Para superar a materia será necesario obter un mínimo de 4 sobre 10 tanto na proba obxectiva como no traballo práctico. En caso contrario, a nota máxima que se poderá acadar será de 4,5. A nota obtida na avaliación continua de prácticas de laboratorio e traballos tutelados conservarase ao longo do curso académico.
MODO DE TRABALLO
Tanto as prácticas de laboratorio como os traballos titorizados realizaranse en grupo, os tamaños dos grupos serán impostos polo profesorado mentres que os membros do mesmo serán de libre elección.
DATAS DE ENTREGA:
i) Prácticas de laboratorio: as memorias das prácticas de laboratorio entregaranse na plataforma virtual de docencia antes do remate do período lectivo e con tempo suficiente para ser avaliadas polo profesorado antes do inicio do período de exames. O número de entregas proporase a través da plataforma virtual de docencia.
ii) Traballos tutelados: deberán entregarse antes da última sesión práctica, que servirá para realizar as súas exposicións. A data definitiva de entrega proporase a través da plataforma virtual de docencia.
ESTUDANTADO QUE NON PARTICIPOU NA AVALIACIÓN CONTINUA DE PRÁCTICAS E TRABALLOS TITORIZADOS:
i) Cando o alumno compareza na primeira convocatoria de oportunidade, a súa cualificación será de 0 en ambas as metodoloxías.
ii) Cando o alumno/a concorra á convocatoria de segunda oportunidade ou convocatoria extraordinaria, sen participar no proceso de avaliación continua, mediante estas metodoloxías, poderá realizar as prácticas de forma individualizada co material dispoñible, na plataforma virtual docente. solicitando titorías cos profesores da materia.
ESTUDANTADO QUE NON PARTICIPA NA PROBA OBXECTIVO DE PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Participa ou non no proceso de avaliación continua de prácticas e traballos titorizados, a súa cualificación será "Non Presentado".
PLAXIO: No caso de detectar plaxio en calquera proba ou material entregado, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.