Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento e comprensión dos conceptos, principios e teorías básicas relacionadas coas bases de datos relacionais. |
A18
|
B3
|
C7
|
Capacidade de modelar e deseñar bases de datos relacionais co obxectivo de permitir o almacenamento da información necesaria para dominios de aplicación concretos, tendo especial coidado coa integridade dos propios datos e as necesidades da organización á que está destinada a base de datos. |
A18
|
B1 B3 B4
|
C3 C6
|
Capacidade de administrar e utilizar bases de datos relacionais mediante a execución de sentencias SQL. |
A18 A19
|
B1 B3
|
C3 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bases de datos relacionais |
Linguaxe SQL: consultas avanzadas, DDL, vistas |
Deseño de Bases de Datos |
Problemas de deseño (anomalías)
Fases de deseño
Normalización
Deseño conceptual
Paso de ER a modelo Relacional
|
Sistemas de ficheiros |
Ficheiros
Índices
|
Concurrencia e recuperación ante fallos |
Problemas debidos á concurrencia e fallos
Transaccións
Técnicas de recuperación ante fallos
Técnicas de control da concurrencia |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A18 A19 C6 C7 |
22 |
22 |
44 |
Solución de problemas |
A18 B1 B3 C6 |
22 |
33 |
55 |
Prácticas de laboratorio |
A18 A19 B1 B3 B4 C3 C6 |
17 |
25.5 |
42.5 |
Proba mixta |
A18 B1 B3 C6 |
3 |
4.5 |
7.5 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Durante estas sesións exporanse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen. |
Solución de problemas |
Sesións de problemas onde primeiro se expón un problema a solucionar. A continuación, déixase algún tempo para que o/a alumno/a intente solucionalo e reflexione sobre distintos aspectos a tratar para resolvelo. Finalmente resólvese, posiblemente mostrando erros típicos nas solucións aportadas polos alumnos/as. |
Prácticas de laboratorio |
Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas. Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as súas competencias procedimentais.
Nestas clases os estudiantes realizarán tamén o deseño e implementación dunha base de datos relacional, que o estudante deberá desenvolver pola súa conta, coa asistencia puntual dos docentes. |
Proba mixta |
Probas presenciais a realizar en tempo limitado, nas que se evalúan coñecementos tanto teóricos como prácticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Nas prácticas de laboratorio haberá unha atención semi-personalizada (ao existir grupos de arredor de 15/20 persoas). O profesor atenderá dúbidas puntuais a cada estudante en cada posto de traballo (computador).
Para as titorías propiamente ditas pedirase aos estudantes que soliciten cita nos horarios establecidos polos docentes en espazos.udc.es. Durante os ditos horarios tamén se responderan consultas realizadas a través do correo electrónico corporativo ou da mensaxeria da plataforma Teams.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A18 B1 B3 C6 |
Tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE haberá que superar unha proba escrita convencional que suporá o 60% do global da nota.
Para aprobar a materia globalmente hai que conseguir na proba escrita unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA)
Puntuación máxima: 6 puntos
Nota mínima para aprobar: 3 (sobre 6)
|
60 |
Prácticas de laboratorio |
A18 A19 B1 B3 B4 C3 C6 |
Para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
-Proba de linguaxe SQL (Puntuación máxima 2 pt).
-Deseño e implementación dunha BD relacional (Puntuación máxima 2 pt).
Para a SEGUNDA OPORTUNIDADE:
-Proba de linguaxe SQL (Puntuación máxima 2 pt).
-A nota correspondente ao deseño e implementación dunha BD relacional non se pode recuperar. Consérvase a nota da primeira oportunidade
|
40 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE - Na PRIMEIRA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba escrita.
- De acordo coa a normativa da UDC, de superaren a materia na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante non poderá volver a presentarse na SEGUNDA OPORTUNIDADE para intentar mellorar a súa nota.
- Se se suspende a materia na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante pode decidir volver a avaliarse da proba de linguaxe de SQL ou da proba escrita (ou de ambas) na SEGUNDA OPORTUNIDADE.
SEGUNDA OPORTUNIDADE - Na SEGUNDA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes (proba escrita e/ou proba de linguaxe SQL).
- No caso de realizar a recuperación dunha proba, a nota final na proba será a que obteña nesta segunda oportunidade (sexa maior ou menor que a da primeira oportunidade).
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de unha das dúas probas, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa proba.
OPORTUNIDADE ADIANTADA - A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.
REGLAMENTO DISCIPLINARIO - Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2010). Database System Concepts. McGraw Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2011). Database systems: models, languages, design, and application programming. Addison-Wesley
Alan Beaulieu (2009). Learning SQL (2nd Ed). O'Reilly
Alan Beaulieu (2020). Learning SQL (3rd Ed). O'Reilly |
|
Bibliografía complementaria
|
Cuadra, D.; Castro, E.; Iglesias, A. M.; Martínez, P.; Calle, F. J.; de Pablo, C.; Al-Jumaly, H.; Mo (2007). Desarrollo de Bases de Datos: casos prácticos desde el análisis a la implementación. Madrid: Ra-ma
de Miguel, A,; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M., Cuadra, D.; Iglesias, A. M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos. Madrid: Ra-ma |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Informática Básica/614G01002 | Programación II/614G01006 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (uso de linguaxe non sexista, etc.) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influir na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Tratarase de detectar situacións de discriminación por razón de xénero e de propor accións e medidas para corrixilas. |
|