Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ser capaz de usar linguaxes de programación usuais en Bioinformática. |
AP3
|
BP5 BP8
|
|
Poder deseñar e escribir algoritmos básicos para o manexo das estructuras de datos fundamentais. |
AP3
|
BP1 BP8
|
|
Ser capaz de deseñar, escribir e corrixir programas de ordenador. |
AP3
|
BP1 BP5 BP8
|
CP3 CP6
|
Ser capaz de deseñar, avaliar, comparar e analizar algorítmos básicos. |
AP3
|
BP1
|
CP6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introducción |
a. Algoritmos. Representación. Accións primitivas/no primitivas
b. Programas. Proceso de construcción
c. Linguaxes de programación: máquina, baixo nivel, alto nivel
d. Compiladores. Intérpretes
e. Entornos de desenvolvemento e ferramentas: Python |
2. Conceptos básicos |
a. Estructura de un programa
b. Constantes, Variables.
c. Tipos de datos: entero, real, lógico, carácter, …
d. Estructuras simples: listas (arrays), cadenas, …
e. Operadores y expresiones (aritméticas, lógicas)
f. Declaración de variables e constantes
g. Entrada y salida estándar |
3. Sentencias de control
|
a. Secuencial
b. Alternativa
c. Repetitiva: while, for |
4. Funcións |
a. Definición, declaración e chamada de función
b. O ámbito das variables
c. Paso de argumentos
d. Recursividad
e. Módulos
f. Análise de complexidade |
5. Ficheiros |
a. Apertura e peche
b. Lectura e escritura de datos
c. Acceso directo aos datos |
6. Introducción á orientación a obxetos |
a. Clases
b. Obxetos
c. Propiedades
d. Métodos
e. Concepto de herencia |
7. Excepcións |
a. Tipos
b. Captura
c. Lanzamento
d. Creación |
8. Librerías científicas en Python |
a. SciPy
b. NumPy
c. Matplotlib
d. BioPython |
9. Introducción a estructuras abstractas |
a. Listas
b. Pilas
c. Colas
d. Árbores |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 B1 B5 |
15 |
30 |
45 |
Proba mixta |
A3 |
3 |
0 |
3 |
Foro virtual |
B1 B5 C3 C6 |
1 |
5 |
6 |
Solución de problemas |
A3 B1 B5 B8 C6 C3 |
36 |
54 |
90 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Actividade presencial para expoñer conceptos fundamentais da materia. Consistirá na exposición oral do profesor apoiada con medios multimedia. Durante a presentación tratarase de interactuar co alumno formulando preguntas dirixidas co fin de afianzar conceptos e facilitar a aprendizaxe. A proporción de uso desta metodoloxía será maior fronte a estudo de casos cando o número de estudantes sexa alto e será acordado con estes. |
Proba mixta |
Avaliación sumativa do alumno mediante un exame escrito cunha parte teórica con preguntas tipo test e unha parte práctica para resolver pequenos problemas de programación. A proba tratará de medir se o alumno adquiriu os conceptos fundamentais de programación e adestrouse o suficiente como para posuír as habilidades precisas para resolver supostos prácticos.
O alumno poderá facer uso do ordenador para, ademais de contestar ás preguntas, consultar dúbidas acerca da sintaxe concreta de algún comando. |
Foro virtual |
|
Solución de problemas |
Esta actividade suporá o estudo de casos prácticos e exemplos ademáis da realización de distintos exercicios de programación. Co fin de afianzar os conceptos teóricos presentaranse supostos prácticos, que nun principio serán resoltos polo profesor para que orienten os alumnos. A medida que se avance no desenvolvemento teórico formularase a resolución de problemas por parte dos alumnos. A proposta de actividades estará dispoñible ao alumno con suficiente antelación. O labor do profesor será a supervisión solucionando dúbidas e corrixindo erros de interpretación, malos hábitos de programación, erros de sintaxe, etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
|
Descrición |
É fundamental a atención ao alumno para resolver cantas dúbidas de concepto ou de procedemento poidan xurdir durante a resolución dos supostos prácticos. Prestarase especial atención a aqueles alumnos que presenten maiores dificultades na súa aprendizaxe co fin de que o seu progreso non se vexa retardado respecto ao xeral do resto de estudantes.
