Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Minería de Procesos Código 614544025
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Varela Rodeiro, Tirso
Correo electrónico
tirso.varela.rodeiro@udc.es
Profesorado
Varela Rodeiro, Tirso
Correo electrónico
tirso.varela.rodeiro@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral O obxectivo da materia é proporcionar os conceptos teóricos e as habilidades prácticas para o desenvolvemento de técnicas intelixentes no ámbito da información proporcionada pola execución dos procesos de negocio co fin de mellorar e optimizar o seu rendemento. A materia abordarase desde un enfoque descritivo, no que se introducirán técnicas que permiten coñecer o que sucedeu e non o que se pensa que sucede; e preditivo, no que se presentarán os principais retos da monitorización preditiva e as técnicas intelixentes que dan resposta a ditos retos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as principais técnicas de descubrimento de procesos e ser capaz de seleccionar a máis axeitada para un dominio dado. AM7
AM13
AM14
AM16
AM28
BM7
BM9
CM5
CM9
Saber aplicar as técnicas de busca e optimización para a verificación da conformidade dun proceso. AM15
AM29
AM30
BM9
CM8
Coñecer e desenvolver solucións baseadas en intelixencia artificial para monitorización preditiva. AM9
AM11
AM16
BM4
BM7
BM10
CM9
Entender e resolver os problemas de optimización en procesos de negocio. AM21
BM5
BM9
CM9
Coñecer e comprender as métricas de calidade dun proceso. AM11
AM22
BM6
CM5
Coñecer os principais problemas que resolve a minería de procesos. AM8
AM19
AM20
AM27
BM1
BM2
BM6
BM7
BM10
CM5
CM8

Contidos
Temas Subtemas
TEORÍA 1. Concepto de proceso.
2. Rexistro de eventos.
3. Indicadores chave de negocio e de proceso.
4. Descubrimento de procesos.
5. Conformidade dos procesos.
6. Analíticas de procesos.
7. Monitorización preditiva.
8. Optimización de procesos.
PRÁCTICAS 1. Análise de rexistros.
2. Descubrimento e análise de procesos.
3. Conformidade de procesos.
4. Monitorización preditiva e optimización.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A9 A14 A15 A16 A20 A21 A31 A30 B2 B4 B5 B9 B10 C8 C9 11 25 36
Sesión maxistral A8 A10 A12 A17 A22 A23 A28 A29 B1 B6 B7 C5 10 25 35
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Están dirixidas a que o alumando adquira destreza na implementación e uso das téncicas de minería de procesos. Expondrase ao alumnado un proxecto que se deberá resolver ao longo da materia. A resolución deste proxecto require a comprensión e a aplicación dos contidos teórico-prácticos incluidos nos contidos da materia.

Polo tanto, nas prácticas de laboratorio seguirase unha metodoloxía de aprendizaxe por proxectos. A asistencia a estas prácticas de laboratorio é OBRIGATORIA.
Sesión maxistral Están dirixidas a explicar os conceptos e as características de minería de procesos, facendo especial énfasis no tipo de problemas que resolve e as distintas clases de técnicas que se poderán aplicar para resolver cada unha delas.
Ademáis, nestas clases farase referencia ao proxecto que se desenvolverá ao longo da materia, resaltando a problemática de cada un dos aspectos que se deberán abordar para resolvelos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Durante as titorías se atenderán as dúbidas que puideran xurdir como parte do desenvolvemento das actividades docentes da asignatura.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A8 A10 A12 A17 A22 A23 A28 A29 B1 B6 B7 C5 Exame no que se demostrará o dominio dos aspectos teóricos da minería de procesos.
Deberase responder a un conxunto de cuestións sobre os conceptos de proceso e dos distintos tipos de analísticas de proceso.
40
Prácticas de laboratorio A9 A14 A15 A16 A20 A21 A31 A30 B2 B4 B5 B9 B10 C8 C9 Realización dun proxecto que partirá desde a explicación do proceso e dos datos que son a entrada ás técnicas de minería de procesos e que o alumnado desenvolverá ao longo da materia. Nas prácticas, o alumnado terá que resolver as preguntas que se planteen en cada momento, usando as técncias máis apropiadas para obter información sobre as analíticas do proceso. 60
 
Observacións avaliación

Se o alumnado realiza a primeira entrega do proxecto, considerarase como presentado na materia.

OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN

Os criterios de avaliación das partes de teoría e práctica na oportunidade de recuperación serán exactamente os mesmos que para a oportunidade ordinaria. Polo tanto, ademáis de superar o exame de teoría e os boletíns, para poder superar a materia será necesario asistir ás sesións prácticas interactivas (cos criterios de asistencia indicados máis abaixo).

CONTROL DE ASISTENCIA

A asistencia ás sesións prácticas interactivas é obrigatoria debido a que nelas se abordan conceptos chave da materia, o control de asistencia realizarase a través de follas de firmas que se deberán encher á finalización de cada unha das desións. Ademáis, se o/a alumno/a asiste a menos do 80% das sesións prácticas interactivas considerarase que non superou a materia.

DETECCIÓN DE COPIA

No caso da realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avalización, revisión e reclamación das cualificación dos estudos de grao e mestrao universitario da Universidade da Coruña.

Normativa: Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf_2063069239.pdf (udc.es)


Fontes de información
Bibliografía básica

1. VAN DER AALST, Wil. Process Mining - Data Science in Action. 2a Edición, Springer 2016. ISBN 978-3-662-49850-7.

2. FLUXICON. https://fluxicon.com/book/read/

3. FERREIRA, Diogo R. A primer on process mining: Practical skills with Python and Graphviz. 2a Edición, Springer 2020. ISBN: 978-3-030-41818-2

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A asitencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria e, ademáis, a participación debería ser activa para así aproveitar de forma adecuada o tempo. Será necesario un tempo adicional para traballar nos seguintes aspectos:

1. Estudo autónomo dos concepto de minería de procesos. O tempo dedicado a este estudio inclúe o necesario para preparar o exame teórico e tamén o tempo que se precisa para entender os conceptos teóricos de forma que se poidan aplicar correctamente á resolución de problemas.

2. Completar o desenvolvemento do proxecto. Este tempo é necesario para que se complete o desenvolvemento do proxecto, máis alá do avance que teña lugar nas sesións de prácticas. Neste tempo poderase interiorizar a forma de resolver o problema exposto, na medida na que as sesión prácticas farase énfasis en entender o problema e os tipos de técnicas que son necesarios para abordalo, mentres que os detalles necesarios para completar o problema deberanse realizar no tempo adicional de traballo práctico.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías