Para superar a materia, o alumno deberá obter unha calificación mínima de 5
sobre 10 na suma das calificacións da proba obxectiva, traballo tutelado e traballo en clase. Para poder sumar as tres notas o estudante deberá
obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 na proba obxectiva. Se non obtén esta
nota mínima, a nota da materia será a correspondente a nota da proba obxectiva.
Estudantes con matrícula a tiempo parcial e dispensa académica:
Indicar o profesor a situación de este tipo de estudantes. A entrega dos traballos ten que realizarse nada datas establecidas para tódolos estudantes.
Segunda oportunidade e Convocatoria adelantada:
O estudante ten que facer o exame da proba obxectiva nestas convocatorias,
sendo os criterios para obter a nota total os indicados ó principio deste
apartado. Poderá entregar o traballo tutelado, o entregara ou non con
anterioridades, e a nota do traballo entregado sustituirá a que teña previamente
neste apartado. En canto a nota obtida nos traballos na clase manterase,
non
podendo recuperar esta parte da nota que se corresponde co traballo feito nas clases.
Non Presentado:
Os e as estudantes que non concorran a Proba Obxetiva terán a calificación
de "Non Presentado".
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación
ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse
de acordo coa normativa
académica vixente da UDC.