PRIMEIRA OPORTUNIDADE
As prácticas consistirán en exemplos de aplicación da teoría vista
nas sesións maxistrais. A súa valoración farase de xeito continuado, ó remate
dos prazos indicados.
A proba obxetiva dividirase nunha parte orientada a valorar o
nivel de asimilación dos resultados das prácticas e noutra a valorar o nivel de
coñecementos xerais adquiridos na materia.
Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia
ás prácticas.
SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS
Os alumnos terán a opción de conservar as notas de prácticas e/ou
traballos tutelados obtidas durante o curso académico e terán que realizar unha
proba mixta, establecéndose a nota nas mesmas porcentaxes aplicadas na primeira
oportunidade. O resto do alumnado (incluido o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) terá
que realizar unha proba mixta (70% da nota) e entregar un traballo tutelado
(30% da nota).
OUTROS COMENTARIOS
Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos
académicos posteriores.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario.
Tódolos aspectos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica”
rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.