Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Enxeñaría de Datos para IoT Código 614557008
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
miguel.penabad@udc.es
Profesorado
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
miguel.penabad@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo principal desta materia é proporcionar unha introdución aos principais conceptos e tecnoloxías relacionadas coa xestión de datos en contornos de IoT. Nunha primeira parte da materia, o alumnado familiarizarase coa xestión de datos usando a linguaxe SQL. Na segunda parte da materia presentaranse algúns exemplos de tecnoloxías de tipo NoSQL e introducirase a problemática da xestión de datos espaciais e temporais.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O alumnado - Coñecerá os conceptos básicos das bases de datos relacionais e será capaz de usar un sistema xestor baseado en SQL. - Coñecerá os principais retos e solucións relacionados coas arquitecturas de bases de datos distribuídas e paralelas. - Coñecerá os fundamentos dos almacéns de datos e a diferencia entre sistemas OLAP e OLTP. - Coñecerá os principais conceptos relacionados coas bases de datos NoSQL e será capaz de usar algunha das tecnoloxías máis relevantes. - Será capaz de xestionar datos espaciais e temporais de forma eficiente. AI9
AI23
AI31
AI35
AI37

Contidos
Temas Subtemas
Expositivos Bases de datos relacionais e SQL.
Bases de datos paralelas e distribuídas.
Almacéns de datos
Bases de datos NoSQL: Modelado e distribución de datos, consistencia e dispoñibilidade.
Xestión de datos espaciais e temporais
Interactivos Xestión de datos con SQL
Xestión de datos espaciais e temporais con SQL
Uso de bases de datos NoSQL Documentais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A9 A23 A31 A35 A37 8 8 16
Solución de problemas A9 A23 A31 A35 A37 16 16 32
Prácticas a través de TIC A31 A35 A37 0 12 12
Proba mixta A9 A23 3 0 3
Traballos tutelados A9 A23 A31 A35 A37 0 12 12
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas: proporcionarán unha breve introdución aos contidos teóricos. O profesorado fará exposicións apoiándose en material que será distribuído ao alumnado.
Solución de problemas Clases interactivas: Nestas sesións o profesorado axudará ao alumnado a seguir pequenos titoriais de cada unha das tecnoloxías seleccionadas. Ademais, o profesorado acompañará ao alumnado no uso das tecnoloxías seleccionadas para resolver pequenos problemas.
Prácticas a través de TIC Permitirán a avaliación continua: Mediante probas ou entregas periódicas. Avaliarán principalmente aspectos vistos nas clases interactivas.
Proba mixta Avaliación mediante exames: Os exames realizaranse nas datas oficiais que se determinen no calendario. Estes exames terán preguntas e exercicios relacionados cos contidos teóricos e prácticos da materia.
Traballos tutelados Avaliación mediante traballo tutelado (proxecto): Avaliará tanto aspectos das clases expositivas como interactivas. Partindo dun suposto inicial, o alumnado deberá completar unha serie de tarefas prácticas que se documentarán nunha memoria técnica. A avaliación considerará esta memoria e, opcionalmente, poderá requirir dunha exposición por parte do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Atencion (semi) personalizada en prácticas de laboratorio e clases de exercicios, e personalizada en titorías individuais, especialmente para as prácticas de laboratorio e os traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A31 A35 A37 Os problemas propostos polo profesorado serán resoltos de forma individual polo alumnado. A avaliación poderá realizarse mediante probas e/ou entregas de traballos de pequeno tamaño. 30
Proba mixta A9 A23 O exame avaliará tanto contidos de teoría como prácticos. A nota será unha nota individual. 40
Traballos tutelados A9 A23 A31 A35 A37 Será un traballo de maior entidade que os da avaliación continua, podendo ser individual ou realizado en grupo. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario alcanzar como mínimo un 40% da puntuación total tanto avaliación de traballos prácticos (avaliación continua e traballo tutelado) como no exame, alcanzando ademais como mínimo un 5 sobre 10 na media das dúas partes.

Considerarase presentado calquera alumno que presente algún traballo ou se presente ao exame.

Período extraordinario: 

Para a avaliación extraordinaria o alumnado terá a oportunidade de volver a realizar os traballos do período ordinario. No caso da avaliación continua, será unha única proba ou entrega. As porcentaxes de nota será idénticas ás do período ordinario.  Se un alumno se presenta a unha parte, a nota substituíra a anterior (se a houbese), e se non se presenta mantense a nota anterior. Considerarase presentado calquera alumno que realice as probas ou entregas de calquera das 3 partes. 

O alumnado repetidor terá que seguir o mesmo sistema de avaliación que o resto de alumnado, e en ningún caso se manteñen cualificacións entre distintos cursos.


Fontes de información
Bibliografía básica Avi Silberschatz, Henry F. Korth, S. Sudarshan (2010). Database System Concepts, Sixth edition,. McGraw-Hill
Sadalage, Fowler. (2012). NoSQL Distilled: A Brief Guide to the Emerging World of Polyglot Persistence. Addison-Wesley

Bibliografía complementaria Banker K., Bakkum P., Verch S., Garrett D., Hawkins T. (2016). MongoDB in action. Manning
Shashi Shekhar, Sanjay Chawla (2003). patial Databases: A tour. Prentice Hall


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase manter unha comunicación fluída co profesorado e unha actitude participativa nas clases. Tamén se recomenda un traballo semanal constante relacionado coas actividades descritas na metodoloxía. Será recomendable dispoñer dun ordenador persoal portátil no que se poida instalar o software utilizado na materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías