Análise de fontes documentais |
A8 B1 B3 B5 C2 C4 C5 |
Durante o cuadrimestre, os profesores farán un seguimento da participación activa dos alumnos. |
10 |
Primeira oportunidade (ordinaria - maio): · Avaliación dos traballos academicamente dirixidos: 90% da nota final · Seguimento continuado e obxetivable dunha participación activa: 10% da nota final Segunda oportunidade (extraordinaria - xullo): · Avaliación dos traballos academicamente dirixidos: será necesario presentar os traballos academicamente dirixidos que non se presentaron na convocatoria ordinaria, e volveranse a presentar, tras as modificacións oportunas indicadas polos profesores, aqueles que non recibisen unha cualificación mínima necesaria para aprobar na devandita convocatoria. 90% da nota final · Seguimento continuado e obxetivable dunha participación activa: o alumno conservará a nota obtida neste apartado na convocatoria ordinaria, xa que para a convocatoria extraordinaria non se planifican novas actividades. 10% da nota final Non presentado: Considerarase non presentado o alumno que non entregase ningún dos traballos tutelados e non participase nas actividades propostas. Durante os procesos de avaliación os profesores poden solicitar aos estudantes que se identifiquen pedindo a presentación do DNI ou pasaporte, ou facendo os controis previos ou posteriores que consideren oportunos. A aqueles alumnos que presenten traballos ou realicen probas de avaliación de forma non presencial, poderáselles solicitar tamén a firma dixital dos mesmos e/ou unha declaración xurada sobre a autoría dos mesmos.
|