Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o funcionamento básico dos bloques funcionais dun computador (procesador, memoria,
E/S, etc.) |
A5 A15
|
B3 B7
|
C2 C4 C6
|
Saber realizar deseños básicos de compoñentes dun computador utilizando sistemas dixitais |
A15 A31
|
B1 B3 B7 B9
|
C2 C4 C6
|
Aprender a programar a baixo nivel un procesador mediante unha linguaxe ensambladora |
A5
|
B1 B9
|
C2 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. Sistemas Dixitais |
1. Introdución aos sistemas dixitais.
2. Sistemas combinacionais.
2.1. Sumadores e restadores.
2.2. Comparadores.
2.3. Multiplexores e demultiplexores.
2.4. Codificadores, decodificadores, conversores de código.
2.5. ALU.
3. Sistemas secuenciais.
3.1. Biestables RS e D.
3.2. Síntese de circuítos secuenciais síncronos.
3.3. Contadores.
3.4. Rexistros.
3.5. Memorias.
|
II. Estrutura, Organización e Funcionamento de Bloques Funcionais Básicos |
4. O repertorio de instrucións.
5. Repertorio de instrucións do procesador MIPS.
6. Deseño da unidade central de proceso.
6.1. Construción do camiño de datos.
6.2. Deseño da unidade de control.
6.3. Control microprogramado.
6.4. Temporización.
7. Procesamento de excepcións.
8. Sistema de entrada/saída. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
10 |
17 |
27 |
Prácticas de laboratorio |
A5 A15 A31 B1 B3 |
20 |
28 |
48 |
Sesión maxistral |
A5 A15 A31 B7 C2 |
30 |
30 |
60 |
Proba obxectiva |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
3 |
6 |
9 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
Proporanse aos/ás estudantes problemas para resolver como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de problemas. Faranse controis escritos ao longo do curso para avaliar o progreso dos estudantes. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1, B3, B7 e B9 en relación ás competencias A5, A15 e A31.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición das competencias transversais C4 e C6.
A oferta dun grupo con docencia en inglés contribúe á adquisición da competencia C2. |
Prácticas de laboratorio |
Actividade que permite aos/ás estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1 e B3 en relación ás competencias A5, A15 e A31.
A existencia dun grupo con docencia en inglés facilita a adquisición da competencia C2. |
Sesión maxistral |
Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas. Estes contidos, centrados nas competencias A5, A15 e A31, están apoiados por bibliografía en castelán e tamén en inglés para contribuír á consecución da competencia C2. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia.
A existencia dun grupo con docencia en inglés reforza a consecución da competencia C2 dos alumnos que o escollan. |
Proba obxectiva |
Ao remate do cuadrimestre haberá un exame final que avaliará o temario non tratado nos controis parciais. A proba fará particular énfase nas competencias A5, A15, A31, B1 e B3, pero sen descuidar a avaliación do resto de competencias, tanto xerais (B7 e B9) como transversais (C2, C4 e C6).
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos/ás estudantes na realización dos problemas propostos e para as prácticas de laboratorio. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que van realizando. Por outra banda, recomendarase aos/ás estudantes a asistencia a titorías como método de axuda.
Os/ás estudantes con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. Se teñen concedida a dispensa académica de asistencia a clase só necesitan realizar as prácticas correspondentes á avaliación continua da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
Proporanse problemas para traballo persoal e avaliarase a súa resolución a través de controis escritos durante o curso. Con estes controis preténdese avaliar as competencias B1, B3, B7 e B9 en relación ás competencias A5, A15 e A31, sen descoidar a súa relación coas competencias transversais C4 e C6.
Os controis escritos do grupo de docencia en inglés faranse nesta língua, contribuíndo a avaliar a adquisición da competencia C2. |
30 |
Prácticas de laboratorio |
A5 A15 A31 B1 B3 |
Avaliaranse as prácticas realizadas polos/as estudantes durante o desenvolvemento delas nas sesións de laboratorio. Cos resultados destas prácticas búscase avaliar as competencias B1 e B3 en relación ás competencias A5, A15 e A31. |
30 |
Proba obxectiva |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia que non foron tratados nos controis realizados durante o curso. Con este exame avaliaranse principalmente as competencias A5, A15, A31, B1 e B3.
Aos/ás estudantes do grupo de docencia en inglés faráselles esta proba obxectiva nesta lingua, contribuíndo a avaliar a adquisición da competencia C2. |
40 |
|
Observacións avaliación |
- Para poder aprobar a materia na primeira oportunidade será necesario ter unha nota total (prácticas máis controis parciais máis exame) igual ou superior ao 50% da nota máxima, ademais de ter unha cualificación superior ao 25% da nota total en cada unha das metodoloxías avaliadas (prácticas, controis parciais e exame final). No suposto de non acadar a nota mínima nalgunha das metodoloxías, anularase a nota maior das tres para o cálculo da nota final.
- Na segunda oportunidade o exame será sobre todo o temario correspondendo ao 70% da nota. Non se terán en conta os controis parciais do curso. As
notas de prácticas serán as obtidas durante o curso. Para os/as estudantes que utilicen a oportunidade adiantada de decembro utilizaranse as notas de prácticas que obtiveran no seu
último curso. Nesta oportunidade será necesario para aprobar obter unha nota total igual ou superior ao 50% da nota máxima, sumadas a nota do exame e a nota de prácticas.
- As/os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. As/os que teñan concedida a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase só terán que realizar as prácticas correspondentes á avaliación continua e poderán escoller o horario que máis lles conveña entre os dispoñibles para a realización dos controis escritos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
David A. Patterson, John L. Hennessy (2014). Computer organization and design : the hardware/software interface. Morgan Kaufmann Publishers
David M. Harris, Sarah L. Harris (2013). Digital Design and Computer Architecture. 2nd ed.. Morgan Kaufmann Publishers
Thomas L. Floyd (2009). Digital Fundamentals (10th Edition). Pearson International Edition
Javier García Zubía (2003). Problemas resueltos de electrónica digital . Thomson
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2015). Problemas resueltos de estructura de computadores (2ª ed.). Paraninfo |
|
Bibliografía complementaria
|
David M. Harris & Sarah L. Harris (2013). Digital Design and Computer Architecture. Morgan Kaufmann Publishers
Miles J. Murdocca y Vicent P. Heuring (2002). Principios de arquitectura de computadoras. Prentice Hall |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Informática Básica/614G01002 | Matemática Discreta/614G01004 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Tecnoloxía Electrónica/614G01005 |
|
Materias que continúan o temario |
Estrutura de Computadores/614G01012 |
|
Observacións |
- Recoméndase utilizar as horas de titorías dos/as profesores/as que correspondan aos grupos de problemas para consultas ou resolución de dúbidas sobre os exercicios da materia.
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero
nesta materia (usarase linguaxe non sexista, procurarase utilizar
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención
en clase de alumnos e alumnas...).
- Traballarase para
identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, racistas ou
xenófobas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións
de discriminación por razón de xénero, identidade de xénero, orixe,
etc., e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
|