Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Metodoloxías de Desenvolvemento Código 614G01224
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://guiadocente.udc.es/guia_docent/index.php?centre=614&ensenyament=614G01&assignatura=614G01051&any_academic=2017_18&am
Descrición xeral Esta materia rexerase polo contido e normativa da materia:

614G01051 Metodoloxías de Desenvolvemento Coordinación: Rodríguez Rubio, Miguel

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os diferentes tipos de metodoloxías de desenvolvemento de software e os seus fundamentos. A22
A25
A30
B3
B8
C1
C4
C6
C7
Ser capaz de seleccionar a metodoloxía de desenvolvemento máis adecuada e adaptala ás necesidades do proxecto Software e a organización que o desenvolve. A22
A27
B1
B4
C1
C3
C4
C6
C8
Utilizar ferramentas metodolóxicas para o desenvolvemento en entornos colaborativos. A27
B1
B2
B7
B8
B9
C1
C2
C3
C6
C8
Coñecer metodoloxías e técnicas para a reutilización, evolución e mantemento de proxectos. A22
A30
B1
B2
B3
B8
C1
C3
C6
C7
Adaptar as metodoloxías aos requisitos éticos, sociais e legais. A27
B8
C1
C2
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución * Metodoloxía vs método.
* Metodoloxías de desenvolvemento de software.
* O ciclo de vida do software.

2. Metodoloxías Clásicas * Cascada
* Prototipado
* Espiral
* Incremental
* Desenvolvemento rápido de aplicacións
3. Metodoloxías axiles * O Manifesto Agile
* Principios Agile
* Características das metodoloxías áxiles.



4. Scrum * Fundamentos e características de Scrum
* Roles: Product owner, ScrumMaster, o Equipo
* Xuntanzas: Planificación de Sprint , Revisión do Sprint, Retrospectiva do Sprint, Xuntanza diaria de Scrum
* Artefactos: Product backlog, Sprint backlog, gráficas Burndown
* Prácticas de xestión de proxectos Scrum
* Erros comúns na aplicación de Scrum
5. Programación Extrema (XP) * Fundamentos e características de XP
* Valores e Principios
* Prácticas XP: Prácticas Principais e Corolario
* O equipo de desenvolvemento XP
6. O proceso unificado de desenvolvemento * Fundamentos e características do Proceso Unificado
* A Linguaxe Unificada de Modelado (UML)
* Casos de uso
* Centrado na arquitectura
* O Ciclo de vida e as fases do Proceso Unificado: Inicio, Elaboración, Construción e Transición.
7. Desenvolvemento colaborativo * Desenvolvemento en equipo
* Desenvolvemento en aberto.
* Xestión dunha comunidade de software libre.
* Ferramentas de traballo colaborativo.
8. Evolución e mantemento do software * Mantemento e evolución do software.
* Control de versións.
* Xestión de erros.
9. Aspectos sociais, legais e éticos no desenvolvemento software * O código ético e de práctica profesional na Enxeñaría do Software da ACM/IEEE-CS
* Software libre e Software privativo.
* Licenzamento e propiedade intelectual no Software.
* Interoperabilidade e uso de estándares.
* Seguridade e confianza.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 42 63
Prácticas de laboratorio 14 28 42
Seminario 5 5 10
Proba de ensaio 2 20 22
Proba obxectiva 3 6 9
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas de presentación dos coñecementos teóricos empregando diferentes recursos: pizarra, proxección de material en formato electrónico, apuntes en formato electrónico e os recursos facilitados pola equipa docente da materia na facultade virtual.

O material das sesións estará dispoñible na plataforma de teleformación, polo que os estudantes con dedicación a tempo parcial poderán seguir a materia, ademais estará dispoñible a bibliografía recomendada para cada un dos temas tratados na materia.
Prácticas de laboratorio Prácticas deseñadas pola equipa docente da materia baseadas nos coñecementos que cada estudante vai adquirindo. Estes traballos serán desenvolvidos en grupo. Traballarase no uso de ferramentas de apoio a implantación dunha metodoloxía un proxecto de desenvolvemento Software.

As prácticas de laboratorio serán presenciais na aula. Desenvolverase un proxecto conxunto en equipos de 4-8 persoas con colaboración entre os diferentes grupos da clase.

Para os alumnos que con dedicación a tempo parcial, poderanse realizar adaptacións específicas que permitan a realización das prácticas, se é posible participando a través de Internet cun grupo da clase ou definindo un plan de traballo individual que encaixe coa súa dispoñibildade.
Seminario O longo do curso organizaranse seminarios nos que se comentarán a modo de foro de debate as lecturas cos seus correspondentes ensaios críticos elaborados polos alumnos. Tratarase de chegar a conclusións que relacionen os artigos cos cos obxectivos e temario da materia, para adquirir coñecementos mediante a posta en común do traballo individual realizado polos alumnos do grupo.

A participación nos seminarios poderá ser substituída nos alumnos con dedicación a tempo parcial coa participación no foro da materia comentando cada un das diferentes lecturas.
Proba de ensaio Os alumnos deberán elaborar ensaio que analice de forma crítica varios artigos propostos polo profesor preferiblemente na súa versión orixinal en Inglés sobre os diferentes contidos da materia. Por exemplo: artigo sobre metodoloxías, prácticas, aspéctos éticos e legais, etc...

Os ensaios subiranse a na facultade virtual e se a ferramenta moodle o permite serán compartidos entre os alumnos unha vez rematado o prazo de entrega, de cada un dos mesmos.

Os alumnos a tempo parcial terán a información dispoñible para desenvolver os traballos no moodle e sendo traballos de redacción individuais non precisan adaptación. As consultas poderán trasladalas a través do moodle ou directamente ó profesor a través de correo electrónico ou mediante tutorías.
Proba obxectiva Proba escrita mediante a que se valoran os coñecementos adquiridos polo estudantado. Cada estudante deberá aplicar tanto os seus coñecementos tanto a nivel teórico coma a nivel práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Proba de ensaio
Descrición
* A atención personalizada consistirá na realización de titorías presenciais ou a través do campus virtual para resolver dúbidas sobre os contidos da materia.
* Realizarase o seguimento personalizado das prácticas de laboratorio.
* Así mesmo revisaranse persoalmente cos alumnos os resultados dos ensaios críticos das lecturas.

A atención individualizada será especialmente importante para os alumnos que a causa de ter unha dedicación a tempo parcial non poidan asistir periodicamente a clase.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva Proba escrita realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos.

A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia. É obrigatorio obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 para poder facer media cos outros elementos avaliables. En caso de non chegar á nota mínima implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia
40
Prácticas de laboratorio Avaliación continua das prácticas propostas ao longo do curso
Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:
- Rigor no acadamento dos obxectivos perseguidos na práctica empregando as técnicas propostas na asignatura.
- Asimilación dos conceptos perseguidos pola práctica.
- Orixinalidade nas propostas acometidas durante a realización da práctica.
- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados para esa fin.
- Valoración do traballo en grupo.
40
Proba de ensaio Os alumnos deberán realizar ensaios críticos que analicen de forma crítica un artigo científico ou divulgativo sobre os contidos da materia ou a implementación dunha metodoloxía. Polo menos a metade dos artigos estarán dispoñibles en Inglés para a súa lectura.

Valorarase a calidade do traballo, a expresión, o rigor académico. Valorarase adicionalmente o uso do inglés.
20
 
Observacións avaliación

Aspectos a ter en conta na avaliación da segunda oportunidade de Xullo:

  • A nota de prácticas de laboratorio mantense idéntica á obtida na primeira oportunidade o non poder repetirse a avaliación continua e o traballo en equipos na segunda oportunidade.
  • A nota dos ensaios críticos das lecturas mantense idéntica á obtida na primeira oportunidade, sen embargo existirá a posibilidade de volver a entregar os ensaios críticos das lecturas. Nese caso deberase indicar as diferencias e melloras coa entrega da primeira oportunidade.
  • A nota da proba obxectiva só se mantén no caso de que sexa igual ou superior a cinco na primeira oportunidade. No caso de non superar o cinco na primeira oportunidade será obrigatorio repetir a proba obxectiva.
Considerarase que un alumno preséntase á segunda oportunidade se volve entregar o traballo tutelado ou presentase á proba obxectiva.

Fontes de información
Bibliografía básica Larman, Craig (2004). Agile & Iterative Development. . Addison Wesley
Schwaber, Ken (2004). Agile Project Management with Scrum. Microsoft Press
Fogel, Karl (2010). Creando Software Libre. Edizer, GHANDALF
Jacobson, Ivar ; Booch, Grady; Rumbaugh, James (2000). El proceso unificado de desarrollo de software. Addison Wesley
Beck, Kent ; Andres, Cynthia (2005). Extreme Programming Explained (2nd ed.). Addison Wesley

Bibliografía complementaria Derby, Esther; Larsen Diana (2006). Agile Retrospectives. Making Good Teams Great. Pragmatic Bookshelf
Fox, Armando; Patterson, David (2012). Engineering Long-Lasting Software. Strawberry Canyon LLC
Stallman, Richard M (2010). Free Software, Free Society: Selected Essays of Richard M. Stallman. Free Software Foundation
Raymond, Eric S. (2000). The Cathedral and the Bazaar. O'Reilly
P. Brooks, Erick (1995). The Mythical Man-Month (Capítulo 16- No Silver Bullet). Addison Wesley Logman Inc.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enxeñaría de Requisitos/614G01222
Aseguramento da Calidade/614G01223

Materias que continúan o temario
Proxectos de Desenvolvemento Software/614G01226

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías