Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Programación Avanzada Código 614G01030
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Bellas Permuy, Fernando
Correo electrónico
fernando.bellas@udc.es
Profesorado
Álvarez Díaz, Manuel
Bellas Permuy, Fernando
Raposo Santiago, Juan
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
fernando.bellas@udc.es
juan.raposo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Esta materia céntrase no desenvolvemento de aplicacións, usando unha arquitectura baseada en capas mediante o emprego de frameworks modernos. Tómase como caso de estudo o desenvolvemento dunha aplicación web SPA. No obstante, moitas das ideas aplican, directa ou indirectamente, ó desenvolvemento doutro tipo de aplicacións. O enfoque da materia é fundamentalmente práctico.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Capacidade para deseñar e desenvolver aplicacións mediante o uso de frameworks modernos e técnicas de deseño estándar. A27
A28
B1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Parte I. Introdución. Tema 1. Introdución ó Desenvolvemento de Aplicacións con Frameworks Modernos.
Parte II. Desenrolo de un Backend en Java. Tema 2. Capa Acceso a Datos con Spring e JPA.
Tema 3. Capa Lóxica de Negocio con Spring.
Tema 4. Capa Servizos REST con Spring.
Parte III. Desenvolvemento de un Frontend Web SPA en JavaScript. Tema 5. Desenvolvemento Baseado en Compoñentes con React.
Tema 6. Xestión de Estado con Redux.
Tema 7. Caso de Estudo: Frontend dunha Sinxela Tenda de Comercio Electrónico.
Parte IV. Colofón. Tema 8. Arquitecturas e Tecnoloxías Relacionadas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A27 A28 B1 C3 21 63 84
Proba de resposta múltiple A27 A28 B1 C3 1 8 9
Traballos tutelados A27 A28 B1 C3 1 12 13
Sesión maxistral A27 A28 B1 C3 21 21 42
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Ó longo do curso realízase unha práctica (en grupo) na que se constrúe unha aplicación web SPA. A aplicación desenvólvese en dúas iteracións. Na primeira iteración impleméntase o backend. Na segunda iteración impleméntase o frontend.
Proba de resposta múltiple Farase un exame tipo test, có obxectivo de comprobar que a/o estudante asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan e as contestadas erroneamente puntúan negativamente.
Traballos tutelados Opcionalmente, cada estudante pode presentar un traballo tutelado individual, consistente en aplicar algunhas tecnoloxías ou técnicas de deseño adicionais á práctica. De maneira autónoma, a/o estudante deberá estudar estas tecnoloxías ou técnicas de deseño adicionais e aplicalas á práctica.
Sesión maxistral Clases impartidas polo profesorado mediante a proxección de diapositivas. As clases teñen un enfoque totalmente práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As diapositivas e o código fonte dos exemplos e os casos de estudo están dispoñibles a través de Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
Titorías e consultas vía correo electrónico ou Teams para dúbidas específicas.
Presenza do profesor/a no laboratorio para axudar ó alumno/a no desenvolvemento da práctica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A27 A28 B1 C3 Farase un exame de tipo test, có obxectivo de comprobar que a/o estudante asimilou os conceptos correctamente.
30
Prácticas a través de TIC A27 A28 B1 C3 A entrega das dúas iteracións é obrigatoria. 50
Traballos tutelados A27 A28 B1 C3 A realización do traballo tutelado é opcional. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 2,5 puntos (sobre 5) en cada unha das dúas iteracións da práctica.
  • Un mínimo de 4,5 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 
    • Nota práctica = nota iteración 1 + nota iteración 2.
    • Nota final = 0,50 * nota práctica + 0,30 * nota exame + 0,20 * nota traballo tutelado.

Para as/os estudantes con matrícula a tempo parcial, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, o tamaño da práctica será menor, sen que iso supoña un prexuízo na nota da práctica.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • C. Bauer, G. King, Java Persistence with Hibernate, 2nd edition, Manning, 2016.
  • C. Walls, Spring in Action, 3rd edition, Manning, 2011.
  • C. Walls, Spring Boot in Action, Manning, 2015.
  • J. D. Isaacks, Get Programming with JavaScript Next, Manning, 2018.
  • M. T. Thomas, React in Action, Manning, 2018.
  • M. Garreau, W. Faurot, Redux in Action, Manning, 2018.
  • Sitios web dos frameworks e ferramentas empregados na materia.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Internet e sistemas distribuidos/614G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Interfaces Persoa Máquina/614G01022
Arquitectura do Software/614G01026

Materias que continúan o temario
Marcos de Desenvolvemento/614G01052
Ferramentas de Desenvolvemento/614G01054

Observacións

É preciso ter soltura na lectura de información en Inglés (toda a bibliografía, recursos Web e libros, está en Inglés).

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporarase a perspectiva de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Tentarase detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías