Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Computación na Nube para IoT Código 614557003
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Profesorado
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Web
Descrición xeral Desde hai xa uns anos, a Computación na Nube (Cloud Computing) xurdiu como un paradigma de computación distribuída que revolucionou a maneira na que se proven e utilizan os recursos e servizos TIC. A concentración de recursos nos grandes centros de datos dos provedores, o alto grao de automatización e a dispoñibilidade de interfaces abertas accesíbeis a través de Internet, posibilita que os usuarios poidan aprovisionar e liberar os recursos que precisen, cando os precisen e desde calqueira lugar, tirando proveito da seguridade, flexibilidade, elasticidade, pago por uso, etc. que caracterizan ás ofertas de plataformas na nube.
Pola súa banda, a Internet da Cousas (IoT) está a emerxer como un paradigma no que todo tipo de dispositivos físicos van estar conectados á Internet, sendo subceptíbeis de intercambiar información, actuar de maneira autónoma e intelixente, ou realizar accións conxuntas de maneira coordinada, independentemente da súa localización.
A combinación da Computación na Nube e a IoT abre un mundo de posibilidades con numerosas aplicacións como as cidades intelixentes, a IoT industrial, a xestión intelixente da enerxía, os vehículos autónomos, etc. nas que as capacidades da nube para o almacenamento e análise das inxentes cantidades de datos xeradas polos dispositivos IoT son fundamentais, tanto para lles proporcionar capacidades melloradas e intelixencia aos dispositivos, como para xerar coñecemento útil que se incorpore aos sistemas de intelixencia de negocio para dar soporte á toma de decisións estratéxicas.
Nesta materia introdúcense os conceptos básicos sobre a Computación na Nube e cal é o seu rol no ámbito da IoT. Estúdanse as principais plataformas IoT dispoñíbeis na nube, os servizos que proporcionan e analízanse os casos de uso máis relevantes nos que se utilizan.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O alumno coñecerá os fundamentos da computación na nube e a virtualización de servizos. AI14
O alumno coñecerá e aprenderá a utilizar os servizos básicos proporcionados polos principais provedores públicos de Cloud. AI14
AI26
O alumno coñecerá e aprenderá a utilizar as plataformas IoT na nube dos principais provedores públicos de Cloud. AI2
AI5
AI26
O alumno coñecerá cales son os casos de uso máis relevantes nos que a computación na nube se aplica no ámbito da IoT. AI6
AI26
AI37

Contidos
Temas Subtemas
Computación na nube Conceptos xerais
Modelos de servizo
Modelos de despregadura
Analítica de datos na nube: lago de datos
Casos de estudo de servizos na nube
Retos e oportunidades
Plataformas IoT na nube Conceptos xerais
Plataformas IoT xestionadas na nube
Casos de estudo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A14 A26 9 0 9
Prácticas a través de TIC A2 A5 A6 A26 12 36 48
Estudo de casos A6 A26 A37 3 9 12
Proba mixta A2 A5 A6 A26 1 0 1
Proba obxectiva A2 A14 A26 2 0 2
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Estas sesións adicaranse a expor o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade.
Prácticas a través de TIC Os alumnos realizarán sesións prácticas, utilizando principalmente recursos na nube, nas que se familiarizarán desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas sesións maxistrais.
Estudo de casos Análise e estudo de diferentes casos de uso relevantes nos que se aplican as plataformas IoT na nube. Os estudantes deberán identificar os principais servizos utilizados e o seu rol no caso analizado, entender as avantaxes e inconvintes da solución analizada e propor alternativas.
Proba mixta Proba única sobre os contidos do temario tratados nas prácticas e no estudo de casos.
Proba obxectiva Proba única sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.

Para o estudo de casos, o profesor proporcionará as indicacións iniciais necesarias e ofrecerá as orientacións pertinentes para orientar ao estudantado durante a análise e discusión do caso en cuestión.

O profesor proporá un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da materia. Recomendarase aos alumnos o aproveitamento das titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A5 A6 A26 Proba de avaliación das prácticas e estudos de casos. A proba poderá conter preguntas tipo test, de resposta breve ou resolución de exercicios relacionados cos contidos específicos tratados nas prácticas e casos analizados. 40
Prácticas a través de TIC A2 A5 A6 A26 As prácticas consistirán en diferentes actividades de entrega obrigatoria propostas ao longo do período lectivo. O seguimento continuo da materia farase a través da avaliación das entregas destas actividades, que en función do seu nivel de correción e o cumprimento dos prazos de entrega, poden supor até un 20% da nota total.

20
Proba obxectiva A2 A14 A26 Proba de avaliación dos contidos teóricos da materia que se realizará no período reservado no calendario académico para a avaliación. A proba poderá conter preguntas tipo test, de resposta breve ou resolución de exercicios relacionados coas temáticas tratadas nas sesións maxistrais. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para superar a materia serán requisitos indispensábeis:

  • Obter unha cualificación APTA en todas as prácticas obrigatorias que se propoñan.
  • Acadar un mínimo do 40% na nota da proba obxectiva.
  • Acadar un 50% na nota media total, calculada como a media ponderada das notas de prácticas (seguimento continuo e proba de prácticas) e da proba obxectiva.

Condición para cualificación de Non Presentado

Non presentar ningunha práctica e non presentarse a ningunha proba.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OPORTUNIDADES EXTRAORDINARIAS

Seguiranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade, baixo as seguintes condicións:

  • Haberá unha nova data de entrega para as prácticas obrigatorias non entregadas ou cualificadas coma NON APTAS na primeira oportunidade.
  • Conservanse da primeira oportunidade:
    • As prácticas obrigatorias cualificadas como APTAS.
    • As notas do seguimento continuo e da proba de prácticas.
    • A nota da proba obxectiva se acada o mínimo do 40%

REPETIDORAS/ES

Conservaranse durante un curso as prácticas obrigatorias que obteñan unha cualificación de APTA.

OUTROS

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC


Fontes de información
Bibliografía básica
  1. Manvi, S. Shyam, G. (2021). Cloud Computing: Concepts and Technologies. CRC Press. ISBN: 978-1-00-033795-2
  2. Luís Joyanes Aguilar (2022). Computación en la Nube: Estrategias de Cloud Computing en las Empresas, 2ed. Marcombo. ISBN: 978-8-42-673436-5
  3. F. John Dian (2022). Fundamentals of Internet of Things: For Students and Professionals. Wiley-IEEE Press. ISBN: 978-1-119-84731-1
Bibliografía complementaria
  1. Foster, I. and Gannon, D.B. (2017). Cloud Computing for Science and Engineering. The MIT Press. https://cloud4scieng.org/
  2. Luis Joyanes (2021). Internet De Las Cosas. Un futuro hiperconectado: 5G, Inteligencia Artificial, Big Data, Cloud, Blockchain, Ciberseguridad. ALPHAEDITORIAL. ISBN: 9789587786927

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sistemas Embebidos/614557004

Materias que continúan o temario
Big Data para a Sociedade 5.0/614557020
Big Data para o Vehículo Conectado/614557026
Big Data para IIoT/614557016
Enxeñaría de Datos para IoT/614557008

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías