Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Emprendemento e Autoemprego Código 614502024
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Fernández Blanco, Enrique
Correo electrónico
enrique.fernandez@udc.es
Profesorado
Fernández Blanco, Enrique
López Taboada, Guillermo
Pedreira Fernández, Oscar
Correo electrónico
enrique.fernandez@udc.es
guillermo.lopez.taboada@udc.es
oscar.pedreira@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral O ámbito da Enxeñaría Informática está en constante auxe. Existe unha moi alta demanda por parte do sector empresarial. Pero tamén hai moitas oportunidades para os egresados de emprender e crear a súa propia empresa, ou ben traballar de forma autónoma.
Pero para isto é preciso ter uns coñecementos básicos e comprender os conceptos fundamentais do emprendemento e do autoemprego.
Nesta materia o estudante aprenderá os conceptos básicos de emprendemento e autoemprego. Analizaranse casos de éxito no ámbito da Enxeñaría Informática.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender os aspectos fundamentais en materia de emprendemento e autoemprego no ámbito da Enxeñaría Informática. AP16
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP12
BP14
BP15
BP17
BM3
BM5
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
Saber valorar a relevancia do emprendemento e o autoemprego como opción de carreira profesional e o seu impacto na sociedade. AP16
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP12
BP14
BP15
BP17
BP19
BM2
BM3
BM4
BM5
CP1
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
1. Innovación, emprendemento e autoemprego - Produto, servizo e mercado
- Ciclo de vida do produto
- Estudo de mercado e necesidades do cliente
- Estratexia, vantaxe competitiva e innovación
2. Metodoloxías de emprendemento - Compoñentes dun modelo de negocio e exemplos
- Análises da contorna e estudo de viabilidade
- Esquemas de financiamento
- Estrutura e desenvolvemento dun plan de negocio
- Desenvolvo de clientes e adaptación de modelos
3. Liderado - Características dos emprendedor
- Elementos básicos do liderado
- Creación e xestión de equipos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A16 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B12 B24 B25 C1 C4 C5 C6 C7 C8 10 0 10
Traballos tutelados B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B14 B15 B17 B19 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 20 20
Seminario A16 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B14 B15 B17 B19 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 10 20
 
Atención personalizada 25 0 25
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
El profesorado hará un seguimiento de la evolución del estudiante a lo largo de la materia. Se valorará la participación activa del estudiante.

Se atenderán las dudas planteadas en horario de tutorías vía correo electrónico, Teams o de manera presencial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A16 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B14 B15 B17 B19 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realizaranse pequenos traballos relacionados cos temas vistos en teoría, co obxectivo de consolidade conceptos fundamentais. 15
Sesión maxistral A16 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B12 B24 B25 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Proporanse retos ou problemas ao estudante, que poderá comentar na clase. Valorarase a participación activa e a resposta a preguntas expostas polo profesorado. 15
Traballos tutelados B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B14 B15 B17 B19 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O alumnado elaborará de forma autónoma un documento sobre a creación dunha empresa ou proxecto innovador co fin de demostrar que adquiriu as competencias inherentes ao emprendemento. 70
 
Observacións avaliación

1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A nota final será a suma da nota dos traballos tutelados e das actividades de seguimento realizadas durante as sesións maxistrais e os seminarios.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE E OPORTUNIDADE ADIANTADA

As notas dos "traballos tutelados" e das actividades de seguimento realizadas durante as "sesións maxistrais" e os "seminarios" obtidas na primeira oportunidade, consérvanse para o resto de oportunidades dese curso.

Caso de non ter nota nalgún destes apartados, e querer optar a ela, o alumno debe contactar co coordinador da materia cunha antelación mínima de 30 días naturais antes da data do exame oficial.

A nota dos "traballos tutelados" poderá recuperarse mediante a realización e defensa dun novo traballo tutelado de carácter individual, cuxa temática debe ser acordada co coordinador da materia.

A nota de seguimento das "sesións maxistrais" e os "seminarios" obtidas na primeira oportunidade poderá recuperarse mediante a realización dunha proba escrita.

3. CONDICIÓN DE "NON PRESENTADO" 

Na primeira oportunidade consideraranse como "non presentados" aos alumnos que non presenten ningún traballo tutelado.

Na segunda oportunidade consideraranse como "non presentados" aos alumnos que non presenten ningún traballo tutelado nin se presenten á proba escrita.

4. ALUMNOS A TEMPO PARCIAL

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial. 

Os alumnos que cursen a materia a tempo parcial deben realizar as mesmas probas de avaliación que os alumnos que as cursen a tempo completo, coas seguintes consideracións: 

- En canto á realización do traballo tutelado, exímese ao alumno da necesidade de realizar o traballo en grupo, podendo realizalo individualmente, e, en caso de non poder presentar o traballo na clase por incompatibilidade no horario, o alumno poderá realizar a presentación ao profesor no horario convido por ambos.

O alumno deberá notificar ao coordinador da materia a súa condición de estudante a tempo parcial tan axiña como lle sexa recoñecida, para que o profesor poida realizar unha correcta planificación das actividades docentes.

5. COPIA E/OU PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Eric Ries (2011). THE LEAN STARTUP: How Constant Innovation Creates Radically Successful Businesses . Currency

Bibliografía complementaria Pablo A. Martínez (2017). Cómo crear una empresa con una app. Ra-Ma


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Planificación estratéxica de sistemas de información/614502001
Dirección de proxectos/614502002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Prácticas en empresa/614502011
Traballo fin de máster/614502025

Materias que continúan o temario

Observacións

Igualdade de xénero


- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías