Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Sistemas Empotrados Código 614G01060
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Padron Gonzalez, Emilio Jose
Correo electrónico
emilio.padron@udc.es
Profesorado
Padron Gonzalez, Emilio Jose
Correo electrónico
emilio.padron@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecer as principais arquitecturas de sistemas encaixados e as principais metodoloxías para o seu desenvolvemento. Aprender a programar sistemas encaixados e sistemas de tempo real. Coñecer os sistemas operativos e compiladores empregados en sistemas encaixados e de tempo real, as súas particularidades e o seu impacto na programación de aplicacións.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Capacidade para entender a diferenza entre un sistema de propósito xeral e un sistema embebido/empotrado/encaixado/embarcado. Coñezer as principais características e casos de uso destes últimos A35
C6
C8
Capacidade de deseñar e implementar software en sistemas embebidos A32
A34
B1
Capacidade de analizar, avaliar e seleccionar as plataformas hárdware e sóftware máis acaídas para o soporte de aplicacións embebidas e de tempo real. A32
A34
A35
B1
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Sistemas embebidos
Microcontroladores
FRDM KL46Z
-> Primeiros pasos
Arquitecturas e procesadores ARM
Modelos de programación
Periféricos
Excepcións e Interrupcións Introdución

Xestión do NVIC
Repertorio instrucións ARM Cortex-M0+ Formato de instrucións
Ensamblador
Sinais de reloxo e modos de funcionamento Modos de operación e consumo enerxético
Sinais de reloxo
Temporizadores
Sistemas Operativos para Sistemas Embebidos Introdución
Requisitos e características
Mecanismos de comunicación interproceso Fíos e tarefas
Sinais, exclusión mútua, semáforos e colas de mesaxes
SoC e handheld devices Sistemas heteroxéneos
Procesadores Gráficos
Arquitectura das GPU nos dispositivos móbiles
O procedo de análise e deseño dun sistema empotrado Metodoloxía de deseño
Análise de rendemento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Seminario A35 C6 C8 3 6 9
Proba obxectiva A32 A34 B1 3 0 3
Sesión maxistral A4 A7 C5 21 42 63
Traballos tutelados A32 A34 A35 B1 C6 3 15 18
Prácticas de laboratorio A32 A34 B1 15 37.5 52.5
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Exposición didáctica dos contidos prácticos da asignatura empegando diapositivas e otros recursos TIC.

Se fomentará a adquisición dos coñecementos asociados á competencia A35. Por outra banda, compróbase a adquisición das competencias C6 e C8.
Proba obxectiva Exame sobre os contidos da materia que combinará preguntas de teoría coa resolución de problemas.

Neste tipo de proba compróbase a adquisición da competencia A32 e A34.
Sesión maxistral Exposición didáctica dos contidos teóricos da asignatura empregando diapositivas e outros recursos TIC.

Neste tipo de sesións se fomentará a adquisición dos coñecementos asociados ás competencias A34 e A35. Ademais, como o alumnado ten que valorar críticamente os diferentes procesadores para sistemas encaixados aparecidos nos últimos anos, valoraranse tamén as competencias C6 e C8.
Traballos tutelados Proposta de mini-proxecto para que as/os estudantes afonden pola súa conta en temas tratados na materia. As ideas e problemas discutiranse especialmente durante as horas de titoría de grupos reducidos.

Se fomentará a adquisición dos coñecementos asociados á competencia A35. Ademais, ao teren que utilizar o seu coñecemento para resolver novos problemas, exercitarase a competencia B1. Por outra banda, compróbase a adquisición das competencias C6 e C8.
Prácticas de laboratorio Cada estudante desenvolverá prácticas no laboratorio para a aprendizaxe da programación de dispositivos empotrados.

Suscitaranse unha serie de prácticas seguindo un guión para que o alumnado se familiarice cos conceptos e procedementos básicos da programación dos dispositivos empotrados (competencias A32 e A34). Tamén se promoverá a optimización básicas de cada práctica proposta así como a discusión e a resolución de problemas (Competencia B1)

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Prácticas de laboratorio: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación ás prácticas propostas ou realizadas no laboratorio.

Traballos tutelados: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación aos traballos tutelados propostos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A32 A34 B1 Nas sesións de laboratorio propóñense unha serie de prácticas para aplicar os coñecementos adquiridos na materia. Ao final dalguhas sesións valórase o correcto funcionamento da práctica, o axeitado do traballo presentado e a comprensión dos conceptos traballados mediante unha proba escrita. 40
Proba obxectiva A32 A34 B1 Corresponde a coñecementos impartidos nas sesións maxistrais. 40
Traballos tutelados A32 A34 A35 B1 C6 Cada estudante ten que desenvolver un mini-proxecto, para o que presentará unha memoria. e valórase o correcto funcionamento do trabalho no laboratorio. 20
 
Observacións avaliación

O 40% da cualificación corresponde á proba obxectiva final, o 40% á avaliación das prácticas de laboratorio e o 20% restante aos traballos tutelados.

Na segunda oportunidade permitirase recuperar un 60% da cualificación ao alumnado que no superara a
materia na primeira oportunidade: O 40% da cualificación
corresponde á proba obxectiva final e o 20% dos traballos tutelados, conservando a nota de prácticas obtida na avaliación continua durante o curso.

Considérase coma "non presentada/o" a calquera estudante que non realice a proba obxectiva.

Todos
os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Elecia White (2024). Making Embedded Systems: Desing Patterns for Great Software (2nd Ed.). O'Really
Marilyn Wolf (2012). Computers as components. Morgan Kaufmann
Yifeng Zhu (2014). Embedded Systems with ARM Cortex-M Microcontrollers in Assembly Laguange. E-Man Press LLC
Joseph Yiu (2015). The Defenitive Guide to ARM Cortex-M0 and Cortex-M0+ Processors. Newnes / Elsevier

Bibliografía complementaria Jonathan W. Valvano (2013). Introduction to ARM Cortex-M Microcontrollers. Embedded Systems. CreateSpace Independent Publishing Platform
Jonathan W. Valvano (2012). Real-Time Operating Systems for ARM Cortex-M Microcontrollers. Createspace
Joseph Yiu (2012). The Definitive Guide to the ARM Cortex-M0. Newnes


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estrutura de Computadores/614G01012
Sistemas Operativos/614G01016
Arquitectura de Computadores/614G01033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Programación de Sistemas/614G01058

Materias que continúan o temario

Observacións

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorpora a perspectiva de xénero (usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, racistas ou xenófobas e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías