Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Sistemas de Información Empresarial Código 614G01073
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Martinez Perez, Maria
Correo electrónico
maria.martinez@udc.es
Profesorado
Castro Martinez, Alfonso
Martinez Perez, Maria
Correo electrónico
alfonso.castro@udc.es
maria.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral A influencia das Tecnoloxías da Información é cada vez maior nas organizacións pasando de dar soporte ás actividades operativas ao apoio á toma de decisións e xestión. Ademais, o entorno cada vez máis competitivo e esixente no que teñen que moverse as organizacións fai que teñan que mellorar a súa xestión e a integración das distintas áreas para poder ofrecer un mellor servizo.

Nesta materia trataranse os Sistemas Informáticos que integran a información xerada polas distintas actividades da empresa, facilitando o seu seguimento e servindo de soporte á toma de decisións e á xestión da organización.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Capacidade de integrar solucións de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles acadar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, dándolles así vantaxes competitivas. A46
B3
B6
B8
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios tecnolóxicos ao alcance das persoas emprendedoras. Coñecemento adecuado da organización e xestión de empresas. C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introdución. - Os Sistemas de Tecnoloxías da Información e as Organizacións.
Tema 2: Sistemas de soporte ás actividades operativas. - TPS. Sistemas de Procesamento Transaccional/Transactions Processing System.
Tema 3: Sistemas de apoio á xestión empresarial. - ERP. Sistemas de Planificación de Recursos Empresariais/Enterprise Resource Planning.

- CRM. Sistemas de Xestión da Relación cos Clientes e Marketing/Customer Relationship Management.
Tema 4: Sistemas de apoio á xerencia. - MIS. Sistemas de Información Xerencial/Management Information System.

- DDS. Sistemas de Apoio á Toma de Decisións/Decision Support System.
Tema 5: Sistemas de Intelixencia Empresarial. - BI. Ferramentas de Intelixencia Empresarial/Business Intelligence.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A46 B3 B6 B8 C5 C7 0.5 0 0.5
Sesión maxistral A46 B3 B6 B8 C5 C7 30 7.5 37.5
Prácticas de laboratorio A46 B3 B6 B8 C5 C7 20 20 40
Traballos tutelados A46 B3 B6 B8 C5 C7 8 16 24
Presentación oral A46 B3 B6 B8 C5 C7 2 12 14
Proba obxectiva A46 B3 B6 B8 C5 C7 2 16 18
 
Atención personalizada 16 0 16
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día da clase amosarase ao alumnado o temario e como se desenvolverá a materia.
Sesión maxistral Esta metodoloxía empregarase para amosar ao alumnado os conceptos teóricos que forman parte da materia.
Prácticas de laboratorio O obxectivo é que o estudante poida ver a aplicación práctica dos conceptos explicados nas sesións maxistrais. Para elo, o estudante traballará con algúns dos sistemas vistos na aula.
Traballos tutelados Consistirá nun traballo desenvolto polo estudante e proposto polos profesores, será non presencial, supervisado, debéndose de entregar unha memoria que será empregada para avaliar ao estudante.
O obxectivo é que o alumnado profunde nos aspectos máis importantes e características dos Sistemas de Información Empresarial, permitíndolle adquirir coñecementos que doutra maneira non sería posible.
Presentación oral Os/as alumnos/as exporán os traballos realizados ao longo do cuadrimestre.
Proba obxectiva Realizarase ao remate da materia para comprobar que o estudante adquiriu as competencias asociadas cos coñecementos teóricos expostos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada está enfocada a apoiar ao alumnado na compresión das diferentes técnicas mediante o apoio nas titorías e a resolución das dúbidas que xurdan nas clases maxistrais.

Tamén, se lle prestará axuda ao alumnado nas dúbidas que poidan xurdir na realización das prácticas e durante a aprendizaxe mediante os traballos tutelados, para un mellor aproveitamento e comprensión dos coñecementos vistos na clase.

No desenvolvemento xeral da materia empregaranse, como medios telemáticos, as ferramentas proporcionadas pola UDC (Moodle, Teams, email, etc.).

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A46 B3 B6 B8 C5 C7 Exame sobre os conceptos comentados na clase. 40
Traballos tutelados A46 B3 B6 B8 C5 C7 Sesións de control e unha memoria na que se avaliará: formato, estrutura, redacción e contido 20
Prácticas de laboratorio A46 B3 B6 B8 C5 C7 Entrega dunha memoria cos resultados acadados e o proceso seguido. 40
 
Observacións avaliación

Para obter a cualificación de aprobado ou superior na materia é imprescindible acadar unha nota mínima na parte teórica e práctica. A cal será de 4 puntos sobre un máximo de 10.
O contido deste apartado é orientativo dependendo do carácter da materia. No primeiro día de clase os profesores comentarán como se realizará a avaliación.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual.

Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica K. C. Laudon, J. P. Laudon (2011). Essentials of Management Information Systems. Pearson Education Limited
T. Davenport (2000). Mission Critical. Realizing the Promise of Enterprise Systems. Harvard Business School Press
R. McLeod (2000). Sistemas de Información Gerencial. Prentice Hall
K. C. Laudon, J. P. Laudon (2012). Sistemas de Información Gerencial. Pearson
A. Gomez, C. Suarez (2009). Sistemas de Información: Herramientas prácticas para la gestión (3ª ed.). Ra-Ma
A. Gomez, C. Suarez (2011). Sistemas de Información: Herramientas prácticas para la gestión empresarial (4ª ed.). Ra-Ma
I. Gil (1997). Sistemas y tecnologías de la información para la gestión. McGRAW-HILL

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión de Proceso de Negocio/614G01042

Materias que continúan o temario

Observacións

-Recomendase ao alumnado, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguimento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías