O obxectivo da avaliación é
constatar que os alumnos posúen as competencias fundamentais necesarias e
realizarase en dous momentos temporais distintos:
- Unha vez
finalizada as prácticas, tanto de de planificación e seguimento de
proxectos, como de programación lineal e/ou enteira.
- Ao finalizar o curso, mediante un exame escrito individual.
A nota final de cada alumno obterase segundo o indicado a continuación:
- Exame escrito individual: 70%.
- Práctica de planificación e seguimento de proxectos: 20%.
- Práctica de programación lineal e/ou enteira: 10%
Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación global mínima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as seguintes restricións:
- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 na práctica.
- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 no exame escrito individual.
En
caso de que non se cumprise algún mínimo dos dous anteriores, a nota
que figurará para a materia será a da práctica, se esta non estivese
aprobada, ou a do exame en caso de que a práctica si se tivese aprobado.
Aspectos a ter en conta:
- Os grupos de alumnos para realizar as prácticas formaranse baixo as directrices dos profesores.
- Na avaliación da práctica de planificación e seguimento de proxectos valorarase o nivel técnico do traballo e a completitud, claridade e exposición deste.
-
A nota asignada á práctica de planificación e seguimento de proxectos
inicialmente será a que reciban todos os membros do grupo que a
defendan, sen prexuízo de modificación sobre a base da participación
activa individual de cada un.
- Na práctica de programacion lineal e/ou enterea,
valorarase a capacidade de modelar unha situación de conflito nun
proxecto e resolvela, mediante o software recomendado, así como
interpretar de xeito axeitado a devandita solución.
Os alumnos
que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das
competencias fundamentais desta mediante a realización dun novo exame
suxeito ás restricións indicadas anteriormente. Ademais, aqueles alumnos
que non superasen a práctica de planificación e seguimento de proxectos
deberán refacela ata que esta cumpra cos requisitos mínimos esixidos,
sendo entregada para a súa avaliación por parte dos profesores e defensa
con data límite o día do exame da segunda oportunidade.