PRIMEIRA OPORTUNIDADE
As prácticas a través de TIC se avaliarán de xeito continuo.
Para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC, o traballo tutelado, e a presentación oral. Se non se supera algún destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5 e polo tanto estará suspensa.
Todo alumno que non realice a presentación oral ou o traballo tutelado terá a cualificación de NON PRESENTADO.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A calificación das actividades superadas manterase na segunda oportunidade. Do mesmo xeito que na primeira oportunidade, para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC, o traballo tutelado, e a presentación oral. Se non se supera algunha destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5 e polo tanto estará suspensa.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.