Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Robótica Intelixente I Código 614544019
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Bellas Bouza, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.bellas@udc.es
Profesorado
Bellas Bouza, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.bellas@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo principal desta materia é proporcionar as bases conceptuais da robótica intelixente, é dicir, de cómo as técnicas de IA aplican ao caso particular dos robots co obxectivo de lograr un funcionamento autónomo. Todo o desenvolvemento da disciplina baséase nas propiedades distintivas da robótica, como son a operación en contornos reais e a existencia dun corpo físico. A partir destas premisas, a materia cubre aspectos fundamentais de sensorización, actuación e control, cun enfoque práctico cara á resolución de problemas de maneira autónoma por parte do robot.


Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os elementos dun sistema robótico a nivel hardware e software, e comprender os fundamentos da Intelixencia Artificial aplicada aos robots (embodiment, mundo real, tempo real) AM17
BM1
BM3
CM8
Coñecer os principios de funcionamento dos distintos tipos de sensores e actuadores adaptados aos diferentes contornos de operación. AM17
BM1
BM6
CM3
CM8
Dispoñer dunha visión xeral das diferentes técnicas de control tradicionais en robots intelixentes, así como as tecnoloxías que lles dan soporte. AM18
BM3
CM8
Desenvolver un sistema de control autónomo para a súa operación nun contorno simulado ou real AM18
BM2
BM7
BM9
CM5
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Elementos dun sistema robótico intelixente. Robótica e Intelixencia Artificial
Entorno, embodiment e reality gap
Deseño de robots autónomos
Sensorización e actuación Sensores de distancia, inerciales, cámaras, micrófonos
Actuadores e efectores
Graos de liberdade
Motores, pantallas, altofalantes
Comunicacións
Interacción natural
Robótica basada en coñecemento (deliberativa) Representación do coñecemento
Arquitecturas de control clásicas
Navegación (locomoción)
Robótica basada en comportamentos (reactiva) Sistemas basados en reglas
Lógica borrosa
Arquitecturas subsumidas
Aproximacións híbridas Principais arquitecturas
Robótica cognitiva

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados B2 B7 C3 C7 C8 7.5 30 37.5
Sesión maxistral A18 A19 B1 B6 C8 10.5 0 10.5
Seminario B6 C3 C7 3 6 9
Análise de fontes documentais A18 A19 B1 B3 B9 C5 0 3 3
Proba obxectiva A18 B1 B6 B9 2 12 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballos prácticos de programación nos que se implementarán algunhas das técnicas vistas nas clases teóricas sobre entornos de simulación de robots. Estes traballos serán realizados polos alumnos de forma autónoma e o seu avance será tutorizado polos profesores
Sesión maxistral Exposición oral por parte dos profesores da materia do temario teórico. Poderase hibridizar esta metodoloxía cunha metodoloxía de aprendizaxe colaborativo.
Seminario Clases prácticas de programación nas que se explicarán as ferramentas básicas utilizadas nos traballos tutelados: simulador e librerías de programación
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Neste caso, o profesor exporá a temática para revisar e os estudantes farán a análise de forma autónoma, presentando posteriormente os resultados de maneira oral.
Proba obxectiva Exame individual escrito da parte teórica da asignatura

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
Traballos tutelados: é recomendable o uso de atención personalizada nestas actividades para resolver dúbidas conceptuais ou procedementais que poidan xurdir durante a resolución dos problemas prácticos. Ademais, a atención personalizada centrarase tamén na explicación, por parte do alumno, da solución proposta.

Seminario: o profesor axudará aos estudantes na comprensión das ferramentas prácticas.

Análise de fontes documentais: os estudantes poderán consultar aos profesores sobre os materiais de consulta previamente ás sesións maxistrais

Os alumnos con matrícula a tempo parcial terán unha atención personalizada en todas as metodoloxías anteriores mediante tutorización online.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A18 B1 B6 B9 Proba final de la materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito da parte de teoría.

Criterios de evaluación xerais:
* Respostas correctas e solucións adecuadas ás preguntas da proba.
35
Análise de fontes documentais A18 A19 B1 B3 B9 C5 Poderase realizar unha reunión con cada grupo fóra das horas presenciais para facer unha avaliación da comprensión das fontes documentais, que serán proporcionadas os polos docentes previamente para a súa consulta e comprensión. Esta avaliación realizarase mediante pequenos informes ou presentacións que permitan coñecer de maneira obxectiva o grao de análise realizada. 15
Traballos tutelados B2 B7 C3 C7 C8 Propoñeranse varios traballos prácticos ó longo do curso centrados na resolución de problemas mediante robots autónomos. Estes traballos serán desenvolvidos de forma autónoma por parte do alumno fora das clases e terán que ser defendidos posteriormente. 50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade:

A avaliación da materia constará de dúas partes diferenciadas: teoría (50%) e traballos prácticos (50%). A parte teórica será avaliada mediante unha proba obxectiva e mediante a Análise de fontes documentais realizada durante o curso. A parte práctica avaliarase a partir da solución conseguida aos Traballos Tutelados, que deberán ser presentadas ao final de cada un (puidendo incluír unha memoria). Será necesario aprobar a parte de teoría e a de prácticas por separado para poder aprobar a materia (mínimo de 25% en cada parte).

Segunda oportunidade:

Os alumnos deberán recuperar cada parte suspensa (teoría e-ou práctica). Si unha das dúas partes foi aprobada durante a primeira oportunidade, o alumno poderá optar por gardar a nota correspondente e só recuperar a parte suspensa.

Na segunda oportunidade mantéñense os criterios de nota mínima establecidos na primeira convocatoria.

Oportunidade adiantada

Para esta oportunidade mantéñense os mesmos criterios que para a primeira, debendo o estudante concretar uns prazos de entrega cos profesores da materia.

Alumnos con matrícula a tempo parcial ou dispensa académica 

Poderán acumular o 15% da nota correspondente á Análise de fontes documentais na Proba Obxectiva en culquier convocatoria. Esta modificación deberá solicitarse aos profesores da materia ao comezo do cuadrimestre. Así mesmo, en caso de non poder realizar a presentación oral co resto do alumnado, deberán concretar unha data alternativa cos profesores en todas as convocatorias.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/é/normativa/academica/)


Fontes de información
Bibliografía básica Robin R. Murphy (2019). Introduction to AI Robotics. MIT Press
Nikolaus Correll (2020). Introduction to Autonomous Robots. Magellan Scientific
Maja Mataric (2007). The Robotics Primer. MIT Press

https://open.umn.edu/opentextbooks/textbooks/introduction-to-autonomous-robots

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Visión por Computador I/614544017

Materias que continúan o temario
Sistemas Intelixentes de Tempo Real/614544026
Robótica Intelixente II/614544020

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

• 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

• 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

• 1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías