Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os fundamentos físicos e electrónicos dos compoñentes dun sistema computador. |
A2
|
B1 B3
|
C2 C6
|
Coñecer o funcionamento básico da instrumentación electrónica analóxica e dixital. |
A2
|
B1 B3
|
C2 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Circuitos eléctricos |
1.1 Conceptos básicos de electricidade. Lei de Ohm.
1.2 Fontes de tensión e de corrente. Potencia.
1.3 Circuítos eléctricos. Regras de Kirchhoff.
1.4 Teoremas de Circuítos. |
Tema 2. Carga e descarga do condensador. Amplificadores |
2.1 Formas de Onda. Valores fundamentais.
2.2 Comportamento dos parámetros do condensador en función do tempo.
2.3 Circuito R-C no dominio do tempo.
2.4 Circuitos R-C integrador e diferenciador.
2.5 Fundamentos de amplificadores. |
Tema 3. Díodos semicondutores |
3.1 Principios físicos dos dispositivos semicondutores.
3.2 Unión p-n.
3.3 Característica V-I do díodo. Modelos lineais do díodo.
3.4 Díodos de avalancha. Díodos LED. Fotodíodos. |
Tema 4. O transistor
|
4.1 O transistor unipolar MOSFET.
4.2 Características V-I en fonte común.
4.3 Rexións de funcionamento e modelos equivalentes lineais.
4.4 O transistor MOSFET en amplificación e en conmutación. |
Tema 5. Circuítos lóxicos |
5.1 Introdución. Características xerais dos circuítos dixitais.
5.2 Inversor CMOS.
5.3 Portas CMOS.
5.4 Familias CMOS. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 B1 B3 C2 C6 |
30 |
42 |
72 |
Prácticas de laboratorio |
A2 B1 B3 C2 C6 |
20 |
30 |
50 |
Solución de problemas |
A2 B1 B3 C2 C6 |
10 |
14 |
24 |
Proba mixta |
A2 B1 B3 C2 C6 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais, exporanse os contidos teóricos mediante presentacións orais apoiadas con medios audiovisuais e encerado. Ademais, utilizaranse abundantes exemplos e resolveranse problemas prácticos. Esta metodoloxía inclúe a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para promover a aprendizaxe e a construción do coñecemento. |
Prácticas de laboratorio |
Nas prácticas de laboratorio, o alumnado desenvolverá actividades prácticas enfocadas na análise de circuítos. Utilizarán placas electrónicas, equipos de instrumentación e software de medida e simulación de circuítos. Esta metodoloxía permite ao estudantado aplicar os conceptos teóricos nun contorno práctico, facilitando unha aprendizaxe máis profunda e unha comprensión integral dos sistemas electrónicos. |
Solución de problemas |
O alumnado participará activamente na resolución de problemas propios da tecnoloxía electrónica, que estarán relacionados cos casos prácticos tratados no laboratorio. Estes problemas enfocaranse na análise de circuítos eléctricos e electrónicos, así como na comprensión do funcionamento de circuítos electrónicos básicos, incluíndo portas lóxicas. Ademais, o alumnado abordará exercicios deseñados para reforzar a comprensión dos conceptos fundamentais. |
Proba mixta |
A proba mixta será unha actividade final de carácter avaliador na que o alumnado deberá demostrar o seu coñecemento mediante unha combinación de preguntas teóricas e a resolución de problemas. Esta proba escrita permitirá realizar un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos ao longo da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
|
Descrición |
A atención personalizada aplicarase ás tres metodoloxías docentes: sesión maxistral, prácticas de laboratorio e resolución de problemas. Esta atención consistirá en guiar e titorizar o proceso de aprendizaxe nas distintas actividades, co obxectivo de facilitar que o alumnado comprenda de xeito significativo a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente. Ademais, búscase motivar ao alumnado e fomentar a súa participación activa no proceso de ensino-aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A2 B1 B3 C2 C6 |
Avaliación continua, con realimentación por parte do profesorado, do traballo realizado polo alumnado nas prácticas de laboratorio. |
30 |
Solución de problemas |
A2 B1 B3 C2 C6 |
Avaliación continua, con realimentación por parte do profesorado, do traballo realizado polo alumnado nas sesión de solución de problemas. |
20 |
Proba mixta |
A2 B1 B3 C2 C6 |
A proba mixta consistirá en dar resposta por escrito a unha combinación de preguntas teóricas e a resolución de problemas. Realízase nas datas fixadas no calendario de exames do centro. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Primeira oportunidade O alumnado que non realice a proba mixta será cualificado como "non presentado". A nota total (0 a 10 puntos) obtense da suma das notas das prácticas de laboratorio (0 a 3 puntos), solución de problemas (0 a 2 puntos) e da proba mixta (0 a 5 puntos). Para superar a asignatura é necesario que se cumpran as dúas condicións seguintes: 1) A nota total é maior ou igual ao 50% (5 puntos da nota total). 2) A nota da proba mixta é maior ou igual ao 15% (3 puntos sobre 10 da nota da proba mixta). En caso contrario, a nota total dividirase á metade. Segunda oportunidade Somente se avaliará a proba mixta na data indicada no calendario de exames do centro. As condicións da cualificación como "non presentado" e para superar a asignatura son as mesmas que na primeira oportunidade. Oportunidade adiantada Mesmas condicións que no caso da segunda oportunidade. Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente na UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). . |
- Nahvi, Mahmood, and Joseph A. Edminister. Circuitos eléctricos y electrónicos. 4a ed., McGraw-Hill, 2005. [URL]
- Hambley, Allan R. Electronica. 2a ed., Prentice-Hall, 2008. [URL]
|
Bibliografía complementaria
|
|
- Brégains, Julio Claudio, and Paula María Castro Castro. Electricidad básica: problemas resueltos. Starbook, 2012. [URL]
- Brégains, Julio Claudio, and Paula María Castro Castro. Electrónica básica: problemas resueltos. Starbook, 2013. [URL]
- Boylestad, Robert L. Introducción al análisis de circuitos. 13a ed., Pearson, 2017. [URL]
- Scott, Donald E. Introducción al análisis de circuitos: un enfoque sistemático. McGraw-Hill, 1988. [URL]
- Sedra, Adel S., and Kenneth C. Smith. Circuitos microelectrónicos. 5a ed., McGraw Hill, 2006. [URL]
- Malvino, Albert Paul, and David J. Bates. Principios de electrónica. 7a ed., McGraw-Hill, 2007. [URL]
- Boylestad, Robert L., and Louis Nashelsky. Electrónica: teoría de circuitos y dispositivos electrónicos. 10a ed., Prentice Hall, 2009. [URL]
- Boylestad, Robert L., et al. Electrónica: teoría de circuitos y dispositivos electrónicos. 11a ed., Pearson Educación, 2018. [URL]
- Malik, Norbert R. Circuitos electrónicos: análisis, simulación y diseño. Prentice Hall, 1996. [URL]
- Rashid, Muhammad H. Circuitos microelectrónicos: análisis y diseño. Paraninfo, 2002. [URL]
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|