As titorías realizaranse co apoio das ferramentas de comunicación dispoñibles (Teams, Moodle e correo electrónico) |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A3 B1 B5 B8 C6 C3 |
Realización obrigatoria. É necesario entregar todos os traballos para superar a materia. |
50 |
Proba mixta |
A3 |
Realización obrigatoria. Necesario aprobar o exame para superar a materia. O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte práctica (60%). |
45 |
Foro virtual |
B1 B5 C3 C6 |
Seguemento continuado e obxectivable dunha participación activa no foro da materia. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Non presentado - Terá a condición de Non presentado (NP)
quen non presente ningún traballo práctico nin concorra á proba
obxectiva no período oficial de avaliación. Por conseguinte, quen presente calquera traballo práctico e/ou realice a
proba obxectiva considerarase "Presentado" e será avaliado.
Traballos prácticos - No caso de existir nalgún tema, as actividades de gamificación substituirán ás entregas de prácticas e suporán a mesma cualificación na nota
global.
- Soamente os alumnos con cualificación de NON PRESENTADO na primeira
oportunidade poderán entregar os traballos propostos durante o curso
para a segunda oportunidade. En caso de SUSPENSO na primeira
oportunidade, só se poderán entregar de novo os traballos suspensos que
sexan así calificados polo profesor.
- O retraso na entrega dos
traballos levará consigo unha penalización na nota que aparecerá
recollida na planificación docente na páxina web.
- En ningún caso as notas dos traballos gárdanse para os seguintes cursos académicos.
Oportunidade adiantada - A avaliación basearase exclusivamente na proba obxectiva.
Matrícula a tempo parcial - Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obrigación do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.
Cualificación exame - Os alumnos farán unha
proba escrita ao finalizar o cuadrimestre de acordo ao calendario oficial.
O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte
práctica (60%) de realización de pequenos programas. Nesta segunda parte o
alumno poderá consultar o manual de Python.
Alumnos de segunda matrícula e posteriores
- A avaliación basearase no recollido nesta guía. Dada a posibilidade de
non asistir presencialmente por incompatibilidade cos horarios de
segundo curso, realizarán a maiores unha serie de traballos prácticos
ademáis dos propostos para os alumnos de primeira matrícula. Neste caso
exisirase asistencia a titorías, bien presencialmente ou virtualmente.
Outras observacións- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Luis Joyanes Aguilar (2008). Fundamentos de programación : algoritmos, estructuras de datos y objetos. McGraw Hill
Ljubomir Perkovic (2015). Introduction to Computing Using Python: An Application Development Focus, 2nd Edition. Wiley
Mark Lutz (2013). Learning Python, Fifth Edition. O’Reilly Media, Inc
Raúl González Duque (). Python PARA TODOS. http://edge.launchpad.net/improve-python-spanish-doc/0.4/0.4.0/+download/Python%20para%20todos.pdf
Vernon L Ceder (2010). The quick Python book. Greenwich : Manning
Jesús J. García Molina, Francisco J. Montoya Dato, José L. Fernández Alemán, Mª José Majado Rosales (2005). Una introducción a la programación : un enfoque algorítmico. Thomson |
|
Bibliografía complementaria
|
Mitchell L Model (2009). Bioinformatics Programming Using Python. O'Reilly Media
Bill Lubanovic (2014). Introducing Python: Modern Computing in Simple Packages. O'Reilly Media |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Introdución ás bases de datos/614522002 | Estruturas de datos e algoritmia para secuencias biolóxicas/614522013 |
|
Observacións |
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero
nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de
alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos
e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
|