Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) IoT para UAVs Código 614557025
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Fraga Lamas, Paula
Correo electrónico
paula.fraga@udc.es
Profesorado
Blanco Novoa, Óscar
Fraga Lamas, Paula
Correo electrónico
o.blanco@udc.es
paula.fraga@udc.es
Web http://estudos.udc.es/es/subject/4557V01/4557025/2024
Descrición xeral A materia explorará os fundamentos básicos do IoT aplicado aos vehículos aéreos non tripulados (UAV). Analizaranse aspectos relevantes relacionados co seu deseño e implantación, incluíndo os diferentes subsistemas implicados e as principais arquitecturas de comunicacións. Ademais, examinaranse as aplicacións actuais para comprender mellor o seu uso e potencial.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquisición de coñecementos para comprender, diseñar e desenvolver sistemas IoT para UAVs. AI25
AI37
AI53
AI71

Contidos
Temas Subtemas
Seguridade e regulacións no uso de drones Introducción a IoT para UAVs
Fundamentos básicos de seguridade e regulacións no uso de drones
Arquitectura dos ecosistemas de UAVs Definición
Principais características
Pilotaxe Hardware (sensores e procesado)
Software (piloto automático)
Carga de pago Sensores
Actuadores
Sistemas de comunicacións Mando e control (C2)
Telemetría
Identificación
Arquitecturas de comunicaciones IoT para UAVs Componentes básicos de las arquitecturas de comunicaciones IoT para UAVs
Aplicacións prácticas
Sistemas de terra e integración U-Space Introducción a U-Space
Aplicacións e exemplos
Navegación autónoma Conceptos básicos de navegación autónoma
Aplicacións e exemplos
Ciberseguridade Fundamentos básicos de ciberseguridade para UAVs
Casos de uso prácticos Novos modelos de negocio

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A25 A71 10.5 6.5 17
Prácticas a través de TIC A37 A53 10.5 12.5 23
Traballos tutelados A37 A53 0 12 12
Solución de problemas A25 A71 0 3 3
Proba obxectiva A25 A71 2 12 14
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Preséntase ao alumnado un tema con alcance concreto.
Prácticas a través de TIC Plantéxase ao alumnado un problema ou problemas prácticos cuxa resolución require a comprensión e aplicación dos contidos teórico-prácticos incluídos nos contidos da materia.
Traballos tutelados Plantéxase ao alumnado un traballo a realizar de forma autónoma coa titorización do profesorado.
Solución de problemas Plantéxase ao alumnado unha tarefa sinxela para realizar de forma autónoma baixo a supervisión do profesorado.
Proba obxectiva Proba final orientada a avaliar a comprensión dos coñecementos expostos nas clases de teoría.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
O profesorado realizará titorías e guiará a posta en marcha das prácticas.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas. Asemade, os horarios de titorías poderán adaptarse segundo as necesidades dos ditos alumnos matriculados a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A25 A71 Valoración dos resultados obtidos na resolución de problemas de contido teórico e/ou práctico da materia.

10
Prácticas a través de TIC A37 A53 Valoración dos resultados e coñecementos obtidos nas prácticas desenvolvidas. 20
Traballos tutelados A37 A53 Valoración dun traballo autónomo baseado no contido teórico e/ou práctico da materia. 30
Proba obxectiva A25 A71 Valoración das competencias asimiladas na materia. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

As prácticas consistirán
en exemplos de aplicación da teoría vista nas sesións maxistrais. A súa
valoración farase de xeito continuado, ó remate dos prazos indicados. 

A proba obxetiva
dividirase nunha parte orientada a valorar o nivel de asimilación dos
resultados das prácticas e noutra a valorar o nivel de coñecementos xerais
adquiridos na materia.

Alumnos matriculados a
tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E
CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS

Os alumnos terán a
opción de conservar as notas de prácticas e/ou traballos tutelados obtidas
durante o curso académico e terán que realizar unha proba mixta, establecéndose
a nota nas mesmas porcentaxes aplicadas na primeira oportunidade. O resto do
alumnado (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia) terá que realizar unha proba
mixta (70% da nota) e entregar un traballo tutelado (30% da nota). 

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará
ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.



Tódolos aspectos
relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e
“fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica K. P. Valavanis, G.J. Vachtsevanos (2015). Handbook of Unmanned Aerial Vehicles. Springer Publishing Company
P. G. Fahlstrom, T. J. Gleason, M. H. Sadraey (2022). Introduction to UAV Systems. . Wiley
M. H. Sadraey (2017). Unmanned Aircraft Design: A Review of Fundamentals. Springer

Bibliografía complementaria P. Fraga-Lamas, L. Ramos, V. Mondéjar-Guerra, T. M. Fernández-Caramés (2019). A review on IoT deep learning UAV systems for autonomous obstacle detection and collision avoidance. Remote Sensing, 11(18), 2144
J. Doornbos, K. E. Bennin, Ö. Babur and J. Valente (2024). Drone Technologies: A Tertiary Systematic Literature Review on a Decade of Improvements. IEEE Access, vol. 12, pp. 23220-23239
A. N. Wilson, A. Kumar, A. Jha and L. R. Cenkeramaddi (2022). Embedded Sensors, Communication Technologies, Computing Platforms and Machine Learning for UAVs: A Review. IEEE Sensors Journal, vol. 22, no. 3, pp. 1807-1826
T. M. Fernández-Caramés, O. Blanco-Novoa, I. Froiz-Míguez, P. Fraga-Lamas (2019). Towards an autonomous industry 4.0 warehouse: A UAV and blockchain-based system for inventory and traceability applications in big data-driven supply chain management. Sensors, 19(10), 2394


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia cumprirá coas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, respectando a perspectiva de xénero (e.g., buscarase usar linguaxe non sexista).

Seguiranse as indicacións do Green Campus en temas de sostibilidade, incluíndo:

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
    • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
    • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías