Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Arquitecturas e plataformas móbiles Código 614502005
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Fraga Lamas, Paula
Correo electrónico
paula.fraga@udc.es
Profesorado
Fraga Lamas, Paula
Correo electrónico
paula.fraga@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Nesta asignatura adquírense os coñecementos básicos das tecnoloxías móbiles e a súa aplicación mediante o deseño e o desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquisición de coñecementos para comprender, deseñar e desenvolver sistemas e servizos completos en equipos móbiles AP11
BP1
BP5
BP9
BP10
BP13
BP14
BP17
BM1
BM2
BM3
BM5
CP4
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ás arquitecturas e plataformas móbiles Hardware: arquitecturas e plataformas. Arquitectura ARM.

Software: plataformas e sistemas operativos móbiles. Perspectiva histórica, ecosistema de desenvolvemento, mercado e monetización.
Experiencia de usuario: Usabilidade e interfaces de usuario Introdución á usabilidade das aplicacións móbiles e á interación co usuario.

Guías de estilo e patróns de deseño de interfaces gráficas de usuario en dispositivos móbiles. Exemplos.
Arquitectura e deseño de software en dispositivos móbiles. Aplicación a Android Construíndo a primeira App: entorno e ferramentas de desenvolvemento e depuración.

Compoñentes dunha app.

Relación entre apps, a máquina virtual e os procesos Linux.

Ciclo de vida das Actividades.

Paralelización de tarefas

Fragments

Services

Apps, procesos e threads

Xeolocalización

Almacenamento

Elementos multimedia
Programación dirixida por eventos e xestión da concurrencia Programación dirixida por eventos. Conceptos avanzados.

Aplicación a Android
Sensorización en plataformas móbiles Introducción á sensorización en plataformas móbiles.

Conceptos básicos de sensores e tipos de sensores.

Manexo de sensores en Android.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A11 B5 B10 B13 B14 B17 B21 B25 C4 C6 C7 C8 21 21 42
Prácticas a través de TIC A11 B1 B5 B9 B10 B13 B14 B22 B23 23 52 75
Proba obxectiva B1 B17 B22 B23 4 14 18
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia.
Prácticas a través de TIC Prácticas para desenvolver os conceptos adquiridos nas clases maxistrais.
Proba obxectiva Valoración dos coñecementos adquiridos en toda a asignatura: prácticas e teoría.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
O profesor realizará titorías e guiará a posta en marcha das prácticas.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas. Asemade, os horarios de titorías poderán adaptarse segundo as necesidades dos ditos alumnos matriculados a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A11 B1 B5 B9 B10 B13 B14 B22 B23 Valoración dos resultados e coñecementos obtidos nas prácticas desenvolvidas. 60
Proba obxectiva B1 B17 B22 B23 Valoración das competencias asimiladas na materia. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

As prácticas consistirán en exemplos de aplicación da teoría vista nas sesións maxistrais. A súa valoración farase de xeito continuado, ó remate dos prazos indicados. 

A proba obxetiva dividirase nunha parte orientada a valorar o nivel de asimilación dos resultados das prácticas e noutra a valorar o nivel de coñecementos xerais adquiridos na materia.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS

Os alumnos terán a opción de conservar as notas de prácticas e/ou traballos tutelados obtidas durante o curso académico e terán que realizar unha proba mixta, establecéndose a nota nas mesmas porcentaxes aplicadas na primeira oportunidade. O resto do alumnado (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) terá que realizar unha proba mixta (60% da nota) e entregar un traballo tutelado (40% da nota). 

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.



Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica N. D. Lane (2010). A Survey of Mobile Phone Sensing. IEEE Communications Magazine
Google (2023). Android developers website. http://developer.android.com
Keith Andrews (2012). Human-Computer Interaction. Graz University of Technology
Jetbrains (2023). Kotlin. https://kotlinlang.org/
Theresa Neil (2012). Mobile Design Pattern Gallery. O'Reilly
Ian Lake Reto Meier (2018). Professional Android. John Wiley & Sons

Bibliografía complementaria Jakob Strom (2012). HMI Toolsuite for Android. Chalmers University of Technology, Gothenburg
Sajal K. Das (2010). Mobile Handset Design . Wiley
Ricardo Galli Granada (2015). Principios y algoritmos de concurrencia. Autoeditado
Lauren Darcey (2011). Sams Teach Yourself Android Application Development in 24 Hours. Sams


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia cumprirá coas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, respectando a perspectiva de xénero (e.g., buscarase usar linguaxe non sexista).

Seguiranse as indicacións do Green Campus en temas de sostibilidade, incluíndo:

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
    • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
    • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías