Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Prácticas en empresa Código 614502011
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Enxeñaría de Computadores
Matemáticas
Coordinación
Castro Castro, Paula Maria
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
Profesorado
Castro Castro, Paula Maria
Dafonte Vazquez, Jose Carlos
Fernández Blanco, Enrique
Martin Santamaria, Maria Jose
Padron Gonzalez, Emilio Jose
Pedreira Fernández, Oscar
Pérez Sánchez, Beatriz
Vázquez Naya, José Manuel
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
carlos.dafonte@udc.es
enrique.fernandez@udc.es
maria.martin.santamaria@udc.es
emilio.padron@udc.es
oscar.pedreira@udc.es
beatriz.perezs@udc.es
jose.manuel.vazquez.naya@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia de Prácticas en Empresa (PE) cúrsase no terceiro cuadrimestre (Q3), que corresponde ao primeiro cuadrimestre do segundo curso. O seu obxectivo é completar a formación do mestrado con estadías nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A Facultade de Informática (FIC) ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares.

O desenvolvemento dunha PE implica:

1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) que realicen tarefas que poidan desenvolverse mediante a materia de PE.
2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inícianse desde finais do curso anterior.
3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un/ha estudante.
4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor/a profesional do/a estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas.
5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor/a académico/a que supervisará que o/a estudante realice o plan de formación determinado, recibirá os informes do/a titor/a profesional e do/a estudante, e avaliará o realizado polo/a estudante.
6) A definición dun plan de formación onde os/as titores/as da PE definan o alcance das actividades a realizar polo/a estudante.

Existen unhas directrices específicas da FIC para ampliar e concretar o marco normativo da UDC:

1) Que a o/a estudante lle falten para finalizar os seus estudos 66 créditos, como máximo, incluíndo os correspondentes aos complementos formativos, se tivese que cursalos.
2) Que superase ou que se atope matriculado/a nas restantes materias, incluíndo tamén os complementos formativos se os tivera, agás, se é o caso, o TFM.

En todo caso, se un/ha estudante está a traballar nunha empresa cabe a posibilidade de desenvolver a materia PE compaxinándoa co seu traballo, previa autorización da Vicerreitoría de Estudantes e, por suposto, sinatura do convenio.

Os créditos de PE poden ser recoñecidos se se acreditan seis meses (180 días) de experiencia profesional relacionada coas competencias do mestrado e son posteriores á data de obtención do título que deu acceso ao mesmo.

Os/As titores/as que aparecen na presente guía corresponden ao curso 2023/24.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Posuír experiencia real sobre a actividade profesional dentro das empresas no ámbito da Enxeñaría Informática BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
BP13
BP14
BP15
BP16
BP17
BP18
BP19
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas en empresa As prácticas realízanse en empresas TIC.
O/A estudante será titorizado/a por un/ha titor/a profesional e outro/a académico/a.
O/A estudante debe entregar informes e unha memoria final.
O/A titor/a profesional debe emitir un informe sobre as actividades realizadas.
O/A titor/a académico/a calificará ao/á estudante tendo en conta o seguimento realizado, a memoria final e o informe do/a titor/a profesional.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 250 45 295
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Prácticas en Empresa que deberán realizarse no terceiro cuadrimestre da titulación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
Débese destacar particularmente a importancia do papel do/a profesor/a titor/a, esencial para un axeitado aproveitamento da estadía do/a estudante, así como para facilitar a relación da Facultade coas empresas colaboradoras.

A realización das prácticas require a asignación dun/ha titor/a profesional e dun/ha titor/a académico/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O/A estudante informará ao/á titor/a académico/a das tarefas que está a realizar.

Ao rematar a práctica, o/a estudante entregará un informe onde enumere e explique en detalle as tarefas realizadas, a contorna tecnolóxica utilizada -ferramentas, estándares e metodoloxías-, evitando as cuestións que poidan considerarse confidenciais. A extensión recomendada para este documento é de aproximadamente 10 páxinas.

O/A titor/a profesional entregará un informe avaliando a actividade do/a estudante.

O/A titor/a académico/a avaliará a práctica e emitirá un informe coa cualificación final.


100
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Nesta materia incorpórase a perspectiva de xénero (uso de linguaxe non
sexista, promóvese a participación de alumnos/as...). Tamén se
traballará para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Atenderemos ás situacións de discriminación por razón de
xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas, no caso de
producirse.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Planificación estratéxica de sistemas de información/614502001
Dirección de proxectos/614502002
Calidade, seguridade e auditoría informática/614502003
Informática como servizo/614502004
Arquitecturas e plataformas móbiles/614502005
Análise de sistemas de información/614502006
Deseño de sistemas de información/614502007
Interacción, gráficos e multimedia/614502008
Intelixencia de negocio/614502009
Recuperación da información e web semántica/614502010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Traballo fin de mestrado/614502012

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías