Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade para deseñar, despregar, administrar e xestionar redes de computadores.
|
A38
|
|
|
Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e a seguridade dos sistemas informáticos.
|
A36
|
|
|
Capacidade de resolución de problemas |
|
B1
|
|
Capacidade de análise e síntese
|
|
B3
|
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
C3
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Arquitecturas, estratexias e metodoloxías de administración de sistemas e comunicacións |
Arquitecturas de rede corporativa e centro de proceso de datos
Metodoloxías de deseño
|
Infraestruturas esenciais de TI |
Redes de almacenamento
Desenvolvemento de servizos no CPD: contornas Windows e Linux
|
Virtualización |
Contornas con infraestrutura virtualizada
Virtualización de rede: VLAN e VPN |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A36 A38 |
24 |
33 |
57 |
Proba obxectiva |
A36 A38 B1 |
3 |
12 |
15 |
Prácticas a través de TIC |
B1 C3 |
16 |
32 |
48 |
Traballos tutelados |
A38 B3 C6 |
7 |
21 |
28 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. As sesións maxistrais poderanse complimentar coa realización de conferencias nas que se traerá algún experto externo para tratar algún tema puntual con maior profundidade. |
Proba obxectiva |
Realizarase un exame ó final do cuatrimestre e a súa correspondente 2ª oportunidade. Este exame centrarase principalmente nos aspectos teóricos i exercicios asociados. Tamén se poderá formular algunha cuestión relacionada coas prácticas de implementación realizadas. |
Prácticas a través de TIC |
Nas que o alumno verá o funcionamento na práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas propostas polo profesor que lle permitirán afondar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos da xestión de infraestructuras. Ademais das prácticas básicas que todos os alumnos terán que facer, propoñeranse prácticas adicionais que os alumnos interesados poderán realizar de maneira opcional. |
Traballos tutelados |
Proposta de traballos para a súa resolución individual e non presencial por parte dos alumnos. Estes traballos serán opcionais e permitiranlles aos alumnos interesados en facelos afondar en aspectos do temario que lles interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.
Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán as indicacións iniciais necesarias, bibliografía para consulta e realizarán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.
Todos os profesores da materia proporán, ademais, un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.
Facilitarase a realización das prácticas e a atención na titorización de traballos a aqueles alumnos que, por estaren matriculados a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia non poidan asistir ás sesións prácticas ou ás sesións de titoría establecidas oficialmente. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
B1 C3 |
As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas coa Administración de infraestructuras. As prácticas deberán ser defendidas durante as sesións de laboratorio ou mediante entrega dunha memoria que recolla as tarefas levadas a cabo. |
40 |
Traballos tutelados |
A38 B3 C6 |
O alumno desenvolverá unha seríe de traballos propostos polo profesor relativos a aspectos concretos do temario |
20 |
Proba obxectiva |
A36 A38 B1 |
Realizarase un exame ó final do cuatrimestre e a súa correspondente 2ª oportunidade. Este exame centrarase principalmente nos aspectos teóricos i exercicios asociados. Tamén se poderá formular algunha cuestión relacionada coas prácticas de implementación realizadas. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, será preciso obter un mínimo dun 40% da nota total na proba obxectiva e nas prácticas. No caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é 4.5 Estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual de materia. Para a segunda oportunidade manterase a avaliación do traballo tutelado obtida na primeira oportunidade. Ademais, poderase manter a avaliación da proba obxectiva e das prácticas. Para a oportunidade adiantada manterase a avaliación obtida no traballo tutelado durante a primeira oportunidade. Ademais, poderase manter a avaliación tanto da proba obxectiva como das prácticas. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influírase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Anthony Bruno, Steve Jordan (2016). CCDA 200-310 Official Cert Guide, Fifth Edition. CiscoPress
Wendell Odom (2008). CCNA ICND2: guía oficial para el examen de certificación. Pearson
Wendell Odom (2014). Cisco CCENT-CCNA ICND1 100-101: guía oficial para la certificación. Pearson
Maurizio Portolani (2003). Data Center Fundamentals. CiscoPress
Tom Clark (2003). Designing Storage Area Networks: A Practical Reference for Implementing Firbre Channel and IP SANs. Addison-Wesley
Cricket Liu (2006). DNS and BIND. O'Reilly
José Luis Raya Cabrera, Laura Raya González, et al. (2009). Guía de campo [de] máquinas virtuales. Ra-Ma
Gerald Carter (2003). LDAP system administration. O'Reilly
Marshall, Nick et al. (2019). Mastering VMware VSphere 6.7. John Wiley & Sons, Inc.
Christopher Poelker, Alex Nikitin (2008). Storage Area Networks for Dummies. Willey Publishing
Ulf Troppens (2009). Storage Networks Explained. Willey Publishing
Matthew Portnoy (2016). Virtualization Essentials. 2nd Edition. Sybex |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Sistemas Operativos/614G01016 | Redes/614G01017 | Internet e sistemas distribuidos/614G01023 | Lexislación e Seguridade Informática/614G01024 | Xestión de Infraestruturas/614G01025 | Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas/614G01059 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Administración de Redes/614G01213 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|