PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para aprobar a materia é obrigatorio aprobar os traballos tutelados, unha vez ponderada a nota en función do resultado da proba práctica. É dicir, débese obter unha nota mínima de 3 sobre 6. De non obter a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba práctica do traballo tutelado.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada parte se realizará en condicións similares ás da primeira oportunidade, sendo de novo necesario obter unha nota de 3 sobre 6 no traballo tutelado (unha vez ponderada a nota polo resultado da proba práctica).
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que opte por non recuperar ningunha das dúas partes.
DISPENSA ACADÉMICA
Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado, máis se facilitará na medida do posible a realización e seguimento do estudo de casos.
OPORTUNIDADE ADIANTADA
Utilizaranse os mesmos criterios que na segunda oportunidade. O estudante debe poñerse en contacto co profesorado canto antes para elixir a temática do caso real (Estudo de casos).
IMPLICACIÓNS DO PLAXIO
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
OUTRAS OBSERVACIÓNS
Non se permite, nas entregas, usar texto ou código fonte xerado con ChatGPT ou ferramentas similares. Do mesmo modo, no se poderán utilizar este tipo de ferramentas na proba práctica.