Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Sistemas de Transporte Intelixente Código 614557024
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Barral Vales, Valentín
Correo electrónico
valentin.barral@udc.es
Profesorado
Barral Vales, Valentín
Correo electrónico
valentin.barral@udc.es
Web http://estudos.udc.es/gl/subject/4557V01/4557024/2024
Descrición xeral Esta asignatura aborda o estudo e aplicación de tecnoloxías avanzadas para mellorar a eficiencia, seguridade e sustentabilidade dos sistemas de transporte. Profundizarase na comprensión das infraestruturas críticas viarias, portuarias e aeroportuarias, e como estas poden beneficiarse das solucións ITS. Os estudantes aprenderán tamén sobre os sistemas de identificación, sensado, comunicación e seguimento específicos para ITS, así como as arquitecturas e protocolos necesarios para a súa implementación efectiva.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e comprender os fundamentos básicos dos Sistemas de Transporte Intelixente. AI25
AI70
Deseñar e despregar sistemas IoT para ITS. AI37
AI52

Contidos
Temas Subtemas
1.- Introdución aos ITS. Compoñentes, características e tecnoloxías habilitadoras. - Definición de Sistemas de Transporte Intelixente (ITS).
- Compoñentes dos ITS: sensores, actuadores, sistemas de comunicación.
- Tecnoloxías habilitadoras: Internet das Cousas (IoT).
2.- Tecnoloxías IoT para ITS. Sistemas de identificación, sensado, comunicación e seguimento. - Dispositivos IoT en ITS.
- Protocolos de comunicación.
- Técnicas de seguimento e monitorización.
3.- Infraestruturas críticas viarias, portuarias e aeroportuarias. - Definición de infraestruturas críticas
- Características específicas de infraestruturas viarias, portuarias e aeroportuarias
- Importancia da seguridade e a resiliencia
4.- Arquitecturas para ITS e principais protocolos. - Arquitectura de referencia para ITS.
- Protocolos de rede.
- Modelos de comunicación.
5.- Retos dos sistemas ITS. Mobilidade segura, sustentable, intelixente e conectada. - Desafíos na implementación de ITS.
- Estratexias para mobilidade sustentable.
- Tecnoloxías para mellorar a seguridade e conectividade en ITS.
6.- Solucións ITS para contornos reais. - Aplicacións de ITS en cidades intelixentes.
- Desafíos e solucións na implementación de ITS.
- Casos de estudo prácticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A25 A70 12 12 24
Prácticas a través de TIC A37 A52 A70 12 12 24
Proba obxectiva A37 A52 1 12 13
Proba mixta A37 A52 A70 1 12 13
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Conferencias sobre o contido da materia
Prácticas a través de TIC Prácticas TIC para pór en práctica os conceptos apresos nas conferencias
Proba obxectiva Proba final orientada a avaliar a comprensión dos coñecementos expostos nas clases de teoría.
Proba mixta Proba para avaliar os conceptos prácticos e teóricos apresos

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
Os profesores tutelarán aos estudantes e guiaranlles durante as clases prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A37 A52 A70 Avaliación dos resultados obtidos durante as prácticas de TIC 40
Proba mixta A37 A52 A70 Valoración dos coñecementos adquiridos durante as prácticas de TIC. 30
Proba obxectiva A37 A52 Valoración das competencias asimiladas na asignatura. 30
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

As prácticas consistirán en diferentes supostos prácticos que o alumno deberá resolver e describir mediante a entrega dun traballo final. A valoración deste traballo final suporá o 40% da nota.

Por outra banda, efectuarase unha defensa escrita de dito traballo, mediante un test de preguntas relacionadas co mesmo. Este test suporá o 30% da nota.

Sobre os contidos teóricos da materia, efectuarase tamén un test final de preguntas curtas e de desenvolvemento que suporá o restante 30% da nota.

En cada parte o alumno deberá obter unha nota de polo menos 4 sobre 10 para dar por superada a asignatura.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá asistencia ás clases de prácticas.

Segunda oportunidade e convocatorias extraordinarias

Para a segunda oportunidade e convocatorias extraordinarias formularase un test sobre o contido teórico da asignatura (40% da nota final) e unha proba práctica (60% da nota final). Esta proba práctica consistirá en resolver un ou varios supostos prácticos e responder a unha serie de cuestións curtas. Igual que na primeira oportunidade, o alumno deberá obter polo menos un 4 sobre 10 en cada parte para dar por superada a asignatura.

No caso de ter obtido a nota mínima tanto no traballo práctico como no test de defensa na primeira oportunidade, o alumno poderá conservar ditas notas, nese caso para a segunda oportunidade e convocatorias extraordinarias só tería que realizar o test sobre o contido teórico.

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Nicu Bizon, Lucian Dascalescu, Naser Mahdavi Tabatabaei (2014). Autonomous Vehicles: Intelligent Transport Systems and Smart Technologies . Nova Science Pub Inc
Rodolfo I. Meneguette, Robson E. De Grande, Antonio A. F. Loureiro (2018). Intelligent Transport System in Smart Cities . Springer Cham
Asier Perallos, Unai Hernandez-Jayo, Enrique Onieva, Ignacio Julio García Zuazola (2015). Intelligent Transport Systems. Wiley
George Dimitrakopoulos, Lorna Uden, Iraklis Varlamis (2020). The Future of Intelligent Transport Systems. Elsevier

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
IoT no ámbito do Vehículo Conectado/614557023

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías