar algun tema puntual con maior profundidade.
Prácticas a través de TIC Nas que o alumno verá o funcionamento na práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas (clouds públicos, contornas de programación Map/Reduce, etc) propostas polo profesor que lle permitirán aprofundar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos da computación Cloud. As prácticas estarán prantexadas de maneira que faciliten a súa realización semi-presencial a aqueles alumnos que non poidan acudir ás sesións presenciais.
Traballos tutelados Proposta de traballos para a súa resolución individual e non presencial por parte dos alumnos. Estes traballos serán opcionais e permitiranlles aos alumnos interesados en facelos aprofundar en aspectos do temario que lles interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.

Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán as indicacións iniciais necesarias e realizarán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.

Todos os profesores da materia proporán ademais un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 A9 A10 B10 B14 B18 B19 C6 C7 C8 Ao longo do cuadrimestre realizaranse probas obxectivas basadas na aplicación práctica do contidos da materia, así como o seguemento do traballo do alumnado, para avaliar os contidos teóricos tratados nas sesións maxistrais. 40
Prácticas a través de TIC A5 A10 B1 B13 B16 B17 B22 As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas co uso de clouds públicos (AWS e Azure), a programación de aplicacións Map/Reduce e a implantación de clous privados con OpenNebula. É preciso aprobar (nota igual ou superior ao 50%) tódalas prácticas da asignatura. 40
Traballos tutelados B5 B9 B21 B22 B23 B25 C6 Os traballos tutelados serán opcionais e sobre algún tema a convenir entre o alumnado e o profesor. 20
 
Observacións avaliación

Co traballo obrigatorio que ten que realizar o alumno (probas obxectivas e prácticas obrigatorias) pode conseguirse ata un 80% da nota total da materia. O 20% restante pode conseguirse realizando un traballo tutelado opcional.

Para a segunda oportunidade (convocatoria de xullo) haberá unha segunda data de entrega das prácticas e traballos tutelados, non máis tarde da data oficial de exame.

Os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán seguir a materia sen problemas, xa que a realización das prácticas avaliables non require presencialidade.

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica
  1. John Rothon (2011, 2º ed). Cloud Computing Explained: Implementation Handbook for Enterprises. Recursive Press.
  2. Luís Joyanes Aguilar (2013). Computación en la Nube: Estrategías de Cloud Computing en las Empresas. Ed. Marcombo
  3. Tom White (2011, 2º ed). Hadoop: The Definitive Guide. MapReduce for the Cloud. O’Reilly.
  4. Gionvanni Toraldo (2012). OpenNebula 3 Cloud Computing. eBook. 
Bibliografía complementaria
  1. Mathew Portnoy (2012). Virtualization Essentials. Wiley.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Planificación estratéxica de sistemas de información/614502001
Calidade, seguridade e auditoría informática/614502003
Intelixencia de negocio/614502009

Observacións

Perspectiva de xénero

  • Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporase a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías