Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os conceptos e técnicas propias da arquitectura do software. |
A25 A28
|
|
|
Interpretar os problemas típicos da definición de arquitecturas software e as situacións nas que se presentan. |
A25 A27 A28
|
B2 B3
|
C4 C6
|
Definir e documentar especificacións, modelos e compoñentes da arquitectura dun sistema ou aplicación, atendendo aos seus requisitos, de xeito que se favoreza o seu mantemento e extensibilidade. |
A27
|
B1 B2 B3 B4
|
|
Aplicar con axilidade linguaxes de modelado. |
A28
|
|
|
Manexar ferramentas de definición e construción de software. |
|
|
C3
|
Validar a arquitectura dun sistema contra o seus requisitos. |
A25
|
|
|
Sintetizar os casos de éxito. |
A25
|
B3
|
C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Concepto de arquitectura software |
Definición de arquitectura software
Estruturas e vistas
- Notación C4
Ciclo de vida e negocio da arquitectura software |
Modelos e arquitecturas de referencia |
Parámetros de calidade en arquitectura software
Tipos de arquitecturas
- Arquitectura en capas
- Arquitectura 'pipe and filter' (baseada en compoñentes)
- Arquitectura en kernel/repositorio
- Arquitectura cliente/servidor (orientada a -micro-servizos)
- Arquitecturas distribuídas
-- Arquitecturas cliente/servidor multicapa
-- Arquitecturas líder/traballadores
-- Arquitecturas P2P
- Outras arquitecturas
-- Sistemas embebidos
-- Sistemas orientados a aspectos
-- Sistemas para Big Data/ML |
Deseño e integración de compoñentes. Patróns arquitecturais. |
Estratexias de deseño
Patróns de arquitectura
Reutilización
- Sistemas COTS e legacy
- Estilos de integración
Reconstrucción / re-enxeñaría de sistemas |
Trazabilidade e probas de integración |
Proceso de integración
Verificación e probas de integración
- Probas funcionais
- Probas non funcionais
Validación e usabilidade |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B3 |
21 |
21 |
42 |
Análise de fontes documentais |
B3 B4 C3 |
0 |
7 |
7 |
Prácticas de laboratorio |
A25 A27 A28 B1 B2 B4 C4 C6 |
15 |
30 |
45 |
Traballos tutelados |
A27 A28 B1 B3 B4 C3 C6 |
1.5 |
15 |
16.5 |
Debate virtual |
A28 B1 B3 C6 |
0 |
15 |
15 |
Foro virtual |
A27 A28 B3 B4 C3 C4 C6 |
0 |
7.5 |
7.5 |
Proba obxectiva |
A27 A28 B1 B3 C6 |
3 |
9 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases maxistrais de exposición de nocións e conceptos teóricos empregando diferentes recursos: pizarra, proxección de material en formato electrónico, apuntes en formato electrónico e recursos facilitados pola docente da asignatura na plataforma virtual (Moodle). |
Análise de fontes documentais |
Lectura e comprensión por parte do estudantado de diferentes recursos proporcionados, ben encamiñados a favorecer o seguemento das sesións maxistrais, a documentar o debate virtual, ou ben destinados a axudar na realización de prácticas e traballos tutelados. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas deseñadas pola docente da asignatura nas que o estudantado poida poñer en práctica os coñecementos a medida que os van adquirindo, de cara ao reforzo dos mesmos. Estas prácticas levaranse a cabo en grupos de tamaño por determinar, en función do número de estudantes matriculados. |
Traballos tutelados |
Traballos propostos pola docente da asignatura e desenvolvidos polo estudantado, ben en grupo, ben individualmente. Estes traballos poderán ser avaliados ben nas titorías de grupos reducidos, ben nas sesións de titoría personalizada. |
Debate virtual |
Sesións de debate de duración puntual realizadas a través da plataforma virtual (Moodle). |
Foro virtual |
Exposición, de xeito colectivo e aberto, de preguntas e dúbidas relacionadas coa materia e xustificación de respostas en avaliación continua durante todo o cuadrimestre a través da plataforma virtual (Moodle). |
Proba obxectiva |
Proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos adquiridos polo estudantado. Agárdase que se amosen tanto os coñecementos a nivel teórico, mediante a resposta a preguntas similares ás expostas nas clases maxistrais e nos debates virtuais, como os coñecementos aplicados, mediante a resolución de exercicios e problemas similares aos propostos nas prácticas de laboratorio e traballos tutelados. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada ao estudantado comprende non só as clásicas titorías, presenciais ou virtuais, para a discusión de dúbidas, senón tamén as seguintes actuacións:
- Orientación e seguemento do labor realizado nos traballos e prácticas.
- Valoración da participación e implicación nas sesións de debate virtual e foros da materia.
A atención personalizada ao estudantado terá lugar de xeito continuo ao longo do cuadrimestre, empregando como vías preferentes de contacto o correo electrónico ou as ferramentas institucionais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A25 A27 A28 B1 B2 B4 C4 C6 |
Avaliación das prácticas realizadas de forma continua ao longo do curso. Malia que as prácticas se realizarán en grupos, cabe diferenciar dous compoñentes na avaliación das prácticas:
- Valoración do traballo en grupo, na que se califica o grao de coordinación, colaboración e compenetración entre os seus integrantes.
- Valoración persoal, na que se califica a aportación concreta de cada estudiante ao grupo.
Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:
- Rigor na consecución dos obxectivos perseguidos usando as técnicas propostas.
- Asimilación dos conceptos presentados.
- Orixinalidade nas propostas.
- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados ao efecto. |
40 |
Proba obxectiva |
A27 A28 B1 B3 C6 |
Proba escrita dividida en dous bloques: cuestións teóricas e un problema de modelado. |
40 |
Traballos tutelados |
A27 A28 B1 B3 B4 C3 C6 |
Valoraranse os seguintes aspectos:
- Dominio dos contidos dos traballos propostos.
- Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Considerarase necesario que o estudantado demostre equilibrio no
seu rendemento na proba obxectiva e nas prácticas de laboratorio.
Así, esixirase a cada persoa que a cualificación en ambas partes supere o 50% do seu peso relativo como condición imprescindible para a superación da materia. No caso de non acadar o mínimo esixido no exame de teoría, a cualificación final será a obtida no exame de teoría. En caso de non acadar o mínimo esixido nas prácticas de laboratorio, a cualificación final será, como máximo, un 4. Dacordo coa normativa da UDC, na convocatoria de segunda oportunidade a proba escrita poderá ir acompañada dunha actividade de avaliación das prácticas para aquelas persoas que non chegasen ao 50% na súa avaliación das mesmas na primeira oportunidade. Dacordo coa normativa da UDC en relación ao estudantado matriculado a tempo parcial, o réxime de asistencia a clase non afectará negativamente ao proceso de avaliación, admitíndose nesta materia a dispensa académica para a asistencia solicitada polas canles institucionais habilitadas ao efecto. Porén, esta flexibilidade asistencial non eximirá da entrega de traballos tutelados e prácticas nos mesmos prazos fixados para o estudantado a tempo completo, toda vez que todos os anuncios e información de relevancia relacionada con estas constará por escrito no Moodle da materia. Así mesmo, segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria, a incorporación da perspectiva de xénero nesta materia
aplicarase empregando unha linguaxe non sexista e propiciando a
intervención durante as sesións maxistrais de alumnas e
alumnos de xeito equilibrado. Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Finalmente, caso de se detectaren situacións de
discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para
corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Cesarini, Francesco & Vinoski, Steve (2016). Designing for Scalability with Erlang/OTP. O'Reilly Media, Inc.
Richards, Mark (2020). Fundamentals of software architecture : an engineering approach. O'Reilly Media, Inc.
Charity Majors, Liz Fong-Jones, George Miranda (2022). Observability Engineering. O'Reilly Media, Inc.
Thomas, Dave (2018). Programming Elixir 1.6. The Pragmatic Programmers
McCord, Chris [et al.] (2019). Programming Phoenix 1.4. The Pragmatic Programmers
Carola Lilienthal (2019). Sustainable Software Architecture. dpunkt
Donella H. Meadows (2008). Thinking in Systems. Chelsea Green Publishing |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Deseño Software/614G01015 | Concorrencia e Paralelismo/614G01018 | Proceso Software/614G01019 | Interfaces Persoa Máquina/614G01022 | Internet e sistemas distribuidos/614G01023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enxeñaría de Requisitos/614G01027 | Aseguramento da Calidade/614G01028 |
|
Materias que continúan o temario |
Marcos de Desenvolvemento/614G01052 | Validación y Verificación del Software/614G01053 | Ferramentas de Desenvolvemento/614G01054 |
|
|