Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Prácticas Académicas Externas Código 614544028
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Vilares Calvo, David
Correo electrónico
david.vilares@udc.es
Profesorado
Vilares Calvo, David
Correo electrónico
david.vilares@udc.es
Web http://https://mia.udc.es/
Descrición xeral O obxetivo da materia de Prácticas Externas (PE) é completar a formación do mestrado con estadías nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A Facultade de Informática (FIC) ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares. O desenvolvemento dunha PE implica: 1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do Mestrado en Intelixencia Artificial que realicen tarefas que poidan desenvolverse mediante a materia de PE. 2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inícianse desde finais do curso anterior. 3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un/ha estudante. 4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor/a profesional do/a estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas. 5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor/a académico/a que supervisará que o/a estudante realice o plan de formación determinado, recibirá os informes do/a titor/a profesional e do/a estudante, e avaliará o realizado polo/a estudante. 6) A definición dun plan de formación onde os/as titores/as da PE definan o alcance do traballo a realizar polo/a estudante. Os créditos de PE poden ser recoñecidos se se acreditan catro meses (e un mínimo de 400 horas) de experiencia profesional relacionada coas competencias do mestrado e son posteriores á data de obtención do título que deu acceso ao mesmo.

As prácticas poden ser realizadas por estudantes a tempo completo que, no momento da solicitude, teñan superado un mínimo do 50% dos créditos (45 ECTS) do total da titulación. No caso de estudantes a tempo parcial, o mínimo requirido é do 25% (23 ECTS).

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Saber usar los conocimientos adquiridos en este Máster en un entorno real AM27
AM28
BM1
BM2
BM4
BM5
BM7
BM8
BM9
CM1
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas externas As prácticas realízanse en empresas ou organización con actividade en IA.

O/a estudante será titorizado/a por un/ha titor/a profesional e outro/a académico/a.

O/a estudante debe entregar informes e unha memoria final.

O/a titor/a profesional debe emitir un informe sobre as actividades realizadas.

O/a titor/a académico/a calificará ao/á estudante tendo en conta o seguimento realizado, a memoria final e o informe do/a titor/a profesional.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A28 A29 B1 B2 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 C9 125 20 145
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC
Realización da práctica en entidades colaboradoras con convenio coa UDC

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A práctica será supervisada polo/a titor/a profesional e polo/a titor/a académico/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A28 A29 B1 B2 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 C9 O/a estudante informará ao/á titor/a académico/a das tarefas que está a realizar.

Ao rematar a práctica, o/a estudante entregará un informe onde enumere e explique en detalle as tarefas realizadas, a contorna tecnolóxica utilizada -ferramentas, estándares e metodoloxías-, evitando as cuestións que poidan considerarse confidenciais. A extensión recomendada é de aproximadamente 10 páxinas.

O/a titor/a profesional entregará un informe avaliando a actividade do estudante.

O/a titor/a académico/a avaliará a práctica e emitirá un informe coa cualificación final.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións. Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías