Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Proceso Software Código 614G01019
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Mato Abad, Virginia
Correo electrónico
virginia.mato@udc.es
Profesorado
Alvarellos González, Alberto José
Calviño Padín, Pablo Alejandro
Cedrón Santaeufemia, Francisco Abel
Mato Abad, Virginia
Rodríguez Castiñeira, Hadriana
Rodriguez Yañez, Santiago
Correo electrónico
alberto.alvarellos@udc.es
pablo.calvino.padin@udc.es
francisco.cedron@udc.es
virginia.mato@udc.es
hadriana.rodriguez@udc.es
santiago.rodriguez@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Esta materia destaca a importancia de seguir un proceso de desenvolvemento software de calidade, diferenciando o proceso de desenvolvemento artesán do enxeñeiro. Concretamente, a materia centrase nas tarefas incluídas nas distintas etapas do ciclo de vida do proceso software: planificación, análise, deseño, codificación, verificación e validación. Finalmente, preséntase ao alumnado os conceptos básicos da calidade do software.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Capacidade para comprender a importancia do Proceso Software A7
A14
A22
C7
Capacidade para traballar en equipo A7
A14
A22
B1
B2
B3
C7
Capacidade para adaptarse a novas situacións e contextos B1
B3
C7
Capacidade para comprender a necesidade de xestionar e controlar o Proceso Software A7
A14
A22
C7

Contidos
Temas Subtemas
Introducción a Enxeñería do Software Antecedentes históricos
Definicións e importancia da Enxeñería do Software
Ciclos de Vida Definicións
Ciclo de Vida Vs Ciclo de Desenvolvemento
Características dos principais Ciclos de Vida
Desenvolvemento Software (núcleo da materia) Requisitos
Análise
Deseño
Codificación e Probas
Introducción á planificación de proxetos Definicions
Calendarización do proxeto
Introducción as metodoloxías de desenvolvemento Definicións e importancia
Características desexables
Principais metodoloxías de desenvolvemento
Introducción á calidade do software Calidade do Software
Control de calidade
Aseguramento da calidade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A14 A22 B1 B3 C7 30 30 60
Prácticas de laboratorio A7 A14 A22 B1 B2 B3 29.75 30 59.75
Proba mixta A7 A14 A22 B1 B2 B3 C7 2 28 30
 
Atención personalizada 0.25 0 0.25
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases nas que se presentan os conceptos básicos da asignatura e nas que se mostran exemplos da súa aplicación.
Prácticas de laboratorio Clases prácticas nas que o alumnado resolve os diferentes problemas plantexados polo profesorado baixo a su tutela.
Proba mixta Exame escrito para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos durante o curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Un aspecto importante da materia é saber aplicar os conceptos teóricos presentados nesta. Para iso realizaranse un conxunto de prácticas supervisadas ao longo do curso formuladas coa intención de detectar posibles desviacións dentro do proceso de aprendizaxe e, deste modo, aplicar as medidas correctivas necesarias para emendalas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A14 A22 B1 B2 B3 O alumnado, en grupo, deberán resolver o análise de requisitos dun dominio plantexado polo profesorado. 40
Proba mixta A7 A14 A22 B1 B2 B3 C7 Exame individual sobre os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Do peso asignado a esta proba (60% da cualificación final), o 50% correspóndese coa parte teórica e o 10% coa práctica. 60
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN:

A avaliación da materia articúlase sobre a base dos seguintes aspectos:

1. Práctica en grupo supervisada (40% da nota final). Ao longo do curso realizaranse a análise de requisitos dun dominio exposto polo profesorado. Para a avaliación desta práctica supervisada terase en conta:

  • O traballo realizado polo alumnado nas clases mediante un proceso de avaliación continua. Para esta avaliación continua terase en conta especialmente os seguintes aspectos: asistencia a clase, participación, capacidade de traballo en equipo, autonomía no traballo e capacidade de aplicación dos coñecementos teóricos a un caso práctico.
  • O contido do traballo presentado, valorando principalmente: presentación do traballo, ortografía e redacción, e calidade da solución técnica presentada.
  • A exposición do traballo, valorando, entre outros: a súa estrutura, claridade na exposición, capacidade de síntese, adecuación ao tempo e dominio da materia.

2. Proba mixta ou exame final (60% da nota final). O examen final constará de preguntas, cuestións e/ou exercicios de calquera aspecto visto na materia e que o alumnado terá que responder.

ALUMNADO DE MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL:

Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo supervisada, recoméndase que este alumnado fale co profesorado da materia ao longo da primeira semana de clase con obxecto de tratar de buscar o mellor horario posible para a súa realización.

En canto ao resto de actividades, e a pesar de non ser actividades de presenza obrigatoria, trataráselles de dar as máximas facilidades para que poidan asistir ás mesmas.

REQUISITOS:

Para aprobar a materia é necesario cumprir cos seguintes requisitos:

1. Obter unha cualificación final mínima de 5 puntos sobre 10 entre todas as probas segundo a ponderación establecida.

2. Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame final. En caso de que non se cumpra este requisito, a nota final da materia será a do exame final puntuada sobre 10.

RECUPERACIÓN:

O alumnado que non superen a materia terá que demostrar a correcta adquisición das competencias fundamentais da mesma mediante a realización dun novo exame final.

Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo supervisada esta parte non poderá recuperarse.

NORMATIVAS ACADÉMICAS:


Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Ademais, con respecto a fraude académica, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) en todas as convocatorias correspondentes ao curso académico actual.


Fontes de información
Bibliografía básica P. Bourque and R.E. Fairley (2014). Guide to the Software Engineering Body of Knowledge, Version 3.0. IEEE Computer Society
Pressman, Roger S (2005). Ingeniería del Software. Un Enfoque Práctico. McGraw Hill
Sommerville, Ian (2005). Software Engineering. Addison-Wesley

Bibliografía complementaria Craig Larman (). Applying UML and Patterns. Prentice-Hall
Coral Calero, Mª Ángeles Moraga, Mario G. Piattini (). Calidad del producto y proceso software. Ra-Ma
Steve McConnell (). Desarrollo y gestión de proyectos informáticos. McGraw-Hill
Salvador Sánchez, Miguel Ángel Sicilia y Daniel Rodriguez (). Ingeniería del software. Un enfoque desde la guía SWEBOK.. Garceta grupo editorial.
Alistair Cockburn (). Writing Effective Use Cases. Addison-Wesley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Programación I/614G01001
Informática Básica/614G01002
Programación II/614G01006
Paradigmas de Programación/614G01014
Deseño Software/614G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bases de Datos/614G01013

Materias que continúan o temario
Xestión de Proxectos/614G01021
Aseguramento da Calidade/614G01028
Analise e Desenvolvemento dos Sistemas de Información/614G01041
Metodologías de Desarrollo/614G01051
Enxeñaría de Requisitos/614G01222

Observacións

A materia pretende dar unha visión xeral do Proceso Software, de maneira que o alumnado comprenda a importancia da aplicación rigurosa de dito proceso tanto para a satisfación das necesidades do usuario/cliente como do posterior mantemento do producto obtido. Por este motivo, durante o curso introduciranse numerosos conceptos que requerirán un posterior afrondamento en función da especialidade elixida polo alumnado.


O profesorado facilitará, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría, práctica e TGR que mellor se axusten ás necesidades do alumnado que teñen a matrícula a tempo parcial.

Finalmente, e dada a importancia que a perspectiva de xénero debe de ter na Ensinanza Superior de acordo coa lexislación vixente, levarán a cabo as seguintes accións:

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías