Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Ciberseguridade Intelixente Código 614544024
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Garabato Míguez, Daniel
Correo electrónico
daniel.garabato@udc.es
Profesorado
Garabato Míguez, Daniel
Correo electrónico
daniel.garabato@udc.es
Web http://udconline.udc.gal
Descrición xeral A materia introduce ao estudante no desenvolvemento de estratexias baseadas en Intelixencia Artificial para a defensa de sistemas informáticos e redes de comunicacións fronte a ataques maliciosos que pretenden o seu control ou acceso á información residente ou circulante neles. Capacitaráselle na prevención, detección, análise e eliminación de ameazas nun contexto de continua evolución. Revisaranse casos de uso tipo da Intelixencia Artificial en escenarios de ciberseguridade.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer técnicas e ferramentas para implementar solucións baseadas en IA que permitan a detección automatizada de vulnerabilidades, ataques, contidos e aplicacións fraudulentas AM8
AM19
AM20
AM22
AM30
BM1
BM6
BM7
BM10
CM5
CM8
Coñecer, comprender e analizar casos reais de aplicación de técnicas de IA en diferentes ámbitos da ciberseguridade AM8
AM19
AM20
AM21
AM22
AM30
BM2
BM4
BM5
BM6
BM7
BM9
BM10
CM5
CM8
CM9
Coñecer técnicas que faciliten a seguridade por deseño e que permitan unha administración segura de sistemas e redes de comunicacións, permitan a xestión de riscos e posibiliten unha recuperación rápida ante eventos de ciberseguridade AM8
AM20
AM21
AM22
AM30
BM1
BM2
BM4
BM5
BM7
BM9
CM8
CM9
Comprender a importancia do concepto de identidade e coñecer técnicas que permitan garantir o acceso aos datos e a súa privacidade AM8
AM21
AM22
AM30
BM1
BM2
BM6
BM7
BM9
BM10
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Teoría - Conceptos e introdución á ciberseguridade.
- Modelos de detección de ameazas e prevención de ataques.
- Detección de contidos e aplicacións fraudulentos.
- Minería de datos en sistemas de xestión de eventos.
- Control de identidade, biometrías e patróns de comportamento.
- Detección de anomalías e agrupamento para a detección de ataques en comunicacións.
- Xestión de riscos en IA, riscos críticos e perfís de normalidade, usos maliciosos e plans de continxencia e recuperación.
Práctica - Uso de ferramentas propias de contornas de ciberseguridade
- Aplicación de técnicas de IA para a resolución de problemáticas propias de ciberseguridade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A9 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B6 B10 C5 C8 10 10 20
Prácticas de laboratorio A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C9 5 15 20
Traballos tutelados A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C9 5 28 33
Proba obxectiva A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B6 B7 B9 B10 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Ademais do tempo de exposición oral por parte do profesor, esta actividade formativa require do alumnado a dedicación dun tempo para preparar e revisar por conta propia os materiais obxecto da clase.
Prácticas de laboratorio Clases dedicadas a que o alumnado desenvolva traballos prácticos que impliquen abordar a resolución de problemas complexos, e a análise e deseño de solucións que constitúan un medio para a súa resolución. Esta actividade pode requirir do alumnado a presentación oral dos traballos realizados. Os traballos realizados polo alumnado poden realizarse, segundo o caso, de forma individual ou en grupos de traballo.
Traballos tutelados Trátase de sesións nas que o obxectivo é que o alumnado adquira determinadas competencias en base á resolución de exercicios, estudo de casos e realización de proxectos que requiran da aplicación dos coñecementos e competencias desenvolvidas durante a materia. Estas sesións poden requirir do alumnado a presentación oral da súa solución aos problemas formulados. Os traballos realizados polo alumnado poden realizarse, segundo o caso, de forma individual ou en grupos de traballo.
Proba obxectiva Exame no que se poderán avaliar tanto os aspectos teóricos como prácticos vistos ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Levarase a cabo un seguimento das prácticas a desenvolver durante as horas reservadas no horario (sesións de laboratorio). Adicionalmente, para abordar aqueles problemas de especial dificultade, tamén se poderán empregar as franxas horarias dispoñibles para a atención do alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C9 Avaliación das prácticas de laboratorio propostas mediante a entrega de memoria e/ou do código desenvolvido.

A entrega destas prácticas é obrigatoria. Terán unha data de entrega e, opcionalmente, de defensa.
40
Proba obxectiva A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B6 B7 B9 B10 Proba escrita onde se avaliarán os contidos e competencias revisados nas sesións maxistrais e os aspectos teóricos da súa posta en práctica levada a cabo na sesión prácticas.

O tipo de proba consistirá nun conxunto de preguntas tipo test ou cuestións de resposta curta sobre conceptos concretos.

Realizarase na data oficial prevista no calendario da titulación.
25
Traballos tutelados A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C9 Avaliación da memoria do traballo (ou traballos) de investigación tutelado, de carácter teórico-práctico, asignado a cada alumno.

Avaliarase a capacidade de síntese e a completitude e adecuada presentación das ideas e conceptos relativos ao tema escollido.

A entrega destes traballos é obrigatoria. Terán unha data de entrega e, opcionalmente, de defensa.
35
 
Observacións avaliación

Para superar (e liberar) tanto os traballos prácticos coma os traballos tutelados requírese acadar un 40% da puntuación máxima prevista para estes elementos de avaliación. Non hai mínimo esixido para a proba obxectiva.

Para superar a materia é preciso acadar os mínimos anteriores (nos traballos prácticos e tutelados) e sumar na nota final ponderada un mínimo de 5 puntos sobre 10.

No caso de non obter o mínimo esixido para superar algunha das partes (traballos prácticos e /ou tutelados), o alumnado terá unha segunda oportunidade na que so entregará os elementos non superados.

No caso de superar parte dos elementos avaliados, pero non acadar o mínimo preciso para aprobar a materia completa, a cualificación a incluír nas respectivas actas calcularase como o mínimo entre a media ponderada das partes superadas e 4.9.

Terá a condición de "Presentado" quen entregue todas as prácticas e traballos obrigatorios ou se presente á proba obxectiva no período oficial de avaliación.

As entregas das prácticas e traballos deben realizarse dentro do prazo establecido, e seguirán as especificacións indicadas no enunciado tanto para a presentación como para a defensa.


Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría e prácticas que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia, fraude académica e igualdade rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


A docencia impartirase en inglés. A docencia expositiva será impartida pola UVigo e retransmitida para todo o alumnado. Haberá un grupo de docencia interactiva específico e presencial en cada universidade (USC-UDC-UVigo).


Fontes de información
Bibliografía básica William Stallings (2018). Effective Cybersecurity: A Guide to Using Best Practices and Standards. Addison-Wesley Professional
Clarence Chio, David Freeman (2018). Machine Learning and Security: Protecting Systems with Data and Algorithms. O'Reilly
Chiheb Chebbi (2018). Mastering Machine Learning for Penetration Testing: Develop an extensive skill set to break self-learning systems using Python. Packt Publisinhg

Bibliografía complementaria Alessandro Parisi (2019). Hands-On Artificial Intelligence for Cybersecurity: Implement smart AI systems for preventing cyber attacks and detecting threats and network anomalies. Packt Publishing


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Aprendizaxe Automática I/614544012
Aprendizaxe Profunda/614544013
Aprendizaxe Automática II/614544014
Coñecemento e Razoamento con Incerteza/614544007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendase ao alumnado, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguimento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías