Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Aprendizaxe Automático Código 614557009
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Fontenla Romero, Oscar
Correo electrónico
oscar.fontenla@udc.es
Profesorado
Fontenla Romero, Oscar
Correo electrónico
oscar.fontenla@udc.es
Web http://https://udconline.udc.gal
Descrición xeral Esta materia coordínase dende a Universidade de Santiago, podéndose atopa a súa guía docente no seguinte enlace (na sección 'Programa'): https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/enxenaria-arquitectura/master-universitario-internet-cousas-iot/20242025/aprendizaxe-automatica-19399-18493-2-103888

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título

Contidos
Temas Subtemas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
Trátase de orientar ao alumno naquelas cuestións relacionadas coa materia impartida e que resulten especialmente difíciles para a súa comprensión ou realización. As canles de información e contacto serán o correo electrónico, Moodle e Teams. As titorías individualizadas realízanse nas horas de titoría que estableza o profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumno deberá realizar e aprobar o traballo práctico e titorizado proposto, que supón o 60% da nota final, así como superar o exame final, que constitúe o 40% restante. Para iso será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 na nota global. Ademais, esíxese acadar polo menos un 4 en cada unha das partes avaliadas para que se poida promediar. As preguntas do exame final centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación coas súas competencias e que puidese ser adquiridos polo alumno tanto na parte expositiva como na interactiva.

Debido ao carácter bimestral da materia, non se realizará ningún exame parcial. 

Avaliación extraordinaria:

Só se mantén a nota acadada nas prácticas (traballos prácticos e tutelados) durante o curso e tamén o seu peso na nota final. O alumnado que non acadase a nota de corte nas actividades propostas na convocatoria anterior poderá presentar, en data anterior ao exame final de segunda oportunidade, actividades similares ás non superadas, que serán propostas polo profesorado.

As preguntas do exame final centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación coas súas competencias e que puidese ser adquiridos polo alumno tanto na parte expositiva como na interactiva.

Evaluación de fin de programa ou dispensa académica:

Os alumnos repetidores e/ou con dispensa académica serán examinados nas mesmas condicións que os alumnos da primeira convocatoria.

Non presentado:

O alumno recibirá a cualificación de "non presentado" cando non se realice o exame final.

Realización fraudulenta de exercicios ou probas:

Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na normativa oficial de avaliación do rendemento de cada institución. En particular, no caso de detectarse algunha forma de plaxio nalgunha das probas ou exames, a nota final será de SUSPENSO (0), e darase conta da incidencia ás autoridades académicas correspondentes.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías