Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura dos sistemas distribuídos, as redes de computadores e Internet, e deseñar e implementar aplicacións baseadas nelas. |
A17
|
B1 B3
|
C2 C3 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque 1. Introdución |
Tema 1. Introdución ó Desenvolvemento de Aplicacións Empresariais |
Bloque 2. Deseño da Capa Modelo |
Tema 2. JDBC
Tema 3. Deseño e Implementación da Capa Modelo
Tema 4. Probas de Integración da Capa Modelo
|
Bloque 3. Deseño de Aplicacións Distribuídas |
Tema 5. Linguaxes de Intercambio de Datos: XML e JSON
Tema 6. Deseño e Implementación de Servizos Web REST
Tema 7. Deseño e Implementación de Servizos RPC
|
Bloque 4. Interfaces Gráficas Web |
Tema 8. Introdución ó Desenvolvemento de Aplicacións Web
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A17 B3 C6 |
30 |
22 |
52 |
Prácticas de laboratorio |
A17 B1 B3 C2 C3 |
29 |
46 |
75 |
Proba de resposta múltiple |
A17 B1 B3 C3 C6 |
2 |
5 |
7 |
Traballos tutelados |
A17 B1 B3 C3 C4 |
1 |
10 |
11 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases impartidas pólo profesor mediante a proxección de diapositivas. As clases teñen un enfoque práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As diapositivas e o código fonte dos exemplos e os casos de estudo están dispoñibles a través da plataforma de docencia da universidade. |
Prácticas de laboratorio |
Ó longo do cuadrimestre realízase unha práctica (en Java), en grupo, na que o/a alumno/a utiliza a maior parte dos coñecementos teóricos da materia de xeito integrado. A práctica realízase en dúas iteracións, sendo obrigatoria a entrega das dúas. |
Proba de resposta múltiple |
Farase un exame tipo test, co obxectivo de comprobar que o/a alumno/a asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan, e as contestadas erroneamente puntúan negativamente. |
Traballos tutelados |
Propóñense traballos tutelados opcionais (non é preciso obter unha nota mínima neles para aprobar a materia), consistentes en aplicar algunhas tecnoloxías ou técnicas de deseño adicionais á práctica. Requirirán que o estudante, de maneira autónoma, estude esas tecnoloxías ou solucións de deseño adicionais e as aplique á práctica. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Titorías e consultas vía correo electrónico ou Teams para dúbidas específicas.
Presenza do profesor no laboratorio para axudar ó estudante no desenvolvemento da práctica.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A17 B1 B3 C2 C3 |
A práctica estrutúrase en 2 partes, chamadas iteracións. Para desenvolver a segunda iteración será preciso ter desenvolta a primeira. A corrección da cada unha das dúas iteracións leva asociada unha nota, e a nota global da práctica calculase a partir delas. Para aprobar a materia é obrigatorio presentar ambas iteracións e obter unha nota mínima en cada unha delas. |
32 |
Proba de resposta múltiple |
A17 B1 B3 C3 C6 |
O examen será tipo test e pode constar tanto de cuestións directas como de pequenos problemas de deseño que o/a alumno/a debe resolver cos conceptos explicados en teoría e que foron usados na parte práctica. |
60 |
Traballos tutelados |
A17 B1 B3 C3 C4 |
A realización dos traballos tutelados é opcional (non é preciso obter unha nota mínima neles para aprobar a materia). Pódense presentar ca segunda iteración da práctica. |
8 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia é preciso obter: - Un mínimo de 2,5 puntos sobre 5 na avaliación de cada unha das dúas iteracións da práctica (a nota final da práctica será a suma das notas das dúas iteracións).
- Un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 no exame tipo test.
- Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma:
- Nota práctica = nota iteración 1 + nota iteración 2.
- Nota final da materia = 0,60 * nota exame + 0,32 * nota practica + 0,08 * nota traballos tutelados.
Para os/as alumnos/as con matrícula a tempo parcial o tamaño da práctica e os traballos tutelados será menor, sen que elo supoña un prexuízo na súa cualificación. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
J. Crupi, D. Alur, D. Malks (2003). Core J2EE Patterns. Prentice-Hall
Martin Kalin (2009). Java Web Services: Up and Running. O'Reilly
R. Abernethy (2019). Programmer’s Guide to Apache Thrift. Manning
Leonard Richardson, Sam Ruby (2007). RESTFul Web Services. O'Reilly
E. R. Harold, W. S. Means (2004). XML in a Nutshell: A Desktop Quick Reference, Third edition. O'Reilly |
Recursos adicionais:
Tutorial JDBC: https://docs.oracle.com/javase/tutorial/jdbc/index.html Tutorial Servlets: https://docs.oracle.com/javaee/6/tutorial/doc/bnafd.html Introducing JSON: https://www.json.org/ JSON Schema Reference: https://json-schema.org/understanding-json-schema Apache Thrift: https://thrift.apache.org/ |
Bibliografía complementaria
|
|
E. Gamma, R. Helm, R. Johnson, J. Vlissides, Design Patterns: Elements of Reusable Object-Oriented Software, Addisson-Wesley, 1994. J.M. Vegas Gertrudix, Java 17 : fundamentos prácticos de programación, Ra-Ma, 2021. J.M. Vegas Gertrudix, Java 17 : programación avanzada, Ra-Ma, 2021. G. Booch, I. Jacobson, J. Rumbaugh, The Unified Modeling Language User Guide, 2nd edition, Addison-Wesley, 2005. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Bases de Datos/614G01013 | Deseño Software/614G01015 | Redes/614G01017 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Programación Avanzada/614G01030 | Integración de Aplicacións/614G01080 |
|
Observacións |
É preciso ter soltura na lectura de información en Inglés (unha parte importante da bibliografía, recursos Web e libros, está en inglés). Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporarase a perspectiva de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Tentarase detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|