Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Arquitecturas de Altas Prestacións Código 614973101
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Andrade Canosa, Diego
Correo electrónico
diego.andrade@udc.es
Profesorado
Andrade Canosa, Diego
Touriño Dominguez, Juan
Correo electrónico
diego.andrade@udc.es
juan.tourino@udc.es
Web http://aula.cesga.es
Descrición xeral Mediante esta materia preténdese completar os coñecementos sobre arquitecturas de altas prestacións, para elo trátanse as arquitecturas paralelas modernas tanto desde o punto de vista funcional como de deseño. Estes coñecementos facilitarán ao alumno o desenvolvemento de algoritmos paralelos correctos e eficientes en base ás características arquitectónicas dos sistemas utilizados. As materias relacionadas coa programación vanse ver, por tanto, claramente beneficiadas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O alumno coñecerá os distintos tipos de arquitecturas paralelas e a súa clasificación. AP1
AP3
BP1
BP5
CP1
O alumno coñecerá os conceptos básicos de organización e deseño dunha arquitectura paralela tanto a nivel de microarquitectura como de sistemas multiprocesador. AP2
AP8
BP2
BP4
BP6
O alumno coñecerá os principios de deseño e dos principais compoñentes dun sistema multiprocesador. AP2
AP3
AP8
BP1
BP3
BP7
BP9
BP10
CP1
O alumno aprenderá a analizar as prestacións dunha arquitectura paralela. AP2
AP4
AP8
BP4
BP7
BP9
CP1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Computadores paralelos - Breve Introdución Histórica
- Niveis de paralelismo: dende a microarquitectura ata os supercomputadores
- Clasificación
Tema 2. Deseño de multiprocesadores, multinúcleo e many-core - Introdución
- Características arquitectónicas dos sistemas multiprocesador, multinúcleo e many-core
- Organización do sistema de memoria
Tema 3. Coherencia de la caché - Protocolos de coherencia caché
- Protocolos de snooping (arquitecturas UMA)
- Protocolos baseados en directorios (arquitecturas CC-NUMA)
Tema 4. Sincronización e consistencia de memoria en multiprocesadores - Primitivas de sincronización
- Soporte hardware para sincronización
- Implementaciones software de sincronización
- Modelos de consistencia de memoria
- Comparación entre os modelos de consistencia
Tema 5. Redes de interconexión - Tipos de redes
- Compoñentes básicos dunha rede: ligazóns, encaminadores e interfaces de rede
- Parámetros de rendemento
- Espazo de deseño en redes de interconexión: Clasificación, topología, técnicas de conmutación, algoritmos de encaminamiento, control de fluxo, bloqueos
- Avaliación de prestacións en redes de interconexión
Tema 6. Sistemas distribuídos: clústers Introdución ás arquitecturas clúster
- Arquitectura dun cluster
- Nodos
- Redes de interconexión
- Software
- Paquetes de ferramentas
- Aplicacións das arquitecturas clúster: Alta produtividade, alto rendemento e alta dispoñibilidade
-Planificación e abalo da carga
Tema 7. Introdución á análise de rendemento. - Análise de rendemento: motivación.
- Conceptos básicos sobre a análise do rendemento.
- Caracterización e detección de problemas de rendemento.
- Aspectos arquitectónicos que inflúen no rendemento.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A3 B1 B5 22 0 22
Solución de problemas A2 A4 B2 B6 B10 C1 24 24 48
Traballos tutelados A8 B3 B4 B7 B9 0 72 72
Proba mixta B4 B7 2 0 2
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O estudante debe leer o material editado electrónicamente polo profesor utilizado nas sesións da modalidade presencial, xunto con algunha referencia bibiliográfica adicional recomendada para algún tópico específico.
Solución de problemas Realizaranse traballos prácticos, ben mediante resolución de problemas ou ben a nivel programación) para apoiar os contidos vistos na sesión maxistral. A resolución destes traballos será avaliada en clases de titorías cos alumnos.
Traballos tutelados Os estudantes elaborarán en grupo ou individualmente traballos dirixidos sobre unha temática específica da materia. A resolución destes traballos será avaliada en clases de titorías cos alumnos.
Proba mixta O profesor pode adicar un tempo a preguntar aos estudantes sobre as súas prácticas e traballos tutelados para complementar a avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Prácticas de laboratorio:
Análisis co estudante do traballo práctico, e defensa da súa práctica en horas de titoría.

Traballos tutelados:
Guía do estudante para a realización do traballo tutelado asignado, verificando periódicamente que estánse a cubrir os obxectivos planificados. Resultados avalianranse en horas de titoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A2 A4 B2 B6 B10 C1 Valórase o correcto funcionamento, a estructuración do código, e aa comprensión dos conceptos traballados. Tamén valórase a participación activa do estudante durante as sesións de prácticas. 39
Traballos tutelados A8 B3 B4 B7 B9 No caso de desenvolvemento de código, valoranse os mesmos aspectos que nas prácticas. No caso de traballos escritos, valorase a capacidade de comprensión e síntesis sobre o tema proposto, e a calidade da presentación. 59
Proba mixta B4 B7 Tanto no caso das prácticas como dos traballos tutelados o profesor pode facer preguntas concretas aos estudantes que poden complementar a avaliación. 2
 
Observacións avaliación

Consiste nunha avaliación continua baseada na realización de traballos
académicamente dirixidos (60%) e prácticas e seguemento da
participación activa durante as titorías (40%).

Avaliación
convocatoria ordinaria (Xaneiro): Se realizará segundo a avaliación
continua detallada máis arriba. Non haberá exame da asignatura.

Avaliación
convocatoria extraordinaria (Xullo): Para superar a avaliación continua
será necesario entregar os traballos académicamente dirixidos e
prácticas que se teñan suspendido durante a convocatoria ordinaria. Non
haberá exame.

NON PRESENTADO
Se considerará non presentado o alumno que non teña entregado ningún dos traballos tutelados e prácticas.

Durante
os procesos de avaliación os profesores poden solicitar ós estudantes
que se identifiquen pedindo a presentación do DNI ou pasaporte, ou
facendo os controis previos ou posteriores que consideren oportunos. A
aqueles alumnos que presenten traballos ou realicen probas de avaliación
de xeito non presencial, se lles poderá solicitar tamén a firma dixital
dos mesmos e/ou a declaración xurada sobre a autoría dos mesmos.

















* Alumnos
matriculados a tiempo parcial: Se dotará de flexibilidad horaria a los alumnos
matriculados a tiempo parcial para la realización de las prácticas/trabajos de
la asignatura usando para ello las horas de tutorías de los profesores.

** Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC

Fontes de información
Bibliografía básica

Dado que se tratan de reflectir non soamente os fundamentos da arquitectura de supercomputadores senón tamén os avances máis recentes, moita da información bibliográfica consultarase en artigos publicados en revista e dispoñibles online e noutras fontes de consulta dispoñibles online. A bibliografía básica necesaria para seguir cada parte da materia a irá indicando o profesor durante as clases.

Bibliografía básica. Os libros polos que se segue máis directamente partes da materia son:
1. Arquitectura de Computadores, Xullo Ortega, Mancia Anguita e Alberto Prieto. Thompson. 2005.
2. High Performance Cluster Computing, Rajkumar Buyya, ed., Prentice Hall PTR, 1999. ISBN 0-13-013784-7, 0-13-013785-5.

Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria. Os seguintes son libros que permiten consultar máis en profundidade algúns contidos:
1. Parallel Computer Architecture, David E. Culler, Jaswinder Pal Singh e Anoop Gupta. Morgan Kaufmann Publishers. 1999.
2. In Search of Clusters, 2ª ed., Gregory Pfister, Prentice Hall, 1998, ISBN: 0138997090.
3. Organización e Arquitectura de Computadores (7ª edición), W. Stallings. Prentice Hall. 2007.
4. Computer Architecture: a Quantitative Approach (6ª edición), John L. Hennessy e David A. Patterson. Morgan Kaufmann Publishers. 2017.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Programación Paralela/614473102

Materias que continúan o temario
Programación de Arquitecturas Heteroxéneas/614473103
HPC na Nube/614473106
Programación Paralela Avanzada/614473107

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías