Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os aspectos básicos dos sistemas operativos. |
A4
|
B3
|
|
Comprensión do funcionamento básico dun computador, e de cómo representa a información internamente. |
A4 A5
|
B3
|
|
Capadidade para manipular bases de datos relacionais a nivel de usuario avanzado |
A4 A5
|
B3
|
|
Coñecer os aspectos básicos dos diferentes paradigmas de programación |
A4
|
|
|
Coñecer os fundamentos das redes de comunicacións |
A4 A5
|
B3
|
C2 C3
|
Coñecer os aspectos máis relevantes da profesión de enxeñeiro/a en informática. |
|
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Principios da arquitectura de computadores |
Representación da información
Historia do hardware computacional
Arquitectura dun computador |
Principios dos Sistemas de Xestión de Bases de Datos e Introdución aos Sistemas Operativos |
Introdución aos Sistemas Operativos
Introdución aos Sistemas de Xestión de Bases de Datos
Introdución ao modelo relacional
Introdución ao SQL |
Principios de Redes de Comunicacións |
Redes: Introdución ás Redes de Comunicacións. Cableado e Topoloxías. O modelo OSI. Conceptos básicos de Ethernet. Conceptos básicos de TCP/IP. Configuración de dispositivos finais. Funcionalidade básica de dispositivos de red: Switches e Routers.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A5 B3 C7 |
30 |
30 |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A4 C2 C3 |
30 |
48 |
78 |
Proba mixta |
A4 A5 B3 C7 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
9 |
0 |
9 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases teóricas de aula. Nelas exporanse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen.
|
Prácticas de laboratorio |
Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas. Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as competencias procedimentais. |
Proba mixta |
Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Estímase que entre o alumnado pode haber diferencias notables en canto aos seu coñecementos sobre contidos específicos da materia, polo que se desenvolverá unha atención personalizada tanto en clase de prácticas como nas de teoría.
Durante as clases os/as alumnos/as poderán presentar cuestións, dúbidas, etc. O profesor/a, atendendo a estas solicitudes, repasará conceptos, resolverá novos problemas ou utilizará calquera actividade que considere axeitada para resolver as cuestións plantexadas.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A4 A5 B3 C7 |
Tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE será OBRIGATORIO superar unha proba escrita que suporá o 60% do global da nota.
Para superar dita proba mixta, cómpre conseguir como mínimo 2.4 puntos sobre 6 (é dicir, o 40% da nota máxima da Proba Mixta).
- Puntuación máxima: 6.0 puntos
- Nota mínima: 2.4 (sobre 6.0) |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A4 C2 C3 |
Realizaranse varias prácticas ao longo do curso que serán avaliadas.
- Puntuación máxima: 4.0 puntos
- Nota mínima: non requerida
|
40 |
|
Observacións avaliación |
Os/as alumnos/as deberán conseguir como mínimo un 5 sobre 10 ao sumar as súas notas correspondentes á proba mixta e ás prácticas de labotarorio. Será ademáis obrigatorio, obter como mínimo o 40% da nota máxima na proba mixta. En caso contrario, non se superará a asignatura aínda que a nota final do/a estudiante (incluíndo prácticas e proba mixta) sexa >=5. Neste caso, a nota máxima GLOBAL na materia será como máximo 4.9 e, polo tanto, a materia considerarase SUSPENSA. - Primeira oportunidade: - Proba mixta: [60%]: Carácter obrigatorio: Os/as estudantes deberán realizar unha proba-mixta que incluirá contidos de cada bloque/tema da materia.
- Prácticas de laboratorio: [40%]: Carácter opcional: Os/as estudantes que, ao longo do primeiro cuadrimestre, non realicen algunha das probas avaliables correspondentes ás "prácticas de laboratorio" (por exemplo, os/as que non asistan a clase o día da proba), recibirán un "cero" na proba correspondente, pero poderanse presentar igualmente á proba mixta e superar a asignatura na primeira oportunidade.
- Segunda oportunidade: Durante a segunda oportunidade será posible recuperar o 100% da nota tanto das prácticas de laboratorio como da proba mixta. - Proba mixta: [60%]: é obrigatoria a súa realización. Non se garda a nota da primeira oportunidade.
- Prácticas de laboratorio: [40%]: Consérvanse as cualificacións da primeira oportunidade, pero é posible realizar un exame de prácticas opcional (asociado á proba mixta) para recuperar a máxima nota (isto supón renunciar á nota “de prácticas” acadada na primeira oportunidade).
- Atención a estudantes con matrícula a tempo parcial: De darse o caso de que ao longo do primeiro cuadrimestre non puidesen asistir, no horario que lle corresponda ao seu grupo, a algunha das probas avaliables (ex. "prácticas de laboratorio"), e sempre que o comuniquen coa suficiente antelación para integralos nalgún dos outros grupos existentes, tratarase de facilitarlles o cambio de data da proba. -Copia e/ou plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, será penalizada de acordo co establecido no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Wendell Odom (2013). CCENT/CCNA ICND1 100-101 Official Cert Guide. Cisco Press
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2011). Database System Concepts (6th ed). McGraw-Hill
Vicente Trigo Aranda (2010). Del ábaco a Internet. Creaciones Copyright
Elmasri, Ramez.; Navathe, Shamkant B. (2017). Fundamentals of Database Systems (7th edi). Pearson
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2006). Fundamentos de Bases de Datos. Mc Graw Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos. Addison-Wesley
Miles J. Murdocca; Vincent P. Heuring (2002). Principios de arquitectura de computadoras. Prentice-Hall
Allen B. Tucker, Robert E. Noonan (2001). Programming Languages: Principles and Paradigms. Mc Graw Hill
Ernesto Ariganello (2009). Reces Cisco. Guía de Estudio para la Certificación CCNA Routing y Switching. RA-MA
Carretero et al. (2007). Sistemas Operativos, una visión aplicada (2ª ed). Mc Graw Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
W. Stallings (2004). Comunicaciones y Redes de Computadores. Pearson - Prentice Hall
Andrew S. Tanenbaum (2009). Modern Operating Systems (3rd ed). Pearson-Prentice Hall
M. Meyers (2009). Redes. Administración y mantenimiento. Anaya
Andrew S. Tanenbaum (2009). Sistemas Operativos Modernos (3ª ed). Prentice-Hall |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Fundamentos dos Computadores/614G01007 | Estrutura de Computadores/614G01012 | Bases de Datos/614G01013 | Sistemas Operativos/614G01016 | Redes/614G01017 |
|
Observacións |
Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (ex. uso de linguaxe non sexista...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influir na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. En definitiva, tratarase de detectar situacións de discriminación (incluindo a discriminación por razón de xénero) e de propor accións e medidas para corrixilas. |
|