PRIMEIRA OPORTUNIDADE (Observacións)
O 70% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do curso. Será
precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a
materia.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice
a proba escrita.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (Observacións)
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación
de cada unha das partes farase da seguinte forma:
- Proba mixta (88% da nota final): permitirá recuperar a nota da proba escrita da primeira oportunidade e a correspondente á avaliación continua realizada durante as sesións maxistrais e ás Prácticas a través das TIC. Será preciso acadar unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) en esta parte para superar a materia.
- Solución de problemas/traballo tutelado entregable (12% da nota final): permitirá recuperar a nota desta parte.
Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha
das dúas partes (proba mixta / entregable), conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita.
DISPENSA ACADÉMICA
Os criterios de avaliación para aqueles/as estudantes
con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia
ás clases serán os da segunda oportunidade en todos os casos.
COPIA E/OU PLAXIO