Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Administración de Infraestructuras e Sistemas Informáticos Código 614G01113
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Rey Expósito, Roberto
Correo electrónico
roberto.rey.exposito@udc.es
Profesorado
Rey Expósito, Roberto
Correo electrónico
roberto.rey.exposito@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumnado o coñecemento básico necesario para a administración de sistemas informáticos. Isto inclúe a administración e despregamento de infraestruturas servidor e clúster facendo uso de tecnoloxías de virtualización e almacenamento en rede. A orientación da materia é eminentemente práctica, traballando con tecnoloxías, ferramentas e servizos habituais nestas contornas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Saber e coñecer o funcionamento das técnicas de monitorización e administración de infraestruturas informáticas. A52
A53
B1
B3
C6
C8
Coñecer os fundamentos básicos da administración e xestión de equipos informáticos en rede. A52
A55
B1
B3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Despregamento e administración de infraestrutura
Tecnoloxías de virtualización

Sistemas de almacenamento
Infraestruturas clúster para Big Data e HPC

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A53 A55 B1 B3 C6 21 63 84
Proba mixta A52 A53 A55 B1 B3 3 6 9
Sesión maxistral A52 A53 A55 C6 C8 21 31.5 52.5
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Actividades propostas ao longo do cuadrimestre que permiten ao alumnado aprender e afianzar os coñecementos adquiridos mediante sesións prácticas a realizar nun computador.
Proba mixta Proba única que se fará ao final do cuadrimestre sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais.
Sesión maxistral Exposición oral complementada có uso de medios audiovisuais sobre os temas da materia coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e asimilación dos conceptos discutidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada durante as sesións prácticas servirá para orientar o traballo do alumnado e facer un seguimento do seu avance segundo as indicacións que se lles proporcionen. Os/As estudantes poderán formular cuestións, dúbidas, etc. relacionados coas prácticas e o profesor, atendendo a estas solicitudes, revisará conceptos, resolverá dúbidas ou empregará calquera actividade que considere oportuna para resolver os problemas suscitados.

O equipo docente proporá un horario de titorías no que o alumnado poderá formular calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da materia. Recoméndase ao alumnado o aproveitamento do horario de titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A53 A55 B1 B3 C6 A avaliación das prácticas propostas polo profesorado realizarase de forma continua ao longo do cuadrimestre en función das actividades entregadas debidamente en tempo e forma. Ademais poderán realizarse probas complementarias de avaliación continua sobre os contidos específicos das prácticas nas que o alumnado debe demostrar a asimilación dos conceptos traballados nas sesións prácticas. 50
Proba mixta A52 A53 A55 B1 B3 Ao final do cuadrimestre realizarase un exame individual no período reservado no calendario académico para a avaliación da materia, o cal conterá preguntas relacionadas cós contidos teóricos do temario desenvolvidos durante as sesións maxistrais có obxectivo de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado. 50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

Para superar a materia na primeira oportunidade é necesario obter:

  • Un mínimo do 50% da puntuación máxima asignada ás prácticas.
  • Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada á proba mixta.
  • Unha cualificación global, aplicando os pesos da proba mixta e das prácticas, igual ou superior ao 50%.

No caso de incumprir algunha das condicións necesarias para superar a materia, a cualificación final nas actas será un Suspenso e a nota máxima que se poderá obter é 4,5.

Calquer/a estudante que non entregue ningunha das prácticas nin realice a proba mixta terá cualificación de NON PRESENTADO.

Segunda oportunidade

Só poderán presentarse os/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade.

As condicións necesarias para superar a materia na primeira oportunidade mantéñense na segunda coas seguintes consideracións:

  • A nota das partes que acadasen o mínimo establecido en primeira oportunidade conservaranse na segunda.
  • Será posible recuperar a parte correspondente ás prácticas no caso de non ter obtido o mínimo establecido en primeira oportunidade.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO nesta oportunidade aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes.

Oportunidade adiantada

A avaliación consistirá exclusivamente nunha proba única que computará o 100% da cualificación e que conterá preguntas relacionadas cós contidos teóricos e prácticos da materia.

Repetidores

A nota das prácticas conservarase durante un curso académico no caso de obter un mínimo do 50%.

Observación adicionais

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Edouard Bugnion, Jason Nieh, Dan Tsafrir (2017). Hardware and Software Support for Virtualization. Springer Cham
Somasundaram Gnanasundaram, Alok Shrivastava (2012). Information Storage and Management, 2nd Edition. John Wiley & Sons
Kief Morris (2020). Infrastructure as Code, 2nd Edition. O'Reilly
Ulf Troppens, Rainer Erkens, Wolfgang Müller (2009). Storage Networks Explained, 2nd Edition. John Wiley & Sons
Miguel Darío González Río (2016). Tecnologías de Virtualización. IT Campus Academy

Bibliografía complementaria Luis Joyanes Aguillar (2014). Big Data: Análisis de grandes volúmenes de datos en organizaciones. Marcombo
Jeff Nickoloff, Stephen Kuenzli (2019). Docker in Action, 2nd Edition. Manning Publications
Tom White (2015). Hadoop: The Definitive Guide, 4th Edition. O'Reilly
Marko Luksa (2018). Kubernetes in Action. Manning Publications
Mikael Krief (2019). Learning DevOps. Packt Publishing
Sam Alapati (2016). Modern Linux Administration: How to Become a Cutting-Edge Linux Administrator. O'Reilly
Matthew Portnoy (2023). Virtualization Essentials, 3rd Edition. Sybex


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Administración de Sistemas Operativos/614G01047
Administración de Redes/614G01048
Seguridade nos sistemas Informáticos/614G01079

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas/614G01059

Materias que continúan o temario

Observacións

Perspectiva de xénero

  • Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporase a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, racistas ou xenófobas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero, identidad de género, origen, etc., e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías