Traballos tutelados |
A8 B2 B4 B7 B9 B10 C2 C3 C4 |
Avaliarase a calidade do traballo realizado e a súa defensa. |
40 |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global igual ou superior a 5, e ademais: - Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
- Unha NOTA MÍNIMA de 1,5 (sobre 3) na proba mixta.
De non obter algunha destas notas mínimas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma: - Traballos tutelados: poderán recuperarse os traballos tutelados non entregados ou que non acadaron a nota mínima na primeira oportunidade.
- Prácticas: cada práctica poderá recuperarse realizando unha nova entrega na segunda oportunidade.
- Proba mixta: poderá recuperarse realizando o exame, nas mesmas condicións que na primeira oportunidade
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Na segunda oportunidade mantéñense as mesmas porcentaxes de avaliación e notas mínimas da primeira oportunidade.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.
DISPENSA ACADÉMICA: Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes durante as dúas primeiras semanas de clase para establecer as condicións de entrega e defensa das prácticas.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|