Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A32 |
Capacidade de desenvolver procesadores específicos e sistemas embarcados, así como desenvolver e optimizar o sóftware dos ditos sistemas. |
A34 |
Capacidade de deseñar e implementar sóftware de sistemas e de comunicacións. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade para desenvolver aplicacións Android en dispositivos móbiles, procesadores específicos e sistemas encaixados |
A32 A34
|
B1
|
C6 C7 C8
|
Capacidade de desenvolver aplicacións Android con capacidade de comunicacións e interacción |
A32 A34
|
B1
|
C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.1. Introdución á Programación de Sistemas |
Introdución á Programación de Sistemas
Presentación da asignatura |
1.2. Introdución a Android |
Historia e evolución
Arquitectura e características
Compoñentes principais
Manifesto |
1.3. Ferramentas de desenvolvemento |
Instalación do SDK e Android Studio
Aplicación básica e estrutura dunha aplicación
Depuración e testing
Recursos de aplicacións |
2.1. Actividades, Fragmentos e Intents |
Actividades e Ciclo de vida
Intents explícitos e implícitos
Paso de parámetros
Fragmentos estáticos e dinámicos
Comunicación entre fragmentos |
2.2. Interfaz de usuario |
Layouts e Vistas
Eventos
Notificacións
Menúes e Diálogos
Listas e Adaptadores |
2.3. Traballando en segundo plano |
Servicios locais e remotos
Broadcast Receivers
Fíos, tarefas e mensaxes
Jobs
AppWidgets |
3.1. Arquitecturas de aplicacións |
Tipos de arquitecturas
Distribución en capas
Intercambios |
3.2. Persistencia de datos |
Preferencias
Ficheiros internos e externos
Base de datos: SQL e ROOM
Proveedor de Contidos |
3.3. Interconexión |
Comunicacións
Servicios de rede
Servicios na nube |
4.1. Servicios do sistema e Sensores |
Servicios do sistema
Sensores
Localización e Mapas |
4.2. Distribución |
Publicación
Permisos
Monetización |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A32 A34 B1 C6 C7 |
14 |
42 |
56 |
Traballos tutelados |
A32 A34 B1 C6 C7 C8 |
7 |
35 |
42 |
Proba mixta |
A32 A34 B1 C6 |
2 |
11 |
13 |
Sesión maxistral |
A32 A34 |
16 |
20 |
36 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Os alumnos desenvolverán prácticas no laboratorio para a aprendizaxe da programación de dispositivos móbiles con Android. Suscitaranse unha serie de prácticas seguindo un guión básico inicial para que o alumno se familiarice cos conceptos e procedementos básicos da programación con Android (competencias A32 e A 34).
Tamén se promoverá a ampliación e mellora das funcionalidades básicas de cada práctica proposta (competencia C7) así como a discusión e a resolución de problemas (competencias B1 e C6).
As prácticas constan dunha parte inmediata que se entrega ao acabar e outra diferida que se entrega antes da seguinte clase de laboratorio.
Algunha práctica tamén pode consistir na creación e presentación dun traballo individual sobre algún aspecto relevante da programación de dispositivos móviles.
Os alumnos a tempo parcial poderían presentar todas as prácticas de forma non presencial. |
Traballos tutelados |
Propoñeranse traballos (aplicacións) para que os alumnos profundicen en temas tratados na asignatura (competencias A32 e A 34) e explorar novos coñecementos (competencias C6 e C7).
Valorarase especialmente que a aplicación sexa funcional e robusta (competencia B1), e que poida contribuir á mellora da sociedade (competencia C8).
Cada traballo desenvolverase por un número reducido de alumnos (típicamente entre 2 e 4), polo que a coordinación e a metodoloxía de traballo en grupo é moi importante. Tamén se pedirá un pequeno informe de seguemento nas principais fases de desenvolvemento.
As ideas e problemas discutiranse fundamentalmente durante as horas de tutoría de grupos reducidos.
|
Proba mixta |
Exame e diferentes probas mixtas sobre os contidos da materia que combinarán preguntas de teoría, cuestións prácticas, resolución de problemas e traballos individuais.
Neste tipo de probas compróbase a adquisición das competencias A32 e A34. |
Sesión maxistral |
Exposición didáctica dos contidos teóricos da asignatura empregando diapositivas e outros recursos TIC.
Tamén se expoñerán algunhas aplicacións básicas para que os alumnos as poidan implementar nas prácticas de laboratorio.
Este tipo de sesións está orientado a adquisición dos coñecementos asociados ás competencias A32 e A34 e como guía para a adquisición autónoma de novos coñecementos e competencias (competencia C7). Tamén se fomentará a discusión e a valoración crítica das diferentes alternativas e enfoques na resolución de problemas (competencias B1 e C6).
Algunhas das sesións poderán estar guiadas polo propios alumnos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Sesión maxistral: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación á materia teórica exposta nas clases.
Prácticas de laboratorio: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación ás prácticas propostas ou realizadas no laboratorio.
Traballos tutelados: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación aos traballos tutelados propostos.
As titorías realizaranse preferentemente por medios telemáticos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A32 A34 B1 C6 C7 C8 |
Avaliación dos traballos tutelados desenvolvidos polo alumno mediante probas mixtas.
Inclúese diversos informe de seguimentos, o repositorio da aplicación, o código fonte, a ficha da app e a defensa do traballo a través dun vídeo creado polos participantes. |
30 |
Prácticas de laboratorio |
A32 A34 B1 C6 C7 |
Avaliación do traballo realizado polo alumno nas prácticas de laboratorio e traballos individuais.
De esta nota, 5/6 serán sobre as prácticas en si, mentras que un 1/6 (10% nota final) será por seguemento continuado. |
40 |
Proba mixta |
A32 A34 B1 C6 |
Valoraranse os coñecementos teóricos e prácticos da materia mediante diferentes probas mixtas, resolución de problemas e/ou traballos individuais. |
30 |
|
Observacións avaliación |
A asignatura apróbase obtendo polo menos o 50% da cualificación. É obrigatoria a presentación do traballo tutelado.
Os alumnos a tempo parcial poderán presentar todas as prácticas de forma non presencial.
A asistencia á proba mixta e á defensa do traballo tutelado é obrigatoria, ou ben de forma presencial ou ben virtual por medio de recursos TIC. Na convocatoria de Xullo poderase presentar ou mellorar o traballo tutelado e as prácticas do laboratorio. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Erik Hellman (2013). Android Programming: Pushing the Limits. Wiley
Eran Boudjnah (2022). Clean Architecture for Android. BPB Publications
Petros Efthymiou (2022). Clean Mobile Architecture: Become an Android, iOS, Flutter Architect.
Jesús Tomás Gironés (2022). El gran libro de Android. Marcombo
Jesús Tomás Gironés y Jaime Lloret Mauri (2022). El gran libro de Android . Marcombo
Joseph Annuzzi, Lauren Darcey y Shane Conder (2015). Introduction to Android Application Development. Android Essentials. Addison-Wesley
Joan Ribas Lequerica (2018). Manual imprescindible de desarrollo de aplicaciones para Android. Anaya Multimedia
Reto Meier e Ian Lake (2018). Professional Android. WRox |
|
Bibliografía complementaria
|
Carmen Delessio, Lauren Darcey y Shane Conder (2015). Android Application development in 24 hours. SAMS
Joshua J. Drake , Zach Lanier , Collin Mulliner , Pau Oliva Fora, Stephen A. Ridley , Georg Wichersk (2014). Android Hacker's Handbook. Wiley
José Enrique Amaro Soriano (2019). Android. Programación de dispositivos móviles a través de ejemplos. Marcombo
Joan Ribas Lequerica (2017). Desarrollo de aplicaciones para Android. Anaya
Anders Goransson (2014). Efficient Android Threading: Asynchronous Processing Techniques for Android Applications. O'Reilly Media |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Sistemas Operativos/614G01016 | Concorrencia e Paralelismo/614G01018 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Sistemas Empotrados/614G01060 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